Advertidos erros na citada resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 248, do mércores 30 de decembro de 2015, procédese a realizar a seguinte corrección:
Na páxina 49913, no punto 6, parágrafo 3, do artigo 5, onde di: «... ás actividades extraescolares ou número de nenas e nenos que se fixeron constar na solicitude.», debe dicir: «... ás actividades extraescolares ou o número de nenas e nenos que se fixeron constar na solicitude.».
Na páxina 49915, no punto 4, parágrafo 2, do artigo 6, onde di: «... aqueles outros gastos que non respondan as categorías e conceptos expresamente recollidos no apartado 3 deste artigo.», debe dicir: «... aqueles outros gastos que non respondan as categorías e conceptos expresamente recollidos nos puntos 1 e 2 deste artigo.».
Na páxina 49918, no punto 4, letra l), do artigo 7, onde di: «... a efectos de ampliar a información requirida no anexo IV e cuxa extensión non poderá exceder de 6 folios.», debe dicir: «... para efectos de ampliar a información requirida no anexo III e cuxa extensión non poderá exceder dos 6 folios.».
Na páxina 49931, no punto 4, parágrafo 2, do artigo 19, onde di: «... segundo o establecido na letra e) do apartado 1 desta artigo 5 desta resolución.», debe dicir: «... segundo o establecido na letra e) do punto 1 do artigo 5 desta resolución.».