Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Venres, 29 de xaneiro de 2016 Páx. 3458

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 12 de xaneiro de 2016, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Economía, Emprego e Industria, pola que se fai pública a formalización do contrato de servizo, por lotes, para a impartición de accións formativas para o Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (expediente 14/2015).

En cumprimento do artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización dos contratos que se relacionan a continuación:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Traballo e Benestar.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Número de expediente: 14/2015.

d) Enderezo na internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: servizo.

b) Descrición do obxecto: servizo, por lotes, para a impartición de accións formativas para o Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia.

c) División por lotes:

Lote 1: formación Linux LPI.

Lote 2: formación Cisco.

Lote 3: formación en xestión e dirección de proxectos e/ou servizos IT.

Lote 4: formación VMware.

Lote 5: formación para desenvolvedores/as: solucións de mobilidade e/ou baseadas en JavaScript.

Lote 6: formación Microsoft.

Lote 7: formación Oracle.

Lote 8: formación en desenvolvemento e xestión áxil: Scrum Manager e Scrum Alliance.

Lote 9: formación EMC.

Lote 10: formación Cloudera.

d) CPV: 80500000-9 Servizos de formación.

e) Tipo de fondo: orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para o ano 2015 e o que corresponda para o 2016, condicionado a que exista crédito axeitado e suficiente. As actividades obxecto desta contratación están cofinanciadas polo Fondo Social Europeo e pola Administración do Estado, dentro do programa operativo Adaptabilidade e Emprego 2007ESOUPO001 período de programación 2007-2013.

f) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia (DOG).

g) Data de publicación do anuncio de licitación: 26 de maio de 2015.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado: seiscentos corenta e tres mil oitocentos sesenta euros (643.860,00 €).

5. Orzamento de licitación: seiscentos corenta e tres mil oitocentos sesenta euros (643.860,00 €). Este importe está exento do IVE, de acordo co artigo 20 da Lei 37/1992, do 28 de decembro, do imposto sobre o valor engadido, distribuído nos seguintes lotes:

Lote

Obxecto

Importe

1

Formación Linux LPI

63.840,00 €

2

Formación Cisco

67.200,00 €

3

Formación en xestión e dirección de proxectos e/ou servizos IT

78.000,00 €

4

Formación VMware

30.000,00 €

5

Formación para desenvolvedores/as: solucións de mobilidade e/ou baseadas en JavaScript

120.200,00 €

6

Formación Microsoft

41.000,00 €

7

Formación Oracle

130.560,00 €

8

Formación en desenvolvemento e xestión áxil: Scrum Manager e Scrum Alliance

38.000,00 €

9

Formación EMC

37.260,00 €

10

Formación Cloudera

37.800,00 €

6. Adxudicación e formalización dos contratos.

Lote 1: formación Linux LPI.

a) Data de adxudicación: 11 de agosto de 2015.

b) Data de formalización: 2 de setembro de 2015.

c) Empresa adxudicataria: Projecte Universitat Empresa, S.L.

d) Importe de adxudicación: sesenta mil seiscentos corenta e oito euros (60.648,00 €), exento de IVE, de acordo co artigo 20 da Lei 37/1992, do 28 de decembro, do imposto sobre o valor engadido.

e) Nacionalidade do contratista: española.

Lote 2: formación Cisco.

a) Data de adxudicación: 24 de agosto de 2015.

b) Data de formalización: 18 de setembro de 2015.

c) Empresa adxudicataria: Pen Consultoría y Formación, S.L.

d) Importe de adxudicación: sesenta e seis mil oitenta euros (66.080,00 €), exento de IVE, de acordo co artigo 20 da Lei 37/1992, do 28 de decembro, do imposto sobre o valor engadido.

e) Nacionalidade do contratista: española.

Lote 3: formación en xestión e dirección de proxectos e/ou servizos IT.

a) Data de adxudicación: 11 de agosto de 2015.

b) Data de formalización: 2 de setembro de 2015.

c) Empresa adxudicataria: Tecnofor Ibérica, S.L.

d) Importe de adxudicación: sesenta e oito mil novecentos corenta euros (68.940,00 €), exento de IVE, de acordo co artigo 20 da Lei 37/1992, do 28 de decembro, do imposto sobre o valor engadido.

e) Nacionalidade do contratista: española.

Lote 4: formación VMware.

a) Data de adxudicación: 11 de agosto de 2015.

b) Data de formalización: 2 de setembro de 2015.

c) Empresa adxudicataria: Projecte Universitat Empresa, S.L.

d) Importe de adxudicación: vinte e oito mil cincocentos euros (28.500,00 €), exento de IVE, de acordo co artigo 20 da Lei 37/1992, do 28 de decembro, do imposto sobre o valor engadido.

e) Nacionalidade do contratista: española.

Lote 5: formación para desenvolvedores/as: solucións de mobilidade e/ou baseadas en Javascript.

a) Data de adxudicación: 11 de agosto de 2015.

b) Data de formalización: 2 de setembro de 2015.

c) Empresa adxudicataria: Projecte Universitat Empresa, S.L.

d) Importe de adxudicación: cento doce mil cincocentos sesenta e dous euros con corenta e nove céntimos (112.562,49 €), exento de IVE, de acordo co artigo 20 da Lei 37/1992, do 28 de decembro, do imposto sobre o valor engadido.

e) Nacionalidade do contratista: española.

Lote 6: formación Microsoft.

a) Data de adxudicación: 18 de setembro de 2015.

b) Data de formalización: 14 de outubro de 2015.

c) Empresa adxudicataria: Projecte Universitat Empresa, S.L.

d) Importe de adxudicación: trinta e oito mil novecentos cincuenta euros (38.950,00 €), exento de IVE, de acordo co artigo 20 da Lei 37/1992, do 28 de decembro, do imposto sobre o valor engadido.

e) Nacionalidade do contratista: española.

Lote 7: formación Oracle.

a) Data de adxudicación: 11 de agosto de 2015.

b) Data de formalización: 2 de setembro de 2015.

c) Empresa adxudicataria: Oracle Ibérica, S.R.L.

d) Importe de adxudicación: cento trinta mil cincocentos sete euros con setenta e sete céntimos (130.507,77 €), exento de IVE, de acordo co artigo 20 da Lei 37/1992, do 28 de decembro, do imposto sobre o valor engadido.

e) Nacionalidade do contratista: española.

Lote 8: formación en desenvolvemento e xestión áxil: Scrum Manager e Scrum Alliance.

a) Data de adxudicación: 24 de agosto de 2015.

b) Data de formalización: 18 de setembro de 2015.

c) Empresa adxudicataria: Estratecno, S.L.

d) Importe de adxudicación: trinta e sete mil seiscentos vinte euros (37.620,00 €), exento de IVE, de acordo co artigo 20 da Lei 37/1992, do 28 de decembro, do imposto sobre o valor engadido.

e) Nacionalidade do contratista: española.

Lote 9: formación EMC: lote deserto.

Lote 10: formación Cloudera.

a) Data de adxudicación: 24 de agosto de 2015.

b) Data de formalización: 18 de setembro de 2015.

c) Empresa adxudicataria: Core Networks, S.L.

d) Importe de adxudicación: trinta e cinco mil oitocentos euros (35.800,00 €), exento de IVE, de acordo co artigo 20 da Lei 37/1992, do 28 de decembro, do imposto sobre o valor engadido.

e) Nacionalidade do contratista: española.

Santiago de Compostela, 12 de xaneiro de 2016

Borja Verea Fraiz
Secretario xeral técnico da Consellería de Economía,
Emprego e Industria