Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Xoves, 28 de xaneiro de 2016 Páx. 3191

III. Outras disposicións

Consellería de Sanidade

RESOLUCIÓN do 19 de xaneiro de 2016, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos por esta consellería e polo Servizo Galego de Saúde no terceiro cuadrimestre do ano 2015.

O artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega (DOG nº 136, do 14 de xullo), impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para cumprir esa obriga,

RESOLVO:

Dar publicidade da relación dos convenios de colaboración subscritos pola Consellería de Sanidade e polo Servizo Galego de Saúde nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro do ano 2015, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 19 de xaneiro de 2016

Josefina Monteagudo Romero
Secretaria xeral técnica da Consellería de Sanidade

ANEXO

Descrición

Importe total

Data de sinatura

Convenio marco de colaboración entre a Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia, o Servizo Galego de Saúde e Bansalud, S.L. no ámbito da saúde.

Sen achega económica

9.7.2015

Acordo de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Consellería de Sanidade para o desenvolvemento de programas de drogodependencias.

20.000,00 €

21.7.2015

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer de Ourense (Afaor), para a cesión do uso da piscina e do ximnasio situados no servizo de rehabilitación do Hospital de Piñor-Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras).

Sen achega económica

7.8.2015

Convenio de cooperación entre a Consellería de Sanidade e a Universidade de Santiago de Compostela para realizar determinacións analíticas dos parasitos Cryptosporidium e Giardia en captacións sometidas a estudo do proxecto Life Plus «Rural supplies: Sostenibles Solutions For Very Small Water Supplies» (Life 12/ENV/ES7000557).

49.368,00 €

10.8.2015

Convenio específico de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e Sanofi para o desenvolvemento do proxecto diabeting.

Sen achega económica

27.8.2015

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia, o Servizo Galego de Saúde e Abbvie Spain, S.L.U., para o desenvolvemento e implementación do programa de intervención temperá nos procesos de incapacidade temporal de orixe musculoesquelético.

Sen achega económica

1.9.2015

Acordo de prórroga do convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación Ambilamp, para implantar mecanismos que faciliten a recollida selectiva de residuos de lámpadas no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense.

Sen achega económica

10.9.2015

Acordo de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación Española Contra el Cáncer (AECC) para a posta en marcha de mecanismos que faciliten o estacionamento dos/as pacientes oncolóxicos/as no aparcadoiro do Hospital Público Álvaro Cunqueiro de Vigo.

Sen achega económica

24.9.2015

Acordo de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Fundación María José Jove, para a convocatoria do 1º concurso universitario de curtametraxes relacionadas coa doazón e transplante de médula ósea.

Sen achega económica

25.9.2015

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade e o Clúster de Saúde de Galicia para impulsar o desenvolvemento da internacionalización do Clúster de Saúde de Galicia.

40. 000,00 €

28.9.2015

Convenio específico de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e Astrazeneca Farmacéutica Spain, S.A. para realizar o curso en liña «Hipoglucemia» para pacientes.

Sen achega económica

28.9.2015

Convenio marco de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a entidade Uninvest, S.G.E.C.R., S.A. para o fomento do emprendemento no terreo das empresas de base tecnolóxica do sector sanitario.

Sen achega económica

29.9.2015

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación Galega de Familias de Nenos Prematuros (Agaprem) para ceder o uso dunha sala no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras).

Sen achega económica

1.10.2015

7ª addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e a Fundación Biomédica Galicia Sur.

33.925,00 €

7.10.2015

Convenio para a colaboración na docencia clínica do grao en medicina da Universidade de Santiago de Compostela.

Sen achega económica

9.10.2015

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e o Hospital Povisa, S.A., para o desenvolvemento dos programas de formación complementaria de especialistas en ciencias da Saúde.

15.633,00 €

15.10.2015

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Fundación Amancio Ortega Gaona para a doazón dos importes correspondentes aos custos de dotación e actualización de diverso equipamento e das adaptacións necesarias de espazos.

Sen achega económica

22.10.2015

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e a Universidade de Santiago de Compostela para a realización das prácticas tuteladas dos alumnos/as do grao en Nutrición Humana e Dietética.

Sen achega económica

9.11.2015

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), para a realización de programas de atención e protección da saúde.

3.979.799,92 €

11.12.2015

Segunda addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e a Fundación Pública Escola Galega de Administración Sanitaria (Fegas) para o 2015.

43.391,97 €

12.11.2015

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade e a Fundación Barrié para a cesión de uso do auditorio da fundación na súa sede da Coruña.

Sen achega económica

12.11.2015

Addenda de modificación do convenio específico de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e Almirall, S.A. para a realización do taller de interpretación de retinografías en atención primaria.

Sen achega económica

18.11.2015

Prórroga ao convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde (Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras) e o Concello de Carballeda de Valdeorras sobre utilización da sala de fisioterapia do concello.

Sen achega económica

25.11.2015

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Fundación de Ayuda Tráfico para a axuda a pacientes vítimas de accidentes de tráfico.

Sen achega económica

30.11.2015

Acordo de prórroga e modificación para o ano 2016 do convenio de colaboración polo que se formaliza a encomenda de xestión da Dirección Xeral da Mutualidade Xeral de Funcionarios Civís do Estado á Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia, para a prestación de funcións de asesoramento e informe.

Sen achega económica

14.12.2015

Addenda ao acordo de colaboración entre a Axencia Galega de Innovación e a Consellería de Sanidade para a promoción de actividades de I+D+i no sector biosanitario.

Sen achega económica

16.12.2015

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade e a Fundación Novoa Santos para avaliación de tecnoloxías no marco da Rede española de axencias de avaliación de tecnoloxías e prestacións do Sistema nacional de saúde.

555.000,00 €

17.12.2015

Addenda ao convenio marco de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e o laboratorio Astellas para a promoción da investigación e a formación científica orientadas á mellora da atención ao paciente.

Sen achega económica

28.12.2015

Addenda ao convenio marco de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e Almirall, S.A. para a promoción da investigación e a formación científica orientadas á mellora da atención ao paciente.

Sen achega económica

28.12.2015

Addenda ao convenio marco de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e Astrazeneca para a promoción da investigación e a formación científica orientadas á mellora da atención ao paciente.

Sen achega económica

28.12.2015

Addenda ao convenio marco de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e Lilly, S.A. para a promoción da investigación e a formación científica orientadas á mellora da atención ao paciente.

Sen achega económica

28.12.2015

Addenda ao convenio marco de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e Sanofi para a promoción da investigación e a formación científica orientadas á mellora da atención ao paciente.

Sen achega económica

28.12.2015

10ª addenda ao convenio de colaboración asinado entre o Servizo Galego de Saúde e a Fundación Ramón Domínguez para o desenvolvemento de programas de I+D+i.

38.813,00 €

29.12.2015

3ª addenda ao convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Fundación Profesor Novoa Santos (antes Fundación do Complexo Universitario da Coruña) para o desenvolvemento de programas de I+D+i.

49.962,00 €

29.12.2015

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e Quavitae Servicios Asistenciales, S.A.U., para a organización da prestación farmacéutica na residencia de maiores Concepción Arenal.

Sen achega económica

30.12.2015

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e Quavitae Servicios Asistenciales, S.A.U. para a organización da prestación farmacéutica na residencia de maiores Castro de Ribeiras do Lea.

Sen achega económica

30.12.2015