Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Martes, 2 de febreiro de 2016 Páx. 3838

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

CÉDULA do 18 de novembro de 2015, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se fan públicas as resolucións de procedencia de reintegro das axudas para a promoción do emprego autónomo, reguladas na Orde do 30 de decembro de 2011 (Diario Oficial de Galicia do 20 de xaneiro de 2012), relativa aos expedientes TR341D 2012/1011-2 e 2012/850-2.

Intentada a notificación destas resolucións segundo o disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro), e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no número 5 do referido artigo e o establecido no artigo 61 do mesmo texto legal, notifícaselles aos interesados o contido das resolucións que figuran como anexo, para que poidan ter coñecemento delas.

Así mesmo, fáiselles saber o dereito que os asiste para interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, así como, con anterioridade e con carácter potestativo, poderán interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte ao desta publicación, ante esta xefatura territorial, todo isto de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Lémbraselles tamén o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sitas na rolda da Muralla, nº 70, baixo, en Lugo, e a obter, se é o caso, copia deste, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Lugo, 18 de novembro de 2015

Pilar Fernández López
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Nº de expediente: TR341D 2012/1011-2.

Nome: Laura Duarte Cobas.

DNI/NIF: 34638878M.

Axuda: subvención polo establecemento como traballador/a autónomo/a ou por conta propia.

Último enderezo coñecido: rúa Lamestra, 24, 3º D, 27880 Burela (Lugo).

Feito imputado: non realizar a actividade que fundamenta a concesión da subvención durante un tempo mínimo de tres anos.

Precepto infrinxido: artigo 17, número 1.a), da Orde do 30 de decembro de 2011.

Contido da resolución: acordo da procedencia de reintegro da axuda.

Data da resolución: 19 de outubro de 2015.

Nº de expediente: TR341D 2012/850-2.

Nome: María Martha Bran Mercedes.

DNI/NIF: 34287452H.

Axuda: subvención polo establecemento como traballador/a autónomo/a ou por conta propia.

Último enderezo coñecido: rúa Perpetuo Socorro, 7, 2º esq., 27002 Lugo.

Feito imputado: non realizar a actividade que fundamenta a concesión da subvención durante un tempo mínimo de tres anos.

Precepto infrinxido: artigo 17, número 1.a), da Orde do 30 de decembro de 2011.

Contido da resolución: acordo da procedencia de reintegro da axuda.

Data da resolución: 19 de outubro de 2015.