Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Venres, 22 de xaneiro de 2016 Páx. 2598

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 7 de xaneiro de 2016, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo interposto por Fernando Portela Pastrana.

No Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Contencioso-Administrativo, Sección Primeira, tramítase o recurso 318/2015 IN (procedemento ordinario), interposto por Fernando Portela Pastrana contra a Resolución do 17 de xuño de 2015, da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso en diversas categorías de persoal estatutario (DOG núm. 121, do 30 de xuño).

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte no citado tribunal no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 7 de xaneiro de 2016

Margarita Prado Vaamonde
Directora xeral de Recursos Humanos