Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Luns, 25 de xaneiro de 2016 Páx. 2777

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 5 de xaneiro de 2016, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia a licitación da subministración sucesiva de contrastes radiolóxicos (expediente MI-SER1-16-001).

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Contratación.

2º. Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 2º andar.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15703.

4º. Teléfono: 881 54 27 87.

5º. Fax: 881 54 27 62.

6º. Enderezo da internet do perfil de contratante: www.sergas.es

7º. Data límite de obtención de documentación e información: antes das 14.00 horas do día 22 de febreiro de 2016.

d) Número de expediente: MI-SER1-16-001.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: subministración.

b) Descrición: subministración sucesiva de contrastes radiolóxicos.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: si/8.

d) Prazo de execución/entrega: 24 meses desde a súa formalización.

e) Admisión de prórroga: si.

f) CPV (referencia de nomenclatura): 33696800-3.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria e anticipado de gasto.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación, de ser o caso:

Concepto

Puntos

Criterios valorables de forma automática (sobre B)

Oferta económica

0-50

Criterios técnicos

0-40

Criterios de servizo

0-10

4. Valor estimado do contrato: 13.347.388,80 euros.

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 4.766.924,58 euros. Importe total: 4.957.601,56 euros.

6. Garantías exixidas:

Provisional (importe): non. Definitiva: 5 % do importe da licitación, excluído o IVE.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional, de ser o caso: véxanse números 16 e 17 da folla de especificacións.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: antes das 14.00 horas do día 22 de febreiro de 2016.

Se o último día de presentación de solicitudes coincidise en sábado ou día inhábil na localidade establecida na cláusula 5.2 do prego de cláusulas administrativas particulares, o prazo de presentación prorrogarase ao primeiro día hábil seguinte.

b) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral da Consellería de Sanidade e Servizo Galego de Saúde.

2º. Enderezo: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15703.

c) Admisión de variantes, se procede: non.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: 15 días contados desde a data de apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas:

a) Enderezo: Servizo Galego de Saúde, Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

b) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15703.

c) Data e hora: a apertura do sobre B terá lugar na sala 2-1 do Edificio Administrativo San Lázaro, ás 9.00 horas do décimo primeiro día natural contado desde o día seguinte ao de finalización de presentación das ofertas. No caso de que o día sinalado coincida en sábado, domingo ou festivo, realizarase o seguinte día hábil.

10. Gastos de publicidade: si, véxase número 26 da folla de especificacións.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 5.1.2016.

12. Outras informacións: si, véxase número 27 da folla de especificacións.

Santiago de Compostela, 5 de xaneiro de 2016

Lourdes Vilachán Angueira
Directora xeral de Recursos Económicos