Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Martes, 26 de xaneiro de 2016 Páx. 2858

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 12 de xaneiro de 2016, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, pola que se fai pública a formalización da contratación do servizo de limpeza do CPI de San Sadurniño, do concello de San Sadurniño (expediente ED-06/2015-DXCRH).

En cumprimento do disposto no artigo 154 do texto refundido da Lei de contratos do sector público; Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos. Subdirección Xeral de Centros. Servizo de Centros.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

d) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG núm. 170, do 7 de setembro de 2015.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición do obxecto: servizo de limpeza integral das instalacións educativas do centro público integrado especificado no encabezamento.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto non suxeito a regulación harmonizada.

4. Orzamento base de licitación: 89.870,04 euros, IVE excluído.

5. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 7 de decembro de 2015.

b) Data de formalización do contrato: 10 de decembro de 2015.

c) Contratista: Alberto López Vázquez (Limpiezas La Unión).

d) Importe de adxudicación: 79.608,00 euros, IVE excluído.

Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa ao obter a maior puntuación, en aplicación dos criterios de adxudicación establecidos no prego de cláusulas administrativas que rexen o procedemento.

Santiago de Compostela, 12 de xaneiro de 2016

Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura,
Educación e Ordenación Universitaria