Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Mércores, 27 de xaneiro de 2016 Páx. 3056

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 15 de xaneiro de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica o inicio do expediente PSC-CO-0529/2015-PPM e dez máis.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio o inicio do expediente PSC-CO-0529/2015-PPM e dez máis.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado, polo que o prazo para presentar alegacións se computará desde esa publicación.

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da sede da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sitas na rúa Ramón y Cajal, 2-5º (A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do acordo de inicio e constancia de tal coñecemento.

O procedemento desenvolverase de conformidade co principio de acceso permanente. Para estes efectos, en calquera momento do procedemento a persoa interesada ten dereito a coñecer o seu estado de tramitación e a acceder e obter copias dos documentos contidos nel, ao abeiro do artigo 3.1 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE núm. 189, do 9 de agosto).

Sen prexuízo do anterior, as persoas interesadas dispoñen dun prazo de quince (15) días para achegaren cantas alegacións, documentos ou informacións xulguen pertinentes e, de ser o caso, propoñeren proba concretando os medios de que pretendan valerse, segundo o disposto no artigo 16.1 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto.

De non efectuar alegacións sobre o contido da iniciación do procedemento no prazo previsto no artigo 16.1 citado, a iniciación poderá ser considerada proposta de resolución, cos efectos previstos para esta nos artigos 18 e 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, de conformidade co establecido no artigo 13.2 dese real decreto.

A Coruña, 15 de xaneiro de 2016

Juan Carlos Barreiro González
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: PSC-CO-0529/2015-PPM.

Persoa interesada: Ana Santos Alonso.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: General Sanjurjo, 237, 1º I, A Coruña.

Expediente: PSC-CO-0626/2015-PPM.

Persoa interesada: Emilio Seijas Pérez.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: Mazacañamos, 2, 2º, Noia.

Expediente: PSC-CO-0634/2015-PPM.

Persoa interesada: Victoriano Carlos Posse Martínez.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: Forcarei, 47, 3º D, A Coruña.

Expediente: PSC-CO-0637/2015-PPM.

Persoa interesada: Diego Montero Lago.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: Fernando Blanco, 59, 4º, I, Cee.

Expediente: PSC-CO-0640/2015-PPM.

Persoa interesada: José Manuel López Rodríguez.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: rolda de Outeiro, 284, 8º H, A Coruña.

Expediente: PSC-CO-0649/2015-PPM.

Persoa interesada: Luis Ferreiro Montáns.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: zona portuaria, Corme, Ponteceso.

Expediente: PSC-CO-0658/2015-PPM.

Persoa interesada: Juan Ángel López Santamaría.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: Rafael Alberti, Torre 1, Culleredo.

Expediente: PSC-RI-0668/2015-PRE.

Persoa interesada: Pedro Jorge Pereira.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: Romero Ortiz, 54, 1º, Ribeira.

Expediente: PSC-RI-0684/2015-PPM.

Persoa interesada: Brian Castro Faro.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: Barraña, 154, Boiro.

Expediente: PSC-RI-0687/2015-PPM.

Persoa interesada: Cristian José Lago Torrealba.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: Da Saúde, 2, 2º, Muros.

Expediente: PSC-CO-0694/2015-PPM.

Persoa interesada: Gustavo Ramos Arca.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: Campos de Mirabel, 69, As Galanas, Teo.