O día 30 de decembro de 2015 publicouse no DOG a Orde do 29 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases que regulan as axudas e subvencións para o fomento do emprego e mellora da empregabilidade no ámbito de colaboración coas entidades locais e se procede á súa convocatoria para o exercicio do ano 2016.
Xunto coa citada orde non se fixeron públicos os anexos, polo que cómpre agora a súa publicación.
En consecuencia co anteriormente exposto, no exercicio das facultades que me confire o artigo 4 do Decreto 175/2015, do 3 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía, Emprego e Industria, con relación ao artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia,
ACORDO:
Único. Facer públicos os anexos da Orde do 29 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases que regulan as axudas e subvencións para o fomento do emprego e mellora da empregabilidade no ámbito de colaboración coas entidades locais e se procede á súa convocatoria para o exercicio do ano 2016.
Disposición adicional. Prazo de presentación de solicitudes
O prazo para a presentación das correspondentes solicitudes, previsto no número 4 do artigo 6 da Orde do 29 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases que regulan as axudas e subvencións para o fomento do emprego e mellora da empregabilidade no ámbito de colaboración coas entidades locais e se procede á súa convocatoria para o exercicio do ano 2016, entenderase que remata no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da publicación da presente orde no Diario Oficial de Galicia.
Disposición derradeira. Entrada en vigor
Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 19 de xaneiro de 2016
Francisco José Conde López
Conselleiro de Economía, Emprego e Industria