Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Xoves, 28 de xaneiro de 2016 Páx. 3237

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (948/2015).

DSP despedimento/cesamentos en xeral 948/2015

Procedemento de orixe: sobre despedimento

Demandante: Yolanda Outes Rodríguez

Avogada: María Dolores Rodríguez Amoroso

Eu, María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 948/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Yolanda Outes Rodríguez contra Durangal, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial sobre despedimento, se ditou sentenza, cuxa decisión di:

«Que debo declarar e declaro caducada a acción de despedimento exercida por Yolanda Outes Rodríguez fronte á empresa demandada Durangal, S.L., non comparecida.

Debo condenar e condeno a demandada Durangal, S.L. a aboarlle á demandante en concepto de indemnización a cantidade de 1.114,32 €, por salarios a de 417,27 € así como 105,80 € en concepto de vacacións; as ditas cantidades incrementaranse cos xuros previstos no artigo 576 da Lei de axuizamento civil desde a data da presente resolución.

Ningunha responsabilidade alcanza ao Fondo de Garantía Salarial nesta instancia.

Para que sirva de notificación en legal forma á empresa Durangal, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia».

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 11 de xaneiro de 2016

A secretaria xudicial