Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Mércores, 27 de xaneiro de 2016 Páx. 3075

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 17 de decembro de 2015, da Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos, pola que se fai pública a formalización do contrato para a concesión de ocupación de dominio público dun local no Hospital Comarcal de Monforte de Lemos e outro no Hospital da Costa (expediente AB-EIL1-15-001).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde. Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos.

b) Dependencia que tramita o expediente: Unidade de Contratación Administrativa de Monforte de Lemos.

c) Número do expediente: AB-EIL1-15-001.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: administrativo especial.

b) Descrición: outorgamento de dúas concesións de ocupación de dominio público, identificado en dous locais sitos: un na entrada principal do Hospital Comarcal de Monforte de Lemos e outro na entrada principal do Hospital da Costa, para a realización das actividades comerciais sinaladas no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lotes (se é o caso): si (dous).

d) CPV (referencia de nomenclatura):

e) Acordo marco (se procede): non.

f) Sistema dinámico de adquisicións (se procede): non.

g) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG, plataforma de contratación pública de Galicia e perfil do contratante.

h) Data de publicación do anuncio de licitación: DOG (7.5.2015) e perfil do contratante e plataforma de contratos de Galicia (7.5.2015).

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: canon.

5. Orzamento base de licitación:

Importe total: canon mínimo anual fixo de: 2.500,00 € para o lote primeiro; 4.000,00 € para o lote segundo.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 11 de agosto de 2015.

b) Data de formalización do contrato: 28 de agosto de 2015.

c) Contratista:

Lote nº 1 Picas Rojas, E.L.N.E. (B27358316).

Lote nº 2 Picas Rojas, E.L.N.E. (B27358316).

d) Importe ou canon de adxudicación:

Importe canon anual: lote primeiro: 3.855,55 €, lote segundo: 7.555,55 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: as sinaladas na resolución de adxudicación do 11 de agosto de 2015.

Lugo, 17 de decembro de 2015

Antonio García Quintáns
Xerente de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos