Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Venres, 22 de xaneiro de 2016 Páx. 2511

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Innovación

CÉDULA do 30 de novembro de 2015 pola que se notifica o inicio da declaración de perda do dereito ao cobramento do proxecto de desenvolvemento dun sistema integral de rastrexabilidade para a frota de baixura e produtos derivados con base en novas tecnoloxías e desenvolvemento de software específico (código 07MMA042E), correspondente a un expediente devolto polo servizo de Correos.

A Axencia Galega de Innovación, con data do 21 de setembro de 2015, enviou unha notificación á empresa Automatismes Electronics I Control, S.L. (Galicia) co fin de comunicarlle o inicio da declaración de perda de dereito ao cobramento do proxecto desenvolvemeto dun sistema integral de rastrexabilidade para a frota de baixura e produtos derivados con base en novas tenoloxías e desenvolvemento de software especifíco correspondente ao expediente 07MMA042E, de conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro. A dita notificación foi devolta polo servizo de Correos e o funcionario indicou «descoñecido». Ao non ser posible a súa práctica, por medio desta cédula, no Boletín Oficial del Estado e segundo o disposto no número 5 do referido artigo e o establecido no artigo 61 do mesmo texto legal, notifícaselle á entidade beneficiaria o contido do inicio de declaración de perda do dereito ao cobramento que figura como anexo para que poida ter coñecemento del. Con data do 22 de outubro de 2015 enviouse unha segunda comunicación, que foi devolta polo servizo de Correos e especificou o funcionario «descoñecido».

Tendo en conta o anterior e segundo o artigo 84 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, os interesados dispoñen dun prazo de quince (15) días, contados desde o día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, para facer alegacións e presentar os documentos e xustificantes que consideren pertinentes. Lémbraselles tamén o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta axencia, sita na praza de Europa, 10, 3º A, 15707 Santiago de Compostela, e a obter, se é o caso, copia do expediente, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Santiago de Compostela, 30 de novembro de 2015

Manuel Varela Rey
Director da Axencia Galega de Innovación

ANEXO

Expediente: 07MMA042E.

Título: desenvolvemento dun sistema integral de rastrexabilidade para a frota de baixura e produtos derivados con base en novas tecnoloxías e desenvolvemento de software específico.

Nome ou razón social: Automatismes Electronics I Control, S.L. (Galicia).

CIF/NIF: B17055476.

Tipo de axuda: subvencións corespondentes ás tecnoloxías do medio mariño (MMA) e biomedicina e ciencias da saúde (CSA) dos programas sectoriais de investigación aplicada (peme I+D e I+D suma do Plan galego de investigación, desenvolvemento e innovación tecnolóxica (Incite), convocadas pola Orde do 26 de abril de 2007 (Diario Oficial de Galicia do 15 de maio).

Contido do acto: inicio de declaración de perda de dereito ao cobramento 07MMA042E.