Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Xoves, 28 de xaneiro de 2016 Páx. 3301

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Capela

ANUNCIO do 25 de xaneiro de 2016 de aprobación inicial da modificación puntual número 2 do Plan xeral de ordenación municipal da Capela.

O Pleno do Concello da Capela, na sesión extraordinaria realizada o día 22 de xaneiro de 2016, adoptou o acordo de aprobación inicial da modificación puntual número dous do Plan xeral de ordenación municipal da Capela.

De acordo co establecido no artigo 85.2 en relación co 93.4 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, sométese ao trámite de información pública o mencionado acordo durante o prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da última publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia e nos xornais La Voz de Galicia e Diario de Ferrol, para os efectos de que os interesados examinen o expediente e presenten as alegacións e reclamacións que consideren oportunas.

A Capela, 25 de xaneiro de 2016

Manuel Meizoso López
Alcalde