Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Mércores, 20 de xaneiro de 2016 Páx. 2207

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 28 de decembro de 2015, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo interposto por María del Carmen López López.

No Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Lugo tramítase o recurso 348/2015-P (procedemento abreviado), interposto por María del Carmen López López fronte á Resolución da directora xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde do 16 de setembro de 2015 pola que se estima o recurso de reposición interposto o 30 de abril de 2015 por Simón Anido Castiñeira e outros fronte á Resolución do 25 de marzo de 2015 (DOG núm. 61, do 31 de marzo) da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, pola que se publica a orde de prelación e puntuación definitiva obtidas polas persoas aspirantes admitidas nas listas para a formalización de nomeamentos estatutarios temporais na categoría sanitaria de técnico de Farmacia.

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer no xulgado como demandadas no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 28 de decembro de 2015

Margarita Prado Vaamonde
Directora xeral de Recursos Humanos