Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Mércores, 20 de xaneiro de 2016 Páx. 2216

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Nogueira de Ramuín

ANUNCIO de licitación da contratación administrativa para o servizo de embarcadoiro e edificio de recepción de visitantes no encoro de Santo Estevo, por procedemento aberto, atendendo á oferta economicamente máis vantaxosa, con varios criterios de adxudicación (expediente 377/2015).

Por Acordo plenario do 30 de outubro de 2015 iníciase unha nova contratatación administrativa para o servizo denominado embarcadoiro e edificio de recepción de visitantes no encoro de Santo Estevo, por medio deste anuncio realízase a convocatoria do procedemento aberto, atendendo á oferta economicamente máis vantaxosa, con varios criterios de adxudicación, para a explotación do servizo denominado embarcadoiro e edificio de recepción de visitantes no encoro de Santo Estevo, conforme os seguintes datos:

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información.

– Organismo: Concello de Nogueira de Ramuín.

– Dependencia que tramita o expediente: Secretaría-Intervención.

– Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Departamento de Secretaría.

2º. Enderezo: estrada a Nogueira, nº 3, Luíntra.

3º. Localidade e código postal: Nogueira de Ramuín 32160.

4º. Teléfono: 988 20 10 23.

5º. Fax: 988 20 11 20.

6º. Enderezo electrónico: administracion@nogueiraderamuin.com

7º. Enderezo da internet do perfil de contratante: www.nogueiraderamuin.com

8º. Data límite de obtención da documentación e información: os cinco primeiros días naturais desde a publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia (DOG).

– Número de expediente: 377/2015.

2. Obxecto do contrato.

– Tipo: contrato administrativo especial.

1º. Descrición: explotación do servizo de embarcadoiro e edificio de recepción de visitantes no encoro de Santo Estevo.

2º. División por lotes e número de lotes/número de unidades: non.

3º. Lugar de execución/entrega:

4º. Enderezo: encoro de Santo Estevo (parroquia Vilar de Cerreda).

5º. Localidade e código postal: Nogueira de Ramuín 32160.

6º. Prazo de duración: 4 anos.

7º. Admisión de prórroga: non.

8º. Establecemento dun acordo marco (se é o caso): non.

9º. Sistema dinámico de adquisicións (se é o caso): non.

10º. CPV (referencia de nomenclatura):

• 63726500-9 - servizos de amarre de embarcacións.

• 63515000-2 - servizo de viaxes.

3. Tramitación e procedemento.

– Tramitación: ordinaria.

– Procedemento: aberto.

– Poxa electrónica: no.

– Criterios de adxudicación: véxase cláusula XI do prego.

1º. Proxecto de explotación: valorarase de 0 a 10 puntos, a xuízo motivado do comité de expertos.

2º. Canon ofertado: valorarase de 0 a 20 puntos, correspondéndolle a máxima puntuación ao maior canon ofertado.

3º. Tarifas ofertadas: valorarase de 0 a 20 puntos, correspondéndolle a máxima puntuación ao licitador que oferte o menor prezo.

4. Valor estimado do contrato: 192.000,00 euros (IVE excluído).

5. Orzamento base de licitación.

Importe neto: 4.000,00 euros/mes (IVE excluído). Importe total: 4.840,00 euros/mes (IVE incluído).

6. Garantías exixidas.

– Provisional: non se exixe.

– Definitiva (%) 9.600,00 € (correspondente ao 5 % do canon mínimo que percibirá o concello en atención á duración prevista no contrato).

7. Requisitos específicos do contratista.

– Clasificación (grupo, subgrupo, categoría): non se exixe.

– Solvencia económica e financeira, e solvencia técnica e profesional (se é o caso): véxase cláusulas VIII e XIV do prego de cláusulas administrativas particulares.

– Outros requisitos específicos: dispor da habilitación empresarial e/ou profesional necesaria para a execución da prestación que constitúe o obxecto do contrato (artigo 54.1 e 2 do texto refundido da Lei de contratos do sector público).

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación.

– Data límite de presentación: vixésimo día natural desde a publicación no DOG.

– Modalidade de presentación: en papel.

– Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Concello de Nogueira de Ramuín.

2º. Enderezo: estrada a Nogueira, nº 3, Luíntra.

3º. Localidade e código postal: Nogueira de Ramuín 32160.

4º. Enderezo electrónico: administracion@nogueiraderamuin.com

9. Apertura de ofertas.

– Descrición: sala de xuntas do Pazo Provincial da Deputación Provincial de Ourense.

– Enderezo: rúa Progreso, nº 32.

– Localidade e código postal: Ourense 32003.

– Data e hora: o día seguinte hábil (agás sábados) a aquel en que finalice o prazo de presentación de proposicións, ás 12.00 horas.

10. Gastos de publicidade: por conta do adxudicatario cun máximo de 3.000,00 euros.

11. Outras informacións.

Nogueira de Ramuín, 13 de xaneiro de 2016

José César Parente Pérez
Alcalde