Ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e logo de intentar a notificación ao interesado que se indica a continuación sen que se puidese practicar, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona que resolvo publicar por este medio que se ditou resolución de cancelación da inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia. A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE).
O expediente relacionado atópase á disposición do interesado para que, de ser o caso, poida consultalo na Xefatura Territorial de Ourense, situada na avenida da Habana, nº 79, 2º, 32004 Ourense.
Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso de alzada ante o director xeral de Xustiza no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta notificación. Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este se presente, esta resolución será firme para todos os efectos regulamentarios.
O que se notifica de acordo coa normativa indicada.
Ourense, 10 de decembro de 2015
Manuel Pardo Cid
Xefe territorial de Ourense
ANEXO
Nº de expediente |
Interesado |
NIE |
OU-2014/00102 |
Roberto Martínez Benítez |
Y0188499M |