Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Martes, 2 de febreiro de 2016 Páx. 3811

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

ANUNCIO do 21 de xaneiro de 2016, da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte, polo que se notifican os acordos de incoación de expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres devoltos polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, non se puido efectuar (expediente DX-00308-I-2015 e dous máis).

A persoa titular do Servizo de Informes e Rercusos da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte acordou a incoación dos expedientes sancionadores número DX-00308-I-2015 e dous máis por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación do acordo de incoación por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo e de conformidade co artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanse os acordos de incoación ditados ás persoas interesadas.

Infórmaselles que os expedientes sancionadores se atopan á súa disposición nas oficinas da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte, situadas na praza de Europa, 5 A, 2º, Santiago de Compostela.

Outorgáselles un prazo de quince días hábiles contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE para alegar o que consideren conveniente, presentando ou propoñendo as probas que consideren oportunas.

No suposto que decida voluntariamente pagar a sanción antes de que transcorran trinta días contados desde o seguinte ao da publicación do presente anuncio no BOE, a súa contía reducirase nun 30 % na forma prevista no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres. A realización do dito pagamento implica a conformidade cos feitos denunciados, a renuncia a formular alegacións por parte da persoa interesada e a terminación do procedemento.

Santiago de Compostela, 21 de xaneiro de 2016

Mercedes López Caneda
Subdirectora xeral de Inspección do Transporte

ANEXO

Expediente

Matrícula

Denunciante

Denunciado

DNI/CIF

Último enderezo coñecido

Infracción denunciada

Data-Hora-Estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto
sancionador

Sanción proposta

DX-00308-I-2015

1130-DDM

Axente de inspección DX/002

Ramón Blanco Porto

76863327H

Berres-Celeirón, 6

36688 A Estrada

(Pontevedra)

O exceso igual ou superior ao 5 % e inferior ao 15 % sobre a MMA total en vehículos con MMA ata 12 toneladas.

28.10.2015; 9.23.34; SC-20; 2

Art. 142.2 LOTT

Art. 143.1.c) LOTT

301 €

DX-00330-I-2015

C-3180-CD

Axente de inspección DX/004

Innovantis Xxi, S.L.

B70352836

Rúa Torrente Ballester, N11

15570 Narón

(A Coruña)

O exceso igual ou superior ao 10 % e inferior ao 20 % sobre a MMA total en vehículos con MMA superior a 12 toneladas. Exceso de peso igual ou superior ao 10 %.

9.7.2015; 10.21.02; N-655; 5,0

Art. 141.2 LOTT

Art. 143.1.f) LOTT

801 €

DX-00333-I-2015

8649-CFC

Axente de inspección DX/002

Muebles Leycor, S.L.

B14530067

Era Alta, 10

14900 Córdoba

(Córdoba)

O exceso igual ou superior ao 5 % e inferior ao 15 % sobre a MMA total en vehículos con MMA ata 12 toneladas. Exceso de peso igual ou superior ao 7 %.

30.9.2015; 9.38.23; AP-9; 137,500

Art. 142.2 LOTT

Art. 143.1.c) LOTT

325 €