Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Mércores, 27 de xaneiro de 2016 Páx. 3071

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 13 de xaneiro de 2016 pola que se fai pública a formalización da contratación do servizo de desenvolvemento dunha aplicación de consulta e difusión do repositorio de recursos turísticos mediante pantalla táctil, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013 (expediente 115/2015).

missing image file

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición do obxecto: desenvolvemento dunha aplicación de consulta e difusión de recursos turísticos de Galicia, deseñada e desenvolvida para o seu emprego con pantallas táctiles de grande, mediano e pequeno formato, utilizando como base un sistema de información xeográfica.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es.

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG.

e) Data de publicación do anuncio de licitación: DOG do 21.9.2015.

3. Tramitación e procedemento.

a) Procedemento: aberto.

b) Tramitación: ordinaria.

4. Valor estimado do contrato: 32.000,00 €.

5. Orzamento base de licitación: 32.000,00 €, máis 6.720,00 € que corresponden ao IVE (21 %), o que supón un total de 38.720,00 €.

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 9.12.2015.

b) Data de formalización do contrato: 16.12.2015.

c) Contratista: Soluciones y Proyectos de Información, S.L.-SIXTEMA.

d) Importe de adxudicación: 32.428,00 € (IVE ao 21 % incluído).

Santiago de Compostela, 13 de xaneiro de 2016

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia