Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Luns, 25 de xaneiro de 2016 Páx. 2784

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar

RESOLUCIÓN do 30 de decembro de 2015 pola que se fai pública a formalización dun contrato cofinanciado nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, eixe 6, tema prioritario 77.

missing image file

Para os efectos do disposto no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, e conforme o establecido nos artigos 8 e 9 do Regulamento (CE) 1828/2006, do 8 de decembro de 2006, da Comisión, e no artigo 1, números 1) e 2) do Regulamento (CE) 846/2009, do 1 de setembro de 2009, da Comisión, a Xerencia do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar acordou publicar a formalización do seguinte contrato, financiado nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, eixe 6, tema prioritario 77.

– Número de expediente: CGSIB/001/15/SU/EI/FEDER.

Tipo de procedemento: procedemento aberto multicriterio.

Denominación do concurso público: subministración de mobiliario e material didáctico para a escola infantil de Oza-Cesuras (3 unidades).

Importe de adxudicación, IVE incluído: 40.559,45 €.

Adxudicataria: Total Ekip, S.L.

Data de formalización do contrato: 14.12.2015.

Vantaxes da oferta do adxudicatario: oferta técnica e ecnómica moi axustadas aos criterios previstos nos pregos.

Para máis información, consúltese a páxina web www.igualdadebenestar.org , epígrafe Perfil do contratante.

Santiago de Compostela, 30 de decembro de 2015

Perfecto Rodríguez Muíños
Xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar