Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Martes, 26 de xaneiro de 2016 Páx. 2866

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 11 de xaneiro de 2016, da Dirección Xeral de Ordenación e Produción Forestal, polo que se emprazan os interesados no expediente de subvención para o fomento das frondosas caducifolias 12150027/2009 e sete máis.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de intentada a notificación sen que se puidese practicar, notifícanselles ás persoas interesadas, por medio do presente anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE) e que se sinala no anexo, os acordos de inicio dos procedementos para declarar a perda do dereito ao cobramento das axudas relativas aos expedientes de subvención números 12150027/2009, 12150073/2009, 12320015/2009, 12320045/2009, 12360014/2009, 12360020/2009, 12360094/2009 e 12360097/2009 (Orde do 20 de febreiro de 2009 pola que se establecen as bases e se convocan para o ano 2009 axudas para o fomento das frondosas caducifolias).

Os interesados poderán comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias da Dirección Xeral de Ordenación e Produción Forestal, situada na rúa San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento do contido íntegro do mencionado acordo de inicio e a constancia de tal coñecemento.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, as notificacións entenderanse producidas desde o día seguinte ao da data de finalización deste.

Concédeselles aos interesados un prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ao da notificación do acordo de inicio, para que poidan formular alegacións e presentar a documentación que consideren conveniente aos seus dereitos ante a Consellería do Medio Rural.

O presente anuncio expídese para que conste e lles sirva de notificación aos interesados, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da xa citada Lei 30/1992, do 26 de novembro. Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, aínda que se fai constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Santiago de Compostela, 11 de xaneiro de 2016

Tomás Fernández-Couto Juanas
Director xeral de Ordenación e Produción Forestal

ANEXO

Expediente: procedemento para declarar a perda do dereito ao cobramento da prima de mantemento do ano 2015 no expediente de subvención núm. 12150027/2009.

Interesado: Antonio Manuel Filgueira Ferreiro.

Acto de notificación: acordo de inicio.

Último enderezo coñecido: O Sisto, 21, 15886 Teo (A Coruña).

Expediente: procedemento para declarar a perda do dereito ao cobramento da prima de mantemento do ano 2015 no expediente de subvención núm. 12150073/2009.

Interesado: CMVMC de Asados.

Acto de notificación: acordo de inicio.

Último enderezo coñecido: A Atalaia, s/n, 15984 Rianxo (A Coruña).

Expediente: procedemento para declarar a perda do dereito ao cobramento da prima de mantemento do ano 2015 no expediente de subvención núm. 12320015/2009.

Interesado: CMVMC Parroquias da Fraga, Parada e San Xes de Vilariño.

Acto de notificación: acordo de inicio.

Último enderezo coñecido: Sabariz, s/n, 32857 Lobeira (Ourense).

Expediente: procedemento para declarar a perda do dereito ao cobramento da prima de mantemento do ano 2015 no expediente de subvención núm. 12320045/2009.

Interesado: Manuel Jesús González Gómez.

Acto de notificación: acordo de inicio.

Último enderezo coñecido: avenida 25 de xullo, 108, 3º J, O Carballiño (Ourense).

Expediente: procedemento para declarar a perda do dereito ao cobramento da prima de mantemento do ano 2015 no expediente de subvención núm. 12360014/2009.

Interesado: CMVMC do Covelo.

Acto de notificación: acordo de inicio.

Último enderezo coñecido: O Covelo, 18, Moraña (Pontevedra).

Expediente: procedemento para declarar a perda do dereito ao cobramento da prima de mantemento do ano 2015 no expediente de subvención núm. 12360020/2009.

Interesado: CMVMC de Xunqueiras.

Acto de notificación: acordo de inicio.

Último enderezo coñecido: Xunqueiras, 1, 36844 Pazos de Borbén (Pontevedra).

Expediente: procedemento para declarar a perda do dereito ao cobramento da prima de mantemento do ano 2015 no expediente de subvención núm. 12360094/2009.

Interesado: José Malvar Senra.

Acto de notificación: acordo de inicio.

Último enderezo coñecido: Cuñas, 39, 36820 Ponte Caldelas (Pontevedra).

Expediente: procedemento para declarar a perda do dereito ao cobramento da prima de mantemento do ano 2015 no expediente de subvención núm. 12360097/2009.

Interesado: José Manuel Rey Arca.

Acto de notificación: acordo de inicio.

Último enderezo coñecido: Xermeade, 4, 15886 Teo (A Coruña).