Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Martes, 19 de xaneiro de 2016 Páx. 2113

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Maquinal, Soc. Coop. Galega en liquidación

ANUNCIO do acordo de liquidación-extinción da cooperativa.

Os liquidadores da cooperativa Maquinal, Soc. Coop. Galega en liquidación, nomeados na asemblea xeral extraordinaria celebrada o 6 de novembro de 2013, en cumprimento do establecido no artigo 94 da Lei 5/1998, de cooperativas de Galicia, adoptaron o acordo da extinción da cooperativa tras a aprobación do balance final de liquidación e o proxecto de distribución do haber social entre todos os socios.

Trabada, 23 de decembro de 2015

José Oliveros Yanes,
Álvaro Yanes Mourelle,
Paz Seivane Gutiérrez
Liquidadores