Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Venres, 22 de xaneiro de 2016 Páx. 2506

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 30 de decembro de 2015 pola que se anuncia a licitación dun contrato de servizos para a campaña de promoción dos produtos procedentes da pesca e da acuicultura no ano 2016 (expediente 7/2016).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería do Mar.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación e Réxime Patrimonial.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizos.

b) Descrición do obxecto: realizar unha campaña de promoción dos produtos procedentes da pesca e da acuicultura no ano 2016.

c) División por lotes e número: si. Lote 1: materiais para punto de venda. Lote 2: creatividades. Lote 3: plan de medios.

d) Prazo de execución: lote 1 e 2: 3 meses. Lote 3: 6 meses.

e) Admisión de prórroga: non.

f) CPV: lote 1: 79824000. Lote 2: 79341000. Lote 3: 79341000.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria, como gasto anticipado, e aberto, suxeito a regulación harmonizada.

Criterios de adxudicación: recollidos na epígrafe N da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Orzamento de licitación.

Importe neto: 669.834,71 €; IVE (21 %): 140.665,29 €. Importe total: 810.500 €.

Valor estimado: 669.834,71 €.

5. Financiamento: cofinanciado pola Unión Europea-Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (eixe/medida 5.3.1) nun 75 %.

6. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se exixe.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: segundo o disposto nas epígrafes J e K da folla de especificacións.

Tamén se poderá acreditar a solvencia coa seguinte clasificación:

– Lote 1: grupo M, subgrupo 4, categoría A ou categoría 1.

– Lote 2: grupo T, subgrupo 1, categoría A ou categoría 1.

– Lote 3: grupo T, subgrupo 1, categoría C ou categoría 3.

7. Garantía exixida: definitiva: para cada un dos lotes 1 e 2 constituirase unha garantía definitiva por contía do 5 % do importe de adxudicación, excluído o IVE. Para o lote 3 constituirase unha garantía definitiva de 28.925,62 € (5 % do importe de licitación excluído o IVE).

8. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar. Servizo de Contratación e Réxime Patrimonial.

b) Domicilio: edificio administrativo, nº 5, 2º andar, Santiago de Compostela.

c) Teléfonos: 981 54 57 44 e 981 54 40 46 (consultas administrativas); 981 54 62 61 e 981 54 62 93 (consultas técnicas).

d) Telefax: 981 54 50 03.

e) Enderezo electrónico: licitacion.mar@xunta.es

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, todos os días laborables, excepto sábados, das 9.00 ás 14.00 horas

Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación a través da internet no enderezo: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=23875

9. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: o 8 de febreiro de 2016.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: o único rexistro válido será a Oficina de Rexistro Único e Información da Xunta de Galicia (Edificio Administrativo de San Caetano s/n, Santiago de Compostela, CP 15781), poderase enviar por correo a este rexistro único dentro do prazo de admisión sinalado. Cando a oferta se envíe por correo certificado dentro do prazo de admisión, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle a súa remisión ao órgano de contratación no mesmo día, mediante telegrama, burofax ou fax (981 54 50 03).

d) Prazo en que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

10. Apertura das ofertas.

a) Enderezo: sala de xuntas da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar.

b) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

c) Datas e horas: a apertura dos sobres B terá lugar, en acto público, ás 12.00 horas do día 17 de febreiro de 2016. A apertura dos sobres C terá lugar, en acto público, no lugar, na data e a hora que se comunicará mediante a súa publicación no perfil de contratante do órgano de contratación.

11. Gastos de publicidade: serán por conta do/s adxudicatario/s.

12. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 30 de decembro de 2015. Data de envío do anuncio previo ao Diario Oficial de la Unión Europea: 17 de novembro de 2015.

Santiago de Compostela, 30 de decembro de 2015

P.D. (Orde do 30.3.2012; DOG núm. 70, do 12 de abril)
Mª Isabel Concheiro Rodríguez-Segade
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar