Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Venres, 29 de xaneiro de 2016 Páx. 3479

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 12 de novembro de 2015, da Zona Norte, polo que se somete a información pública a solicitude dunha concesión administrativa por parte do Concello de Ares, dentro do dominio público portuario do porto de Ares, con destino a escolas municipais náutico-deportivas.

O Concello de Ares presenta escrito de solicitude dunha concesión administrativa dentro de dominio público portuario do porto de Ares con destino a escolas municipais náutico-deportivas.

O que se fai público, para os efectos previstos no artigo 85 do Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante (BOE núm. 253, do 20 de outubro), para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nas oficinas da Xefatura da Zona Norte, sitas na r/ Nicomedes Pastor Díaz, nº 13, 27001 Lugo, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 12 de novembro de 2015

Antonio López Fernández
Enxeñeiro xefe da Zona Norte de Portos de Galicia