Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Venres, 22 de xaneiro de 2016 Páx. 2478

IV. Oposicións e concursos

Consello Consultivo de Galicia

RESOLUCIÓN do 20 de xaneiro de 2016 pola que se anuncia a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante.

De acordo coa Lei 3/2014, do 24 de abril, do Consello Consultivo de Galicia, e co seu Regulamento de organización e funcionamento, aprobado polo Decreto 91/2015, do 18 de xuño; e de conformidade co establecido nos artigos 92 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e no Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, este consello

DISPÓN:

Primeiro. Anunciar a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de traballo que se detalla no anexo I desta resolución.

Segundo. Poderá concorrer a ela o persoal funcionario que reúna as condicións que para o posto de traballo se sinalan.

Terceiro. As solicitudes para participar nesta convocatoria presentaranse no Rexistro Xeral do Consello Consultivo de Galicia (rúa Algalia de Abaixo, 24, 2º andar, Santiago de Compostela) ou nas oficinas previstas no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de quince (15) días contados a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia, conforme o modelo que se inclúe como anexo II.

Cuarto. Os/as aspirantes deberán achegar coa petición un curriculum vitae e xustificar mediante certificación ou copia compulsada dos documentos acreditativos os méritos que aleguen.

Os méritos alegados e non probados segundo se indica no parágrafo anterior non se terán en conta.

Quinto. No caso de que resulte seleccionado/a para ocupar o posto de traballo que se anuncia no anexo I desta resolución un/unha funcionario/a con destino noutras administracións públicas distintas da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, tramitarase o seu traslado a esta comunidade autónoma conforme o artigo 67 do Real decreto 364/1995, do 10 de marzo, e demais disposicións concordantes.

Sexto. Esta convocatoria será resolta polo Consello Consultivo de Galicia.

Sétimo. A resolución desta convocatoria farase pública no Diario Oficial de Galicia e poderá, de considerarse oportuno, declararse deserta.

Oitavo. O prazo de toma de posesión será dentro dos dez días seguintes ao da publicación do nomeamento no Diario Oficial de Galicia, conforme o establecido no artigo 20 do Regulamento de organización e funcionamento do Consello Consultivo de Galicia, aprobado polo Decreto 91/2015, do 18 de xuño.

Noveno. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, os/as interesados/as poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o Consello Consultivo de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, perante o xulgado do contencioso-administrativo competente, segundo o establecido nos artigos 8 e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 20 de xaneiro de 2016

José Luis Costa Pillado
Presidente do Consello Consultivo de Galicia

ANEXO I

Denominación: secretario/a xeral.

Código do posto: CCG 001.

Nivel: 30.

Complemento específico: 27.170,01 €.

Subgrupo: A1.

Corpo ou escala: (1).

Tipo de adscrición: (2).

Titulación académica: 2062.

Formación específica: 640.

Centro directivo ou dependencia: Consello Consultivo de Galicia.

Localidade: Santiago de Compostela.

(1) e (2) segundo o artigo 22.2 da Lei 3/2014 (DOG núm. 80, do 28 de abril).

2062: licenciado/a ou grao en Dereito.

640: para persoal doutra Administración, curso de perfeccionamento de galego (requisito imprescindible).

missing image file