Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Mércores, 27 de xaneiro de 2016 Páx. 3081

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 8 de xaneiro de 2016, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia a licitación do servizo de soporte, desenvolvemento e despregamento de diferentes portais web, contornos de colaboración e solucións de mobilidade, así como a xestión da presenza na internet (expediente AB-SER1-16-014).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Contratación.

2º. Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 2º andar.

3º. Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

4º. Teléfono: 881 54 27 87.

5º. Telefax: 881 54 27 62.

6º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

7º. Data límite de obtención de documentación e información: antes das 14.00 horas do día 24 de febreiro de 2016.

d) Número de expediente: AB-SER1-16-014.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: servizo de soporte, desenvolvemento e despregamento de diferentes portais web, contornos de colaboración e solucións de mobilidade, así como a xestión da presenza na internet da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non.

d) Prazo de execución/entrega: dous anos desde a data indicada nel.

e) Admisión de prórroga: si.

f) CPV (referencia de nomenclatura): 72200000-7.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria e anticipado de gasto.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación, de ser o caso:

Concepto

Puntuación

– Criterios non valorables de forma automática (sobre B)

50

Plan de evolución dos sistemas

0-20

Proposta de orientación do servizo

0-15

Metodoloxía de traballo

0-10

Plan de execución

0-5

– Criterios valorables de forma automática (sobre C)

50

Oferta económica

0-40

Parámetros de servizo de soporte e mantemento correctivo

0-5

Melloras

0-5

4. Valor estimado do contrato: 1.904.000 euros.

5. Orzamento base de licitación.

Importe neto: 952.000 euros. Importe total: 1.151.920 euros.

6. Garantías exixidas.

Provisional: non. Definitiva: 5 % do importe de licitación, excluído o imposto sobre o valor engadido.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional, de ser o caso: véxase a cláusula 5.3.1.e) e f) do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: antes das 14.00 horas do día 24 de febreiro de 2016.

Se o último día do prazo de presentación de solicitudes coincide en sábado ou día inhábil, na localidade establecida na cláusula 5.2 do prego de cláusulas administrativas particulares, o prazo de presentación prorrogarase ao primeiro día hábil seguinte.

b) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral da Consellería de Sanidade e Servizo Galego de Saúde.

2º. Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

3º. Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

c) Admisión de variantes, se procede: non.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: catro (4) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas.

a) Dirección: Servizo Galego de Saúde. Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

b) Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

c) Data e hora: a apertura do sobre B terá lugar na sala 2-1 do Edificio Administrativo San Lázaro, ás 9.00 horas do décimo primeiro día natural contado desde o día seguinte ao da finalización do prazo de presentación das ofertas. No caso de que o día sinalado coincida en sábado, domingo ou festivo, realizarase o seguinte día hábil.

A apertura do sobre C publicarase no perfil do contratante.

10. Gastos de publicidade: si; serán por conta do/s adxudicatario/s.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 8 de xaneiro de 2016.

12. Outras informacións: cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, Feder Galicia 2014-2020, obxectivo temático 02, prioridade de investimento 2.3, obxectivo específico 2.3.1 e actuación 1.

Santiago de Compostela, 8 de xaneiro de 2016

Lourdes Vilachán Angueira
Directora xeral de Recursos Económicos