Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Luns, 25 de xaneiro de 2016 Páx. 2763

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 17 de decembro de 2015 pola que se notifica a ampliación do prazo de resolución do expediente de reposición da legalidade urbanística PON/535/2014, devolta polo servizo de Correos por resultar o seu interesado ausente na repartición.

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, o día 13 de novembro de 2015, ditou resolución pola que se amplía o prazo para resolver o procedemento de reposición da legalidade urbanística polas obras consistentes na construción dunha edificación e terraza sobre soleiras destinadas a bar-cafetaría, no lugar de Cuchiño, Campos de San Martiño, no termo municipal do Grove, provincia de Pontevedra.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquela resolución a Alberto González Montenegro, mediante esta cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle ao interesado a devandita ampliación de prazo por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber ao interesado que o texto íntegro da resolución que se notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística sitas no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra o devandito acordo de ampliación de prazo de resolución non cabe recurso, de conformidade co disposto polo artigo 42.6 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e procedemento administrativo común.

Para que conste e lle sirva de notificación ao citado interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 17 de decembro de 2015

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística