Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Luns, 25 de xaneiro de 2016 Páx. 2710

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 11 de xaneiro de 2016, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala de topógrafos/as, convocado pola Orde do 9 de maio de 2014 (Diario Oficial de Galicia número 99, do 26 de maio), pola que se dá publicidade de diversos acordos.

Na sesión que tivo lugar o día 11 de xaneiro de 2016, o tribunal nomeado pola Orde do 7 de abril de 2015 (DOG núm. 68, do 13 de abril), para cualificar o proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala de topógrafos/as, convocado pola Orde do 9 de maio de 2014 (Diario Oficial de Galicia núm. 99, do 26 de maio),

ACORDOU:

Primeiro. Declarar a todos/as os/as aspirantes que superaron o terceiro exercicio exentos da realización do cuarto exercicio por teren presentado a documentación xustificativa sinalada na base II.1.1.4. da convocatoria.

Segundo. De conformidade co disposto na base II.2.4 da orde de convocatoria, os aspirantes que superaron a fase de oposición disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para presentar a documentación relativa á fase de concurso, que deberán dirixir á Consellería de Facenda, Dirección Xeral da Función Pública (Edificio Administrativo San Caetano, Santiago de Compostela) de acordo co procedemento establecido para o efecto pola dita dirección xeral na súa Resolución do 5 de outubro de 2015 (DOG núm. 197, do 15 de outubro).

Terceiro. De conformidade co disposto na base III.13. da orde de convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada ante o/a conselleiro/a de Facenda nos termos previstos nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 11 de xaneiro de 2016

Ramón de la Sota Crespí
Presidente do tribunal