Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Luns, 25 de xaneiro de 2016 Páx. 2622

II. Autoridades e persoal

c) Substitucións

Consellería de Facenda

ORDE do 22 de xaneiro de 2016 pola que se dispón que o director xeral de Política Financeira e Tesouro se encargue do despacho dos asuntos da Dirección Xeral de Proxectos e Fondos Europeos.

O Decreto 4/2016, do 21 de xaneiro, dispón que cese, por petición propia, a directora xeral de Proxectos e Fondos Europeos.

En canto non se proceda o nomeamento do novo titular da dirección xeral, cómpre adoptar as medidas oportunas para asegurar o correcto funcionamento deste órgano de dirección e a resolución dos asuntos que se lle encomenden.

Por todo iso, en virtude das atribucións que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia,

DISPOÑO:

Artigo único. O desenvolvemento das accións e o exercicio das competencias da Dirección Xeral de Proxectos e Fondos Europeos quédanlle encomendadas temporalmente e ata que se produza o nomeamento do seu titular ao director xeral de Política Financeira e Tesouro da Consellería de Facenda.

Disposición derradeira

Esta orde terá efectos o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 22 de xaneiro de 2016

Valeriano Martínez García
Conselleiro de Facenda