Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Xoves, 21 de xaneiro de 2016 Páx. 2406

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 14 de decembro de 2015, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia a licitación, pola Consellería de Sanidade, do servizo de elaboración, subministración e montaxe de materiais da carpeta de saúde infantil, contratación documentalmente simplificada (expediente AB-CON1-16-001).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Consellería de Sanidade.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Contratación.

2º. Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 2ª planta.

3º. Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

4º. Teléfono: 881 54 27 87.

5º. Telefax: 881 54 27 62.

6º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

d) Número de expediente: AB-CON1-16-001.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: servizo de elaboración, subministración e montaxe de materiais da carpeta de saúde infantil.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: si/2.

d) Prazo de execución/entrega: 30 días naturais.

e) Admisión de prórroga: non.

f) CPV (referencia de nomenclatura): 22100000-1.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria e anticipado de gasto.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación, de ser o caso:

Lote 1

Concepto

Puntuación

Criterios valorables automaticamente (sobre B)

0-100 puntos

Oferta económica (prezo)

0-80

Prazo de execución

0-20

Lote 2

Concepto

Puntuación

Criterios valorables automaticamente (sobre B)

0-80 puntos

Oferta económica (prezo)

0-80

4. Valor estimado do contrato: 91.200 euros.

5. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 76.000 euros. Importe total: 91.960 euros.

6. Garantías exixidas:

Provisional: non. Definitiva: 5 (%) do importe da adxudicación, excluído o IVE.

7. Requisitos específicos do contratista:

Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional, de ser o caso: véxase a cláusula 6.5.2. d) e e) do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: quince días naturais contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG). Sé o último día de presentación de solicitudes coincide en sábado ou día inhábil, na localidade establecida na cláusula 5.2. do prego de cláusulas administrativas particulares, o prazo de presentación prorrogarase ao primeiro día hábil seguinte.

b) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral da Consellería de Sanidade e Servizo Galego de Saúde.

2º. Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

3º. Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

c) Admisión de variantes, se procede: non.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas:

a) Enderezo: Servizo Galego de Saúde. Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

b) Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

c) Data e hora: a apertura do sobre B terá lugar na sala 2-1 do Edificio Administrativo San Lázaro, ás 9.00 horas do décimo primeiro día natural contado desde o día seguinte ao de finalización do prazo de presentación das ofertas. No caso de que o día sinalado coincida en sábado, domingo ou festivo, realizarase o seguinte día hábil.

10. Gastos de publicidade: si; serán por conta do/dos adxudicatario/s.

11. Outras informacións: véxase o prego de cláusulas administrativas e prescricións técnicas.

Santiago de Compostela, 14 de decembro de 2015

Lourdes Vilachán Angueira
Directora xeral de Recursos Económicos