Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Luns, 18 de xaneiro de 2016 Páx. 1936

VI. Anuncios

b) Administración local

Sociedade Municipal de Xestión do Transporte Urbano de Santiago, S.A. (TUSSA)

RESOLUCIÓN do 23 de decembro de 2015 pola que se anuncia a licitación, polo procedemento aberto, da contratación do servizo de seguridade da estación de autobuses de Santiago de Compostela.

1. Obxecto do contrato: servizo de vixilancia e control de accesos das instalacións da estación de autobuses.

2. Orzamento máximo de licitación: 114.000 euros (máis o IVE).

3. Procedemento de licitación: licitación pública por procedemento aberto.

4. Duración: dous anos.

5. Presentación de proposicións: os licitadores poderán presentar proposicións nas oficinas de TUSSA (praza de Camilo Díaz Baliño, s/n (estación de autobuses), 15704 Santiago de Compostela (A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, dentro do prazo de quince (15) días naturais contados desde o día seguinte á data de publicación deste anuncio no DOG.

6. Garantía provisional: non se exixe.

7. Garantía definitiva: 5 % do importe de adxudicación.

8. Clasificación: non se exixe.

9. Apertura da proposición económica: a data e o lugar de apertura do sobre núm. 2 anunciarase cunha antelación mínima de tres días naturais ao da súa realización no perfil do contratante: www.tussa.org.

10. Documentación e demais información: nas oficinas de TUSSA. Tfno.: 981 56 82 10. Fax: 981 57 43 24. Na web da sociedade: www.tussa.org.

11. Gastos dos anuncios: o gasto derivado da publicación desta licitación será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 23 de decembro de 2015

José Ramón Mosquera Ferreiro
Director xerente da Sociedade Municipal de Xestión
do Transporte Urbano de Santiago, S.A. (TUSSA)