Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Venres, 22 de xaneiro de 2016 Páx. 2493

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

RESOLUCIÓN do 5 de xaneiro de 2016 pola que se fai pública a formalización do contrato administrativo do servizo para a redacción do proxecto básico e de execución da terminal de autobuses integrada na estación intermodal de Vigo.

En cumprimento do disposto no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Infraestruturas e Vivenda.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Número de expediente: 16/2015 M.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=22293

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: redacción do proxecto básico e de execución da terminal de autobuses integrada na estación intermodal de Vigo.

c) CPV (referencia de nomenclatura): 71311200-3.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto harmonizado.

4. Valor estimado do contrato: 289.012,94 €.

5. Orzamento base de licitación. Importe neto: 289.012,94 €. Importe total: 349.705,66 €.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 1.12.2015.

b) Data de formalización do contrato: 29.12.2015.

c) Adxudicatario: UTE Proyfe, S.L. e TRN Ingeniería y Planificación de Infraestructuras, S.A.

d) Importe de adxudicación. Importe neto: 205.488,20 €. Importe total con IVE: 248.640,72 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: as sinaladas na resolución de adxudicación publicada no perfil do contratante.

Santiago de Compostela, 5 de xaneiro de 2016

P.D. (Orde do 4.12.2015; DOG núm. 236, do 11 de decembro)
Joaquín Macho Canales
Secretario xeral técnico da Consellería de Infraestruturas e Vivenda