Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Luns, 18 de xaneiro de 2016 Páx. 1774

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

CORRECCIÓN de erros. RESOLUCIÓN do 28 de decembro de 2015 pola que se lle dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas para a execución de accións de promoción exterior das empresas galegas (Galicia Exporta Empresas), cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva.

Advertidos erros na referida resolución, publicada no DOG núm. 247, do 29 de decembro de 2015, procede facer as seguintes correccións:

– Na páxina 49446, no primeiro parágrafo do artigo 1, onde di: «Co obxectivo de incentivar a realización de accións de promoción exterior (…)», debe dicir: «1. Co obxectivo de incentivar a realización de accións de promoción exterior (…)».

– Na páxina 49446, no número 1 do artigo 1, onde di: «a) Actuacións de promoción:», debe dicir: «b) Actuacións de promoción:».

– Na páxina 49447, no número 2 do artigo 1, onde di: «2. Só se poderá presentar e aprobar unha solicitude por beneficiario, na que se poderán incluír varias actuacións das mencionadas na letra a) deste artigo. (…)», debe dicir: «2. Só se poderá presentar e aprobar unha solicitude por beneficiario, na cal se poderán incluír varias actuacións das mencionadas nas letras a) a c) deste artigo. (…)».

– Na páxina 49454, no terceiro parágrafo do artigo 6, onde di: «Para as actuacións incluídas nesta convocatoria a subvención máxima será de 72.000 € por solicitude e beneficiario (gasto subvencionable máximo de 96.000 €).», debe dicir: «2. Para as actuacións incluídas nesta convocatoria a subvención máxima será de 72.000 € por solicitude e beneficiario (gasto subvencionable máximo de 96.000 €).».

– Na páxina 49454, na letra c) do número 3 do artigo 6, onde di: «1º. Análise previo referido a todos os mercados obxecto da solicitude de axuda: análise, análise da competencia, proxección de vendas. (…)», debe dicir: «1º. Análise previa referida a todos os mercados obxecto da solicitude de axuda: análise de mercado, análise da competencia, proxección de vendas. (…)».

– Na páxina 49458, no terceiro parágrafo da letra j) do número 4 do artigo 8, onde di: «– Certificado de participación nos programas indicados no artigo 6.3.e).», debe dicir: «– Certificado de participación nos programas indicados no artigo 6.3.d).».