Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Martes, 19 de xaneiro de 2016 Páx. 2070

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Betanzos

EDICTO (99/2013).

Nos autos de divorcio contencioso número 99/2013, seguidos por instancia da procuradora Ana Sexto Quintás, en nome e representación de José Cortizas Fernández, contra María Luz Riveira Díaz, se ditou con data 27.11.2014 sentenza, que contén o encabezamento e a parte dispositiva que literalmente din:

«Sentenza: 120/2014.

Procedemento: divorcio contencioso nº 99/2013.

Sentenza:

En Betanzos, 27 de novembro de 2014.

Vistos por min, María Piñeiro Garabana, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Betanzos, os autos do xuízo de divorcio contencioso 99/2013, en que son partes o demandante José Cortizas Fernández, representado pola procuradora dos tribunais Ana Sexto Quintas e asistido polo letrado José Manuel Pérez Nieves, e a demandada María Luz Riveira Díaz, en situación de rebeldía procesual, ditou a presente resolución a que serven de base os seguintes,

Resolución:

Estimando a demanda interposta por José Cortizas Fernández, representado pola procuradora dos tribunais Ana Sexto Quintas e asistido polo letrado José Manuel Pérez Nieves, contra María Luz Riveira Díaz, en situación de rebeldía procesual, debo declarar e declaro o divorcio do matrimonio celebrado o día 7 de febreiro de 1987 en Carnoedo-Sada, entre José Cortizas Fernández e María Luz Riveira Díaz, cos efectos legais inherentes á presente declaración.

Acórdanse as seguintes medidas:

– A atribución do uso e desfrute do fogar familiar, así como do enxoval doméstico e mobiliario, a José Cortizas Fernández.

– A contribución da demandada ao pagamento da metade da cota hipotecaria que grava a vivenda conxugal e que ascende, na actualidade, a 553,66 euros mensuais.

Non se fai imposición de custas a ningunha das partes.

Notifíquese esta resolución ás partes.

Esta resolución non é firme. Contra ela cabe recurso de apelación que se deberá interpor neste xulgado no prazo de vinte días contado desde o seguinte ao da súa notificación.

Publicación. A anterior sentenza leuna e publicouna a xuíza que a subscribe, en audiencia pública no día da súa data, ante min, a secretaria. Dou fe».

E en cumprimento do acordado, para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, e para que sirva de notificación en forma á demandada rebelde María Luz Riveira Díaz, expídese o presente edicto.

Betanzos, 30 de marzo de 2015

O/A secretario/a xudicial