Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Luns, 25 de xaneiro de 2016 Páx. 2781

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Galaria, Empresa Pública de Servizos Sanitarios, S.A.

ANUNCIO do 22 de xaneiro de 2016 polo que se procede a dar publicidade da Resolución do 16 de decembro de 2015 pola que se convoca proceso selectivo para a vinculación temporal dunha praza de facultativo especialista da Área de Radiodiagnóstico.

A Dirección de Galaria, e de conformidade co establecido no artigo 67 do Decreto 206/2005, do 22 de xullo, de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, ao abeiro dos principios recollidos na norma I.2 do Pacto sobre selección de persoal estatutario temporal no ámbito do Servizo Galego de Saúde e entidades públicas adscritas á Consellería de Sanidade e en virtude do establecido na disposición adicional sexta da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia; na Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia, e das atribucións que en materia de selección e contratación de persoal lle son conferidas polos estatutos, resolve proceder ao anuncio da convocatoria para a vinculación temporal dunha/dun facultativo especialista da Área de Radiodiagnóstico.

O prazo de presentación de solicitudes será de quince (15) días hábiles contados desde o día seguinte á data de publicación do anuncio da presente convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

As e os interesadas/os en participar na convocatoria deberán presentar solicitude, segundo o modelo de instancia do anexo I, que está á súa disposición na páxina web: www.sergas.es e no Rexistro de Galaria, sito no Servizo Galego de Saúde, Edificio Administrativo San Lázaro, 3º andar, 15707 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas.

Vigo, 22 de xaneiro de 2016

María Luisa Brandt Sanz
Directora xerente de Galaria, Empresa Pública de Servizos Sanitarios, S.A.