Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Mércores, 20 de xaneiro de 2016 Páx. 2120

I. Disposicións xerais

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

CORRECCIÓN de erros. Decreto 172/2015, do 29 de outubro, polo que se establece o plan de estudos das ensinanzas artísticas superiores de Deseño na Comunidade Autónoma de Galicia.

Advertido erro no devandito decreto publicado no DOG núm. 223, do 23 de novembro de 2015, cómpre efectuar a seguinte corrección:

Na páxina 44084, no número 1 do artigo 5, onde di: «1. Para o acceso ás ensinanzas oficiais conducentes ao título Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais, requirirase cumprir os requisitos establecidos...», debe dicir: «1. Para o acceso ás ensinanzas oficiais conducentes ao título superior de Deseño, requirirase cumprir os requisitos establecidos...».