Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Martes, 26 de xaneiro de 2016 Páx. 2795

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 18 de xaneiro de 2016, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se procede á publicación das subvencións concedidas ao abeiro da Resolución do 27 de febreiro de 2015, pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións para promover o autoemprego e a actividade emprendedora na Comunidade Autónoma galega das persoas galegas retornadas, e se procede á súa convocatoria para o ano 2015.

De conformidade co disposto no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 10 da Resolución do 27 de febreiro de 2015, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións para promover o autoemprego e a actividade emprendedora na Comunidade Autónoma galega das persoas galegas retornadas e se procede á súa convocatoria para o ano 2015, procédese á publicación das subvencións concedidas de contía igual ou superior a 3.000 euros.

Finalidade da subvención: as subvencións teñen como finalidade promover o retorno das persoas galegas emigrantes a través do fomento do autoemprego e a actividade emprendedora das persoas galegas retornadas, subvencionando os gastos que leva consigo o seu establecemento como traballadores/as autónomos/as ou por conta propia ou como socios/as traballadores/as de sociedades laborais ou cooperativas de traballo asociado.

Norma reguladora: Resolución do 27 de febreiro de 2015, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións para promover o autoemprego e a actividade emprendedora na Comunidade Autónoma galega das persoas galegas retornadas e se procede á súa convocatoria para o ano 2015 (DOG núm. 45, do 6 de marzo).

Aplicación orzamentaria: 04.30.312C.470.0 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma galega para o ano 2015.

Crédito orzamentario: 100.000 euros.

Persoas beneficiarias da subvención de contía igual ou superior a 3.000 euros e importe da axuda concedida:

Persoas beneficiarias

Importe concedido

Abel Iglesias Villar

3.229,24 €

Antón Xosé García Suárez

3.120,00 €

Engels Ralph Sánchez Fernández

5.000,00 €

Manuel Cornide Seoane

4.000,00 €

Jesús Porral González

4.000,00 €

Leopoldo Penedo Veiga

3.405,64 €

Tatiana Pérez Suárez

6.000,00 €

Gemma María López Núñez

5.236,32 €

Marisol Rey Pereiro

5.000,00 €

Patricia Cruz Vázquez

4.788,36 €

Adrián Fernández Durán

5.000,00 €

Nahir Lourenco Presa

6.000,00 €

Felipe Bermúdez Valiña

4.930,97 €

Eva María Canosa Canosa

3.740,12 €

Katherine Núñez Torres

6.000,00 €

Carolina Docio Molanes

4.071,93 €

Juan Pablo González Dourado

4.000,00 €

Luis Eduardo Salazar Rizo

4.490,00 €

Santiago de Compostela, 18 de xaneiro de 2016

Antonio Rodríguez Miranda
Secretario xeral da Emigración