Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Mércores, 3 de febreiro de 2016 Páx. 3924

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 13 de xaneiro de 2016, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Dozón (expediente IN407A 2015/256-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización das instalacións eléctricas que se describen:

Solicitante: Nutrimentos del Campo, S.A.

Domicilio social: A Rocha, s/n, 36518 Dozón.

Denominación: LMTS, CT A Rocha.

Situación: Dozón.

Características técnicas: LMT subterránea a 20 kV con condutor RHZ1 de 900 metros de lonxitude, con orixe no CT Nucamsa e final no CT proxectado. Centro de transformación de 160 kVA, sobre apoio metálico, con relación de transformación 20 kV/400 V, situado na Rocha, Dozón.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial; Edificio Administrativo na avenida Fernández Ladreda, 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 13 de xaneiro de 2016

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra