Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Mércores, 27 de xaneiro de 2016 Páx. 3006

III. Outras disposicións

Consello da Cultura Galega

RESOLUCIÓN do 15 de xaneiro de 2016 pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos polo Consello no terceiro cuadrimestre do ano 2015.

Para os efectos previstos no artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega, acórdase darlle publicidade aos convenios de colaboración subscritos polo Consello da Cultura Galega, no terceiro cuadrimestre do ano 2015, os cales se relacionan no anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 15 de xaneiro de 2016

Ramón Villares Paz
Presidente do Consello da Cultura Galega

ANEXO

Convenio

Achega do Consello da Cultura Galega

Data da sinatura

Protocolo de colaboración para organizar un ciclo de conferencias e mesas redondas e un simposio científico arredor da figura de Xosé Filgueira Valverde.

Sen dotación económica

22.10.2015

Acordo para a dixitalización e posterior difusión dos fondos de Santiago Montero Díaz.

Sen dotación económica

23.11.2015