Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Luns, 25 de xaneiro de 2016 Páx. 2766

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consello de Contas de Galicia

RESOLUCIÓN do 13 de xaneiro de 2016 pola que se anuncia a licitación dun contrato dun servizo de seguro colectivo de accidentes persoais.

A Comisión de Goberno deste Consello de Contas, por Acordo do 21 de decembro de 2015, dispuxo a apertura do procedemento de adxudicación dun contrato privado, co obxecto de subscribir unha póliza de seguro colectivo de accidentes para os cargos e persoal que presta os seus servizos na institución, co detalle que se relaciona a seguir:

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Consello de Contas de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

c) Obtención de documentación e información:

c.1) Dependencia: Secretaría Xeral. Sección de Xestión Económica.

c.2) Domicilio: rúa de Domingo Fontán, nº 7.

c.3) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15702.

c.4) Teléfono: 981 54 22 36.

c.5) Telefax: 981 54 22 10.

c.6) Correo electrónico: secret@ccontasgalicia.es.

c.7) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.consellodecontas.es/gl/menus-consello/consello/perfil-do-contratante

c.8) Data límite de obtención da documentación e información: décimo quinto día natural seguinte ao da publicación do presente anuncio.

d) Número de expediente: 15/84.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: privado de seguro.

b) Descrición: subscrición dunha póliza de seguro colectivo de accidentes para os cargos e persoal que presta os seus servizos na institución.

c) División por lotes: non.

d) Lugar de execución:

d.1) Enderezo: rúa de Domingo Fontán, nº 7.

d.2) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15702.

e) Prazo de execución: 24 meses, contados a partir da súa data de formalización.

f) Admisión de prórroga: si.

g) CPV: 66512100-3.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto, con multiplicidade de criterios.

c) Criterio de adxudicación:

c.1) Prezo (0-10 puntos).

c.2) Melloras (0-15 puntos), distribuídos en:

c.2.1) Capital ou suma asegurada (0-9 puntos).

c.2.2) Ampliación de coberturas (0-5 puntos).

c.2.3) Recoñecemento de sinistros e pagamento de indemnizacións (0-1 punto).

4. Valor estimado do contrato: 87.120 €.

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe total: 39.600 € euros.

6. Garantías exixidas. Definitiva: 5 % do importe de adxudicación.

7. Requisitos específicos do contratista:

1º. Solvencia económica e financeira: declaración sobre o volume global de negocios referida aos exercicios 2012, 2013 e 2014, é necesario que a anualidade media sexa igual ou superior a 174.240 € por exercicio.

2º. Solvencia técnica e profesional: relación dos principais servizos ou traballos realizados no últimos cinco anos que inclúa importe, datas e o seu destinatario, público ou privado, acreditados conforme o establecido no PCAP, por importe total mínimo de 261.360 €.

3º. Outros requisitos específicos: as empresas domiciliadas en España deberán achegar unha certificación acreditativa da súa inscrición no Rexistro administrativo de Entidades Aseguradoras e Reaseguradoras da Dirección Xeral de Seguros e Fondos de Pensións, ou no rexistro administrativo dunha comunidade autónoma que teña competencia nesta materia.

8. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: décimo quinto día natural seguinte ao da publicación do presente anuncio. De coincidir o último día de presentación en sábado, domingo ou festivo, o prazo entenderase prorrogado ata o primeiro día hábil seguinte.

b) Modalidade de presentación: por escrito. No lugar que se indica a continuación ou por correo (art. 80 RXLCAP).

c) Lugar de presentación:

1. Dependencia: Rexistro Xeral do Consello de Contas.

2. Domicilio: rúa de Domingo Fontán, nº 7.

3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15702.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses contados desde a apertura das proposicións.

9. Apertura de ofertas:

a) Descrición:

a.1) Sobre A: en acto non público, cualificación documental. O décimo primeiro día natural seguinte ao de remate do prazo de presentación de proposicións, ou o primeiro día hábil seguinte de coincidir aquel en sábado ou festivo.

a.2) Sobre B: en acto público, proposicións. Ás 10.00 horas do sétimo día natural seguinte ao de apertura dos sobres A, ou primeiro día hábil seguinte, de coincidir aquel en sábado ou festivo.

b) Enderezo: rúa de Domingo Fontán, nº 7.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15702.

10. Gastos de publicidade: por conta do adxudicatario, ata un máximo de 1.600 €.

11. Outras informacións: a composición da mesa de contratación figura detallada na cláusula 7 do prego de particulares dispoñible no perfil de contratante. Salvo substitución dalgún dos seus membros, dáse por realizada a publicación á que se refire o artigo 21.4 do Real decreto 817/2009.

Santiago de Compostela, 13 de xaneiro de 2016

José Antonio Redondo López
Conselleiro maior do Consello de Contas de Galicia