Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Martes, 2 de febreiro de 2016 Páx. 3827

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 23 de decembro de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Cedeira (expediente IN407A 2015/282-1).

Núm. de expediente: IN407A 2015/282-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S,A.

Denominación: adecuación LMT CDR-811 e CT Porto.

Concello: Cedeira.

Características técnicas:

Liña eléctrica subterránea a 15 kV, cunha lonxitude de 2×0,408 km, con orixe en punto de acceso que se vai instalar en inmediacións da derivación actual da CDR-811 LMTS entre CCTT Pobo (11796) e CT Praza Roxa (expediente 111/05), en condutor 2×RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm2 Al e final na mesma liña, unha vez entre e saída das celas do CTC Porto que se reforma.

Reforma centro de transformación non prefabricado existente, cunha potencia de 100 kVA e unha relación de transformación de 15.000/400-230 V.

Lexislación de aplicación:

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 1 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións na Xefatura Territorial de Economía, Emprego e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2-2ª planta, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución.

A Coruña, 23 de decembro de 2015

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña