Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Martes, 2 de febreiro de 2016 Páx. 3833

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 14 de xaneiro de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello da Coruña (expediente IN407A 2015/626-1).

Expediente: IN407A 2015/626-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación: desmantelamento e estudo de xestión de residuos LAT 66 kV Sabón-Eirís entre AP nº 8 PAS e sub. Eirís e LAT 66 kV Carral-Eirís AP nº 92 PAS-sub. Eirís (Parque Ofimático).

Concello: A Coruña.

Características técnicas:

Conexión das liñas existentes LAT 66 kV Carral-Eirís e LAT 66 kV Sabón-Eirís, no apoio existente 301 bis, dando lugar a LAT 66 kV Carral-Sabón.

Desmantelamento de 1.013 metros de liña aérea LAT 66 kV Sabón-Eirís, entre AP nº 8 PAS e subestación Eirís e de 178 metros de liña aérea LAT 66 kV Carral-Eirís, entre AP 92 PAS e subestación Eirís.

Lexislación de aplicación:

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 1 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións na Xefatura Territorial de Economía, Emprego e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, 2ª planta, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución.

A Coruña, 14 de xaneiro de 2016

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña