Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Xoves, 21 de xaneiro de 2016 Páx. 2382

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 28 de decembro de 2015, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia no expediente sancionador CON-PO-0276/2015 e dous máis.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícanselles ás persoas relacionadas no anexo os actos que se indican, despois de que fosen devoltos polo servizo de Correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou porque, tentadas dúas veces as notificacións, estas non se puideron efectuar.

Segundo se establece no artigo 61 da citada lei, os interesados dispoñen dun prazo de 10 días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, para examinar estes actos na sede desta xefatura territorial, situada na rúa Fernández Ladreda 43-4ª planta de Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Os actos foron adoptados por quen se indica no anexo.

Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Pontevedra, 28 de decembro de 2015

P.S. (Resolución do 19.11.2015)
Mª Dolores Bazán Arcay
Xefa do Servizo de Calidade e Avaliación Ambiental de Pontevedra

ANEXO

Expediente

Interesado/a

Acto notificado

Acto adoptado

CON-PO-0276/2015

Juan Antonio González Ribeiro

Resolución

Polo xefe territorial

CON-PO-0232/2015

Lara Ortigueira Álvarez

Resolución

Polo xefe territorial

CON-PO-0326/2015

Dulce María Fernández Noche

Incoación

Polo xefe territorial