En cumprimento do artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do contrato que se relaciona a continuación:
1. Entidade adxudicadora:
a) Organismo: Consellería de Traballo e Benestar.
b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.
c) Número de expediente: 53/2015.
d) Enderezo na internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es.
2. Obxecto do contrato:
a) Tipo de contrato: servizo.
b) Descrición do obxecto: servizo para a realización de actividades de asesoramento, acompañamento de proxectos empresariais cooperativos, dinamización e promoción do cooperativismo e a economía social dentro da Rede Eusumo.
c) CPV: 98390000-3 Outros servizos.
d) Tipo de fondo: orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2015, condicionada a que exista crédito axeitado e suficiente. As actividades obxecto desta contratación están cofinanciadas polo Fondo Social Europeo no marco do programa operativo FSE Galicia 2007-2013, eixe 4: promover a cooperación transnacional e interrexional, tema prioritario 80: fomento de colaboracións, pactos e iniciativas a través de redes de partes interesadas.
e) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia (DOG).
f) Data de publicación do anuncio de licitación: 23 de xullo de 2015.
3. Tramitación e procedemento:
a) Tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada.
b) Procedemento: aberto.
4. Valor estimado: trinta e dous mil douscentos trinta e un euros con corenta céntimos de euro (32.231,40 €).
5. Orzamento máximo autorizado: trinta e dous mil douscentos trinta e un euros con corenta céntimos de euro (32.231,40 €), máis seis mil setecentos sesenta e oito euros con sesenta céntimos de euro (6.768,60 €) en concepto do imposto sobre o valor engadido (en diante, IVE) a un tipo do 21 %, o que fai un total de trinta e nove mil euros (39.000,00 €), con cargo á anualidade 2015.
6. Formalización do contrato:
a) Data de adxudicación: 25 de setembro de 2015.
b) Data de formalización: 29 de setembro de 2015.
c) Contratista: Estrategia y Organización, S.A.
d) Nacionalidade: española.
e) Importe de adxudicación: vinte e tres mil novecentos euros (23.900,00 €), máis cinco mil dezanove euros (5.019,00 €) correspondente ao 21 % do IVE, o que suma un importe total de vinte e oito mil novecentos dezanove euros (28.919,00 €).
Santiago de Compostela, 12 de xaneiro de 2015
Borja Verea Fraiz
Secretario xeral técnico da Consellería de Economía, Emprego e Industria