Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Xoves, 28 de xaneiro de 2016 Páx. 3280

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 12 de xaneiro de 2016 polo que se somete a información pública a modificación do proxecto sectorial do polígono industrial da Pasaxe, Gondomar (Pontevedra).

En cumprimento do disposto no artigo 25 da Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia, e nos artigos 13 e 14 do Decreto 80/2000, do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal, sométese a información pública, para os efectos e durante o prazo que despois se precisa, a seguinte documentación:

– Modificación do proxecto sectorial do polígono industrial da Pasaxe, Gondomar (Pontevedra): sométese a información pública polo prazo dun mes, contado a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para os efectos da Lei 10/1995, do 23 de novembro, e o Decreto 80/2000, do 23 de marzo.

Durante o prazo referido, calquera persoa poderá examinar a dita documentación, en horario de oficina, nas dependencias do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), sitas no polígono das Fontiñas; Área Central, s/n, en Santiago de Compostela, e no Concello de Gondomar, e presentar ante o IGVS as alegacións, documentos e xustificacións que considere pertinentes. Así mesmo, a documentación poderá ser consultada na páxina web do Instituto Galego da Vivenda e Solo (http://igvs.xunta.es).

Santiago de Compostela, 12 de xaneiro de 2016

Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo