Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Mércores, 27 de xaneiro de 2016 Páx. 3021

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Vigo

EDICTO (103/2015).

Eu, María Lago Rivero, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Vigo, polo presente, anuncio.

Neste procedemento seguido por instancia de Vitogas España, S.A.U. contra Pontevella DB H1, S.L. ditouse sentenza cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«Sentenza.

Vigo, 22 de xuño de 2015.

Vistos por María Isabel Castro Martínez, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Vigo, os autos de xuízo ordinario sobre reclamación de cantidade co número 103/2015, promovidos por Vitogas España, S.A.U., representada pola procuradora Sra. Vázquez Cueto e asistida do letrado Sr. Fariña Quiroga, contra Pontevella DB H1, S.L., en situación procesual de rebeldía.

Resolvo:

Estimando integramente a demanda promovida por Vitogas España, S.A.U. contra Pontevella DB H1, S.L., debo condenar e condeno a demandada a lle aboar á parte demandante a cantidade de 26.688,44 euros en concepto de principal, máis os xuros legais, e ao pagamento das custas procesuais causadas nesta instancia.

Notifíqueselles ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de apelación, que se deberá interpor neste xulgado no prazo de cinco días desde a súa notificación, para a Audiencia Provincial de Pontevedra.

Conforme a disposición adicional décimo quinta da Lei orgánica do poder xudicial (LOPX), para a admisión do recurso deberase acreditar ter constituído, na conta de depósitos e consignacións deste órgano, un depósito de 50 euros, salvo que o recorrente sexa beneficiario de xustiza gratuíta, o Ministerio Fiscal, o Estado, comunidade autónoma, entidade local ou organismo autónomo dependente.

O depósito deberá constituílo ingresando a citada cantidade no Banesto, na conta deste expediente, indicando no campo “Concepto” a palabra “Recurso” seguida do código “02 Civil-apelación”.

Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír, tras a referida conta, separados por un espazo, a indicación “Recurso” seguida do código “02 Civil-apelación”.

No caso de que deba realizar outros pagamentos na mesma conta, deberá verificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando neste caso, no campo “Observacións”, a data da resolución impugnada co formato DD/MM/AAAA.

Así o acordo, mando e asino».

Estando a dita demandada, Pontevella DB H1, S.L., en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Vigo, 12 de novembro de 2015

A secretaria xudicial