Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Mércores, 20 de xaneiro de 2016 Páx. 2144

III. Outras disposicións

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

RESOLUCIÓN do 12 de xaneiro de 2016, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por esta consellería no terceiro cuadrimestre de 2015.

O artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega (Diario Oficial de Galicia núm. 136, do 14 de xuño) impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo único

Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos pola Consellería de Infraestruturas e Vivenda no terceiro cuadrimestre do ano 2015, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 12 de xaneiro de 2016

Joaquín Macho Canales
Secretario xeral técnico de la Consellería de Infraestruturas e Vivenda

ANEXO
Convenios de colaboración subscritos pola Consellería de Infraestruturas
e Vivenda no terceiro cuadrimestre de 2015

Descrición

Data da sinatura

Importe

Contrato-programa entre a Consellería de Infraestruturas e Vivenda e a Empresa Freire, S.L., para a mellora do servizo de transporte ao aeroporto da Lavacolla na área metropolitana de Santiago de Compostela.

11.12.2015

340.000

Addenda ao convenio de colaboración do 10.4.2008, subscrito entre a antiga Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes e a entidade Caixa Galicia, para mellorar o sistema de pagamentos do transporte metropolitano de Galicia.

30.11.2015

86.854

Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia e os concellos de Santiago de Compostela e Teo para a coordinación dos servizos de transporte público con orixe ou destino na urbanización dos Tilos.

14.9.2015

0,00

Contrato-programa entre a Consellería de Infraestruturas e Vivenda e Automóviles Sigrás Carral, S.A., para a prestación dun servizo metropolitano na área de transporte metropolitano da Coruña no concello de Cambre.

20.11.2015

75.662,15

Contrato-programa entre a Consellería de Infraestruturas e Vivenda e Automóviles Sigrás Carral, S.A., para a prestación dun servizo metropolitano na área de transporte metropolitano da Coruña no concello de Culleredo.

20.11.2015

60.641,49

Contrato-programa entre a Consellería de Infraestruturas e Vivenda e as empresas Autos Cal Pita, S.A. e Autocares Eliseo Pita, S.A. para a prestación dun servizo metropolitano na área de transporte metropolitano da Coruña no concello de Oleiros.

30.12.2015

60.581,27

Acordo de prórroga do convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e a Universidade da Coruña para a aplicación de descontos a estudantes da Universidade da Coruña no eido do Plan de transporte metropolitano de Galicia para o exercicio 2016.

18.12.2015

0,00

Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia e a entidade pública empresarial Ferrocarriles de Vía Estrecha (Feve), asinado con data 29.9.2011, polo que se instrumenta a integración desta empresa na área de transporte metropolitano de Ferrol.

18.12.2015

38.133,00