Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Luns, 18 de xaneiro de 2016 Páx. 1899

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 30 de decembro de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, de notificación do procedemento de expropiación forzosa ás persoas interesadas no levantamento das actas previas á ocupación de bens e dereitos afectados polas instalacións eléctricas denominadas LMT, CT e RBT Arcebispo, no concello da Pobra do Caramiñal (expediente 168/2014).

De acordo co artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, notifícaselles ás persoas interesadas descoñecidas, ausentes ou con enderezo ignorado, propietarias ou titulares de dereitos sobre os predios que se sinalan no anexo deste anuncio, a resolución desta xefatura territorial, do 30 de decembro de 2015, pola que se anuncia a convocatoria para o levantamento das actas previas á ocupación de bens e dereitos afectados polas instalacións eléctricas denominadas LMT, CT e RBT Arcebispo, no concello da Pobra do Caramiñal (expediente 168/2014). A empresa Unión Fenosa Distribución, S.A. é a entidade beneficiaria.

O acto de levantamento da acta previa á ocupación, ao cal deberán acudir as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre o predio afectado por si ou representadas por persoa debidamente autorizada, exhibindo o seu DNI/NIF así como a documentación acreditativa da titularidade, terá lugar o día 25 de febreiro de 2016 e realizarase primeiro a toma de datos sobre o terreo sobre as 12.00 horas para, posteriormente, redactarse a acta nas oficinas da casa consistorial do Concello da Pobra do Caramiñal.

Infórmase que, de conformidade co disposto nos artigos 60.2 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, o texto íntegro dos actos e documentos do expediente está á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Coruña (r/ Vicente Ferrer, 2, 2º, 15008 A Coruña).

A Coruña, 30 de decembro de 2015

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente

Predio

Titular

Acto que se notifica

168/2014 (expropiacións)

1

Descoñecido

Convocatoria de levantamento de actas previas á ocupación