Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Luns, 18 de xaneiro de 2016 Páx. 1582

I. Disposicións xerais

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

DECRETO 190/2015, do 10 de decembro, polo que se establece o currículo dos ciclos inicial e final de grao medio correspondentes ao título de técnico deportivo en Atletismo.

O Estatuto de autonomía de Galicia, no seu artigo 31, determina que é de competencia plena da Comunidade Autónoma galega a regulación e a administración do ensino en toda a súa extensión, niveis e graos, modalidades e especialidades, no ámbito das súas competencias, sen prexuízo do disposto no artigo 27 da Constitución e nas leis orgánicas que, conforme o punto primeiro do artigo 81 daquela, o desenvolvan, das facultades que atribúe ao Estado o número 30 do punto 1 do artigo 149 da Constitución e da alta inspección precisa para o seu cumprimento e garantía.

A Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, modificada pola Lei orgánica 8/2013, do 9 de decembro, para a mellora da calidade educativa, configura no seu artigo 3 as ensinanzas deportivas como ensinanzas de carácter especial e regula estas nos artigos 63 a 65. Segundo o artigo 63.4 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, o currículo das ensinanzas deportivas axustarase ás exixencias derivadas do Sistema nacional de cualificacións e formación profesional e ao establecido no número 3 do artigo 6.bis da lei orgánica. E, de conformidade co artigo 64.5 o Goberno, logo de consulta ás comunidades autónomas, establecerá as titulacións correspondentes aos estudos de ensinanzas deportivas, os aspectos básicos do currículo de cada unha delas e os requisitos mínimos dos centros en que se poderán impartir as ensinanzas respectivas.

Desenvolvendo as previsións da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, en materia de ensinanzas deportivas aprobouse o Real decreto 1363/2007, do 24 de outubro, polo que se establece a ordenación xeral das ensinanzas deportivas de réxime especial, cuxo artigo 5 define a organización básica das ensinanzas deportivas, tomando como base as modalidades deportivas e, se for o caso, as súas especialidades, de conformidade co recoñecemento outorgado polo Consello Superior de Deportes de acordo co artigo 8.b) da Lei 10/1990, do 15 de outubro, do deporte. E o artigo 16.3 do citado real decreto dispón como as administracións competentes establecerán o currículo das modalidades e, se for o caso, as especialidades deportivas, de acordo co previsto na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, tendo en conta a realidade do sistema deportivo no territorio da súa competencia coa finalidade de que as ensinanzas deportivas respondan ás súas necesidades de cualificación.

Neste sentido, o Goberno da Nación aprobou o Real decreto 669/2013, do 6 de setembro, polo que se establece o título de técnico deportivo en Atletismo e se fixan as súas ensinanzas mínimas e os requisitos de acceso. O capítulo III deste real decreto concretou o perfil profesional do ciclo inicial e final de grao medio en Atletismo, que queda determinado pola súa competencia xeral, as súas competencias profesionais, persoais e sociais, pola relación de cualificacións e, se for o caso, as unidades de competencia do Catálogo nacional de cualificacións profesionais incluídas no título e o ámbito profesional, laboral e deportivo.

Logo de que o Goberno fixase no Real decreto 669/2013, do 6 de setembro, o perfil profesional do ciclo inicial e final de grao medio en Atletismo, as súas ensinanzas mínimas e aqueles outros aspectos da ordenación académica que constitúen os aspectos básicos do currículo, procede determinar, no ámbito de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, a ampliación e contextualización dos contidos dos módulos de ensino deportivo incluídos nos ciclos inicial e final, respectando os seus perfís profesionais.

Por outra banda, os centros de ensinanzas deportivas desenvolverán os currículos establecidos neste decreto co obxecto de adaptar a programación e a metodoloxía do currículo ás características do alumnado e ás posibilidades formativas do seu contorno, empregando, se for o caso, as medidas flexibilizadoras que, no marco da normativa vixente, posibiliten adecuacións particulares do currículo en cada centro de acordo cos recursos dispoñibles, sen que en ningún caso supoña a supresión de obxectivos que afecten o perfil profesional de cada ciclo.

As ensinanzas que regula este decreto configúranse para dotar os alumnos e alumnas dos coñecementos suficientes para permitirlles o exercicio competente das funcións do seu perfil profesional. De acordo con este obxectivo xenérico, ponse o acento en conseguir unha formación completa, cun equilibrio entre o carácter teórico e práctico, de maneira que o proceso de formación se vincule á realidade científico-técnica e social do atletismo.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, no exercicio da facultade outorgada polo artigo 34.5 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, logo do ditame do Consello Escolar de Galicia, de acordo co Consello Consultivo e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día dez de decembro de dous mil quince,

DISPOÑO:

CAPÍTULO I
Obxecto

Artigo 1. Obxecto

Este decreto ten por obxecto establecer o currículo dos ciclos inicial e final de grao medio correspondentes ao título de técnico deportivo en Atletismo, que será de aplicación na Comunidade Autónoma de Galicia.

CAPÍTULO II
Identificación do título e organización das ensinanzas

Artigo 2. Identificación do título de técnico deportivo en Atletismo

O título de técnico deportivo en Atletismo queda identificado polos seguintes elementos:

a) Denominación: atletismo.

b) Nivel: ensinanzas deportivas de grao medio.

c) Duración: 1.005 horas.

d) Referente internacional: CINE-3 (Clasificación internacional normalizada de educación).

Artigo 3. Organización das ensinanzas conducentes ao título de técnico deportivo en Atletismo

As ensinanzas conducentes ao título de técnico deportivo en Atletismo organízanse en dous ciclos:

a) Ciclo inicial de grao medio en Atletismo, cunha duración de 430 horas.

b) Ciclo final de grao medio en Atletismo, cunha duración de 575 horas.

Artigo 4. Especializacións do título de técnico deportivo en Atletismo

O título de técnico deportivo en Atletismo terá como especializacións:

a) Atletismo escolar.

b) Atletismo adaptado.

CAPÍTULO III
Perfil profesional e ámbito profesional, persoal e laboral deportivo dos ciclos

Artigo 5. Perfil profesional dos ciclos de grao medio en Atletismo

O perfil profesional do ciclo inicial e final de grao medio en Atletismo queda determinado pola súa competencia xeral, as súas competencias profesionais, persoais e sociais, pola relación de cualificacións e, se for o caso, unidades de competencia do Catálogo nacional de cualificacións profesionais incluídas no título e o ámbito profesional, laboral e deportivo.

Artigo 6. Competencia xeral do ciclo inicial de grao medio en Atletismo

A competencia xeral do ciclo inicial de grao medio en Atletismo consiste en dinamizar, instruír e concretar a iniciación deportiva en atletismo; organizar, acompañar e tutelar os/as atletas durante a súa participación en actividades, competicións e eventos propios deste nivel; e todo isto conforme as directrices establecidas na programación de referencia, en condicións de seguridade e co nivel óptimo de calidade que permita a satisfacción dos/das atletas na actividade.

Artigo 7. Competencias profesionais, persoais e sociais do ciclo inicial de grao medio en Atletismo

As competencias profesionais, persoais e sociais do ciclo inicial de grao medio en Atletismo son as que se relacionan a seguir:

a) Dominar as técnicas básicas en atletismo con nivel suficiente para o desenvolvemento das tarefas propias da iniciación deportiva.

b) Atender o/a atleta informándoo/a das características da actividade, solicitando información sobre as súas motivacións e intereses e motivándoo/a cara á práctica do atletismo.

c) Valorar as habilidades e destrezas específicas dos/das atletas co obxecto de determinar o seu nivel para propoñer a súa incorporación a un grupo e tomar as medidas de corrección axeitadas.

d) Concretar a sesión de ensino-aprendizaxe para a iniciación ao atletismo de acordo coa programación de referencia, adecuándose ao grupo e ás condicións materiais existentes, tendo en conta a transmisión de valores de práctica saudable e o respecto e coidado do propio corpo.

e) Dirixir a sesión de ensino-aprendizaxe de iniciación en atletismo solucionando as continxencias existentes, para conseguir unha participación e rendemento conforme os obxectivos propostos, e dentro das normas ambientais e as marxes de seguridade requiridas.

f) Controlar a seguridade da actividade no nivel de iniciación en atletismo, supervisando as instalacións e medios utilizados e intervindo nas situacións de risco detectadas.

g) Asistir como primeiro/a interveniente en caso de accidente ou situación de emerxencia.

h) Seleccionar os/as atletas en función do seu nivel e características, comprobando que se adaptan ás exixencias da competición de nivel de iniciación deportiva, respectando os obxectivos propostos e conforme as marxes previstas de seguridade.

i) Acompañar os/as atletas nas competicións e outras actividades do nivel de iniciación para proporcionar unha experiencia motivadora e segura.

j) Dirixir os/as atletas en competicións de nivel de iniciación dentro dos valores éticos vinculados ao xogo limpo e o respecto ás demais persoas reforzando a súa responsabilidade e esforzo persoal.

k) Colaborar e intervir na organización e xestión de competicións e eventos propios da iniciación en atletismo, co obxecto de captar, adherir e fidelizar o/a atleta na práctica do atletismo.

l) Valorar o desenvolvemento da sesión, recollendo e procesando a información necesaria para a elaboración de xuízos que permitan o axuste e mellora permanente do proceso de ensino-aprendizaxe e das actividades propias da iniciación ao atletismo.

m) Transmitir, a través do comportamento ético persoal, valores vinculados ao xogo limpo, o respecto ás demais persoas e o respecto e coidado do propio corpo.

n) Manter o espírito de responsabilidade individual, esforzo persoal e innovación no ámbito do seu labor como persoal técnico deportivo en atletismo.

ñ) Manter a iniciativa e autonomía dentro do traballo en equipo para o desempeño das súas funcións.

Artigo 8. Ámbito profesional, laboral e deportivo do ciclo inicial de grao medio en Atletismo

1. Este/a profesional desenvolve a súa actividade profesional tanto no ámbito público, xa sexa a Administración xeral do Estado, as administracións autonómicas ou locais, como en entidades de carácter privado, xa sexan grandes, medianas ou pequenas empresas, en padroados deportivos, entidades deportivas municipais, federacións e clubs deportivos e sociais, escolas de atletismo, centros de iniciación deportiva, centros educativos, empresas de servizos deportivos, campus de atletismo etc. que ofrezan actividades deportivo-recreativas de descubrimento e iniciación ao atletismo.

2. Sitúase nos sectores do deporte, o lecer e tempo libre e o turismo.

3. As ocupacións e postos de traballo máis relevantes para estes/as profesionais son as seguintes:

a) Monitor/a de atletismo.

b) Auxiliar de competicións de atletismo.

4. O desenvolvemento destas ocupacións e postos de traballo no ámbito público realizarase de acordo cos principios e requisitos de acceso ao emprego público previstos na normativa vixente.

Artigo 9. Competencia xeral do ciclo final de grao medio en Atletismo

A competencia xeral do ciclo final de grao medio en Atletismo consiste en adaptar, dirixir e dinamizar o adestramento básico e o perfeccionamento técnico na etapa de tecnificación deportiva en atletismo; organizar, acompañar e tutelar os/as atletas durante a súa participación en actividades, competicións e eventos propios deste nivel; xestionar os recursos materiais necesarios e coordinar as actividades do persoal técnico ao seu cargo; organizar actividades, competicións e eventos do nivel de iniciación deportiva; todo isto conforme as directrices establecidas na programación de referencia, en condicións de seguridade e co nivel óptimo de calidade que permita a satisfacción dos/das atletas participantes na actividade.

Artigo 10. Competencias profesionais, persoais e sociais propias do sistema deportivo do ciclo final de grao medio en Atletismo

As competencias profesionais, persoais e sociais do ciclo final de grao medio en Atletismo son as que se relacionan a seguir:

a) Valorar e seleccionar o/a atleta en función do seu nivel e as súas características co fin de adaptar a programación de referencia de perfeccionamento técnico en atletismo.

b) Adaptar e concretar a sesión de adestramento básico en atletismo de acordo coa programación de referencia, tendo en conta a transmisión de valores de práctica saudable e o respecto e coidado do propio corpo.

c) Adaptar e concretar os programas específicos de perfeccionamento técnico e táctico para a etapa de tecnificación deportiva en atletismo de acordo coa programación xeral.

d) Deseñar programas de iniciación deportiva acordes cos procesos de tecnificación deportiva en atletismo, tendo en conta a transmisión de valores de práctica saudable e o respecto e coidado do propio corpo.

e) Dirixir a sesión de adestramento básico na etapa de tecnificación deportiva en atletismo solucionando as continxencias existentes, para conseguir a participación e rendemento conforme aos obxectivos propostos e dentro das normas ambientais e as marxes de seguridade requiridas.

f) Controlar a seguridade da práctica no nivel de tecnificación en atletismo, supervisando as instalacións e medios utilizados e intervindo mediante a axuda nas situacións de risco detectadas e asistir como primeiro/a interveniente en caso de accidente ou situación de emerxencia.

g) Acompañar e dirixir os/as atletas en competicións de nivel de tecnificación realizando as orientacións técnico-tácticas e decisións máis axeitadas ao desenvolvemento da competición, co fin de garantir a súa participación nas mellores condicións dentro dos valores éticos vinculados ao xogo limpo, o respecto ás demais persoas e ao propio corpo.

h) Organizar eventos propios da iniciación deportiva, tanto en pista como campo a través ou ruta e colaborar e intervir na xestión de competicións e eventos propios da tecnificación en atletismo, co obxecto de captar, adherir e fidelizar o/a atleta na práctica do atletismo.

i) Coordinar outro persoal técnico encargado da iniciación deportiva revisando a programación, organizando os recursos materiais e humanos, todo isto co fin de dinamizar e favorecer as relacións entre o devandito persoal técnico.

j) Avaliar o proceso de tecnificación deportiva, recollendo a información necesaria para a elaboración de xuízos e axustando programas que permitan a mellora permanente do adestramento básico e perfeccionamento das actividades propias da tecnificación en atletismo.

k) Transmitir a través do comportamento ético persoal valores vinculados ao xogo limpo, o respecto ás demais persoas, e o respecto e coidado do propio corpo.

l) Manter o espírito de responsabilidade individual, esforzo persoal e innovación no ámbito do seu labor como persoal técnico deportivo.

m) Manter a iniciativa e autonomía dentro do traballo en equipo para o desempeño das súas funcións.

n) Adaptar e dirixir a sesión de iniciación en atletismo de acordo coas necesidades dos/das atletas con discapacidade e a programación de referencia, para conseguir a participación conforme os obxectivos propostos, e dentro das normas ambientais e as marxes de seguridade permitidas.

Artigo 11. Ámbito profesional, laboral e deportivo do ciclo final de grao medio en Atletismo

1. Este/a profesional desenvolve a súa actividade profesional tanto no ámbito público, xa sexa a Administración xeral do Estado, as administracións autonómicas ou locais, como en entidades de carácter privado, xa sexan grandes, medianas ou pequenas empresas, en padroados deportivos, entidades deportivas municipais, federacións, centros de tecnificación, clubs deportivos e sociais, centros educativos, empresas de servizos deportivos e campus de atletismo que ofrezan actividades deportivo-recreativas de guía e tecnificación en atletismo.

2. Sitúase nos sectores do deporte, o lecer e tempo libre.

3. As ocupacións e postos de traballo máis relevantes son as seguintes:

a) Adestrador/a.

b) Coordinador/a de escola deportiva en atletismo etc.

4. O desenvolvemento destas ocupacións e postos de traballo no ámbito público realizarase de acordo aos principios e requisitos de acceso ao emprego público previstos na normativa vixente.

CAPÍTULO IV
Estrutura das ensinanzas de cada un dos ciclos de ensino deportivo conducentes ao título de técnico deportivo en Atletismo

Artigo 12. Estrutura dos ciclos inicial e final de grao medio en Atletismo

1. Os ciclos inicial e final de grao medio en Atletismo estrutúranse en módulos, agrupados en bloque común e bloque específico.

2. Os módulos de ensino deportivo do ciclo inicial de grao medio en Atletismo son os que a continuación se relacionan:

a) Módulos do bloque común:

MED-C101. Bases do comportamento deportivo.

MED-C102. Primeiros auxilios.

MED-C103. Actividade física adaptada e discapacidade.

MED-C104. Organización deportiva.

b) Módulos do bloque específico:

MED-ATAT102. Metodoloxía do ensino do atletismo.

MED-ATAT103. Organización de actividades de iniciación en atletismo.

MED-ATAT104. Formación práctica.

3. Os módulos de ensino deportivo do ciclo final de grao medio en Atletismo son os que a continuación se relacionan:

a) Módulos do bloque común:

MED-C201. Bases da aprendizaxe deportiva.

MED-C202. Bases do adestramento deportivo.

MED-C203. Deporte adaptado e discapacidade.

MED-C204. Organización e lexislación deportiva.

MED-C205. Xénero e deporte.

b) Módulos do bloque específico:

MED-ATAT201. Perfeccionamento técnico en carreiras e marcha.

MED-ATAT202. Perfeccionamento técnico en saltos.

MED-ATAT203. Perfeccionamento técnico en lanzamentos e probas combinadas.

MED-ATAT204. Regulamento.

MED-ATAT205. Adestramento condicional en atletismo.

MED-ATAT206. Organización do atletismo.

MED-ATAT207. Atletismo adaptado.

MED-ATAT208. Formación práctica.

4. A distribución horaria dos ciclos inicial e final de grao medio en Atletismo establécese no anexo I.

5. Os obxectivos xerais e os módulos de ensino deportivo dos ciclos inicial e final de grao medio en Atletismo quedan desenvolvidos nos anexos II e III.

Artigo 13. Ratio profesorado/alumnado

1. Para impartir os módulos do bloque común e os contidos relacionados cos resultados de aprendizaxe de carácter conceptual dos módulos do bloque específico, dos ciclos inicial e final de grao medio en Atletismo, a relación profesorado/alumnado será de 1/30.

2. Para impartir os contidos relacionados cos resultados de aprendizaxe de carácter procedemental dos módulos do bloque específico dos ciclos inicial e final de grao medio en Atletismo, a relación profesorado/alumnado será a recollida no anexo IV.

Artigo 14. Módulo de formación práctica

Para iniciar os módulos de formación práctica dos ciclos inicial e final de grao medio en Atletismo, será necesario superar con anterioridade os módulos comúns e específicos de ensino deportivo que se establecen no anexo V.

Artigo 15. Espazos e equipamentos deportivos

Os espazos e equipamentos mínimos necesarios para o desenvolvemento das ensinanzas dos ciclos de grao medio en Atletismo son os establecidos nos anexos VI-A e VI-B.

CAPÍTULO V
Acceso a cada un dos ciclos

Artigo 16. Requisitos xerais de acceso aos ciclos inicial e final de grao medio en Atletismo

1. Para acceder ao ciclo inicial de grao medio en Atletismo será necesario ter o título de graduado en Educación Secundaria Obrigatoria na opción de ensinanzas aplicadas ou na de ensinanzas académicas, ou equivalente para os efectos de acceso.

2. Para acceder ao ciclo final de grao medio en Atletismo será necesario acreditar ter superado o ciclo inicial de grao medio en Atletismo.

Artigo 17. Requisitos de acceso ao ciclo inicial de grao medio en Atletismo para persoas sen o título de graduado en Educación Secundaria Obrigatoria

Poderase acceder ás ensinanzas do ciclo inicial de grao medio en Atletismo sen o título de graduado en Educación Secundaria Obrigatoria, sempre que o/a aspirante reúna os outros requisitos de carácter específico que se establecen no Real decreto 669/2013, do 6 de setembro, cumpra as condicións de idade e supere a proba establecida no artigo 31.1.a) do Real decreto 1363/2007, do 24 de outubro, polo que se establece a ordenación xeral das ensinanzas deportivas de réxime especial.

Artigo 18. Requisitos de acceso específicos ao ciclo inicial de grao medio en Atletismo

1. Para acceder ao ciclo inicial de grao medio en Atletismo será necesario superar a proba de carácter específico que se establece no anexo VII.

2. A proba de carácter específico do ciclo inicial de grao medio en Atletismo acredita a competencia profesional de «dominar as técnicas básicas en atletismo con nivel suficiente para o desenvolvemento das tarefas propias da iniciación deportiva», recollida no artigo 7, e que no título se lle asigna unha carga horaria de formación de 120 horas sobre a duración total do ciclo inicial de grao medio en Atletismo.

3. Para a superación da proba de carácter específico será necesaria a avaliación positiva na totalidade dos criterios de avaliación descritos nesta.

Artigo 19. Efectos e vixencia da proba de acceso de carácter específico

1. A superación da proba de carácter específico, que se establece para o acceso ao ciclo inicial de grao medio en Atletismo, terá efectos en todo o territorio nacional.

2. A superación da proba de carácter específico, que se establece no anexo VII, terá unha vixencia de 18 meses, contados a partir da data da súa finalización.

Artigo 20. Exención da superación da proba de carácter específico aos/ás deportistas de alto nivel ou/e alto rendemento

Estarán exentos/as de superar a proba de carácter específico que se establece para ter acceso ao ciclo inicial de grao medio en Atletismo aqueles/as deportistas que acrediten:

a) A condición de deportista de alto nivel nas condicións que establece o Real decreto 971/2007, do 13 de xullo, sobre deportistas de alto nivel e alto rendemento para a modalidade deportiva de atletismo.

b) A cualificación de deportista de alto rendemento ou equivalente na modalidade de atletismo, establecida polas comunidades autónomas de acordo coa súa normativa.

c) Estar clasificado/a entre os oito primeiros/as, polo menos unha vez nos últimos dous anos, en calquera especialidade ou proba da categoría absoluta do campionato de España. Esta condición deberá ser acreditada pola Real Federación Española de Atletismo.

Artigo 21. Requisitos de acceso de persoas que acrediten discapacidades

As persoas con discapacidade poderán acceder ás ensinanzas destes ciclos conforme a disposición adicional terceira do Real decreto 1363/2007, do 24 de outubro, e é obriga da consellería con competencias en materia de educación levar a cabo os axustes razoables para que este acceso non comporte restricións inxustificadas contrarias ao principio de igualdade de oportunidades.

Artigo 22. Composición e perfil do tribunal da proba de carácter específico

1. O tribunal avaliador da proba de carácter específico será nomeado pola dirección xeral competente en materia de educación e deberá estar formado por un mínimo de tres avaliadores/as.

2. Os/as avaliadores/as das probas de carácter específico deberán acreditar, polo menos, a titulación de técnico deportivo superior en Atletismo.

3. No tribunal avaliador procurarase unha presenza equilibrada de homes e mulleres.

Artigo 23. Funcións do tribunal avaliador da proba de carácter específico

1. O tribunal da proba de carácter específico terá as seguintes funcións:

a) A organización da proba de carácter específico de conformidade ao especificado no anexo VII.

b) Garantir o correcto desenvolvemento das probas de carácter específico, comprobando que os obxectivos, os contidos e a avaliación dos exercicios que compoñen as probas se ateñen ao establecido na descrición destas.

c) Os/as avaliadores/as realizarán a valoración das actuacións dos/das aspirantes de conformidade co establecido nos criterios de avaliación dos resultados de aprendizaxe da proba de carácter específico.

d) A avaliación final dos/das aspirantes.

e) Calquera outra que sexa inherente ao desenvolvemento dos seus cometidos.

2. O tribunal, como órgano colexiado, rexerase polo establecido no título II, capítulo II da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, aplicable nos seus aspectos básicos, así como polo establecido na sección III, do capítulo I do título I da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

3. No caso de que algún/algunha dos/das aspirantes acredite algún tipo de discapacidade, o tribunal actuará de acordo co disposto na disposición adicional terceira do Real decreto 1363/2007, do 24 de outubro.

CAPÍTULO VI
Profesorado

Artigo 24. Requisitos de titulación do profesorado en centros públicos

Os requisitos de titulación do profesorado en centros públicos determinaranse en función do bloque de ensinanza deportiva en que impartirá a docencia:

1. A docencia en centros públicos dos módulos do bloque común que constitúen as ensinanzas deportivas dos ciclos inicial e final de grao medio en Atletismo corresponde ao profesorado das especialidades dos corpos de funcionarios/as docentes, segundo o establecido no anexo VIII.

2. A docencia en centros públicos dos módulos do bloque específico que constitúen as ensinanzas deportivas dos ciclos inicial e final de grao medio en Atletismo está especificada no anexo IX-A, e corresponde a:

a) Profesores/as da especialidade de educación física dos corpos de catedráticos/as e de profesores/as de ensino secundario, que posúan o título de técnico deportivo superior en Atletismo.

b) Profesores/as especialistas que posúan o título de técnico deportivo superior en Atletismo, ou aqueles/as non titulados/as que acrediten a experiencia no ámbito laboral e deportivo, ou a experiencia docente, detallada no anexo IX-B.

3. A consellería competente en materia de educación poderá autorizar a docencia dos módulos do bloque específico atribuídos ao/á profesor/a especialista, aos/ás integrantes dos corpos de catedráticos/as e profesores/as de ensino secundario coa especialidade de educación física, cando carezan do título de técnico deportivo superior en Atletismo, sempre que posúan a formación deseñada para o efecto ou recoñecida pola devandita consellería, ou a experiencia laboral ou deportiva ou a experiencia docente, detallada no anexo IX-B.

Artigo 25. Requisitos de titulación do profesorado en centros de titularidade privada ou de titularidade pública de administracións distintas á consellería con competencias en materia de educación

As titulacións requiridas para a impartición dos módulos tanto do bloque común como do bloque específico que forman os ciclos inicial e final de grao medio en Atletismo, para o profesorado dos centros de titularidade privada ou de titularidade pública de administracións distintas á consellería con competencias en materia de educación, concrétanse no anexo X.

CAPÍTULO VII
Vinculación a outros estudos

Artigo 26. Acceso a outros estudos

O título de técnico deportivo en Atletismo permitirá o acceso directo a todas as modalidades de bacharelato.

Artigo 27. Validación das ensinanzas conducentes á obtención do título de técnico deportivo en Atletismo

1. En materia de validacións aplicarase o disposto no artigo 28.1 do Real decreto 669/2013, do 6 de setembro.

2. As validacións de módulos de ensino deportivo dos títulos establecidos ao abeiro da Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, cos módulos de ensino deportivo do bloque específico do título de técnico deportivo en Atletismo establécense no anexo XI.

3. Serán obxecto de validación os módulos comúns e específicos de ensino deportivo coa mesma denominación e código.

4. A superación da totalidade dos módulos do bloque común do 1º ou 2º nivel, en calquera das modalidades ou especialidades deportivas dos títulos establecidos ao abeiro da Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, validarase pola totalidade dos módulos do bloque común do correspondente ciclo inicial ou final de ensino deportivo en Atletismo. A superación da totalidade dos módulos do bloque común dos ciclos inicial ou final do título de técnico deportivo en Atletismo, validarase pola totalidade dos módulos do bloque común, do correspondente nivel, dos títulos establecidos ao abeiro da Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo.

Artigo 28. Exención do módulo de formación práctica

Poderá ser obxecto de exención total ou parcial o módulo de formación práctica dos ciclos inicial e final de grao medio en Atletismo, en función da súa correspondencia coa experiencia no ámbito deportivo ou laboral, detallada no anexo XII.

Disposición adicional primeira. Oferta a distancia dos módulos de ensino deportivo do título de técnico deportivo en Atletismo

Os módulos de ensino deportivo que se establecen no anexo XIII, poderán ofertarse a distancia, sempre que se garanta que o/a alumno/a pode conseguir os resultados de aprendizaxe destes, de acordo co disposto no decreto. Para iso, a consellería competente en materia de educación, no ámbito das súas competencias, adoptará as medidas que considere necesarias e ditará as instrucións precisas.

Disposición adicional segunda. Clave identificativa dos certificados de superación do ciclo inicial

A clave identificativa dos certificados oficiais acreditativos da superación do ciclo inicial de grao medio en Atletismo a que fai referencia o artigo 15.4 do Real decreto 1363/2007, do 24 de outubro, incluirá:

a) Certificación académica oficial: CA.

b) Díxito da comunidade autónoma: 11.

c) Díxitos de modalidade deportiva: ATAT.

Disposición adicional terceira. Titulacións equivalentes

1. O título de técnico deportivo en Atletismo, establecido no Decreto 44/2009, do 29 de xaneiro, polo que se establece o currículo das ensinanzas de técnico deportivo e técnico deportivo superior en Atletismo, terá os mesmos efectos profesionais e académicos que o título de técnico deportivo en Atletismo establecido no decreto.

2. O certificado de superación do primeiro nivel establecido no Decreto 44/2009, do 29 de xaneiro, terá os mesmos efectos profesionais e académicos que o ciclo inicial de grao medio en Atletismo regulado no decreto.

Disposición adicional cuarta. Medidas de apoio ao profesorado

A consellería competente en materia de educación establecerá medidas de apoio ao profesorado, especialmente na formación permanente e na investigación e innovación nesta etapa educativa, para contribuír ao mellor desenvolvemento e aplicación do currículo dos ciclos inicial e final de grao medio correspondentes ao título de técnico deportivo en Atletismo.

Disposición adicional quinta. Mobilidade do alumnado

De acordo coa previsión contida no artigo 35.3 do Real decreto 1363/2007, do 24 de outubro, a ordenación académica dos ciclos das ensinanzas deportivas posibilitará a opción de matriculación en réxime presencial ou a distancia do alumnado que teña superado algún módulo deportivo noutra comunidade autónoma e non teña esgotado o número de convocatorias establecido, para o cal poderá realizar matrícula parcial nos módulos que teñan pendentes.

Disposición adicional sexta. Non regulación de profesión titulada

De conformidade co establecido no Real decreto 1363/2007, do 24 de outubro, polo que se establece a ordenación xeral das ensinanzas deportivas de réxime especial, os elementos recollidos no decreto non constitúen unha regulación do exercicio de profesión titulada ningunha.

Disposición transitoria única. Aplicabilidade doutras normas

O Decreto 44/2009, do 29 de xaneiro, polo que se establece o currículo das ensinanzas de técnico deportivo e técnico deportivo superior en Atletismo, permanecerá vixente para o título de técnico deportivo superior ata que a Comunidade Autónoma de Galicia estableza o currículo do ciclo de grao superior en Atletismo, en desenvolvemento do Real decreto 668/2013, do 6 de setembro, polo que se establece o título de técnico deportivo superior en Atletismo e se fixan as súas ensinanzas mínimas e os requisitos de acceso.

Disposición derrogatoria única. Derrogación normativa

1. Queda derrogado o Decreto 44/2009, do 29 de xaneiro, polo que se establece o currículo das ensinanzas de técnico deportivo e técnico deportivo superior en Atletismo.

2. Quedan derrogadas cantas disposicións de igual ou inferior rango se opoñan ao disposto neste decreto.

Disposición derradeira primeira. Habilitación para o desenvolvemento

Facúltase a persoa titular da consellería competente en materia de educación, no relativo á organización e materias propias do seu departamento, para ditar cantas disposicións sexan precisas para o desenvolvemento do decreto.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Este decreto entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, dez de decembro de dous mil quince

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO I
Distribución horaria

Ciclo inicial de grao medio en Atletismo

Carga horaria

RAE-ATAT101

120 h

Carga horaria

Bloque común

Teóricas

Prácticas

MED-C101. Bases do comportamento deportivo

15 h

5 h

MED-C102. Primeiros auxilios

20 h

10 h

MED-C103. Actividade física adaptada e discapacidade

5 h

--

MED-C104. Organización deportiva

5 h

--

Total

60 h

Carga horaria

Bloque específico

Teóricas

Prácticas

MED-ATAT102. Metodoloxía da ensinanza do atletismo

25 h

60 h

MED-ATAT103. Organización de actividades de iniciación en atletismo

10 h

5 h

MED-ATAT104. Formación práctica

150 h

Total

250 h

Total ciclo inicial (RAE-ATAT101 + BC + BE)

430 h

Secuenciación: O MED-C101 (Bases do comportamento deportivo) impartirase antes que o MED-C103 (Actividade física adaptada e discapacidade).

Ciclo final de grao medio en Atletismo

Carga horaria

Bloque común

Teóricas

Prácticas

MED-C201. Bases da aprendizaxe deportiva

40 h

5 h

MED-C202. Bases do adestramento deportivo

55 h

10 h

MED-C203. Deporte adaptado e discapacidade

20 h

--

MED-C204. Organización e lexislación deportiva

20 h

--

MED-C205. Xénero e deporte

10 h

--

Total

160 h

Carga horaria

Bloque específico

Teóricas

Prácticas

MED-ATAT201. Perfeccionamento técnico en carreiras e marcha

25 h

25 h

MED-ATAT202. Perfeccionamento técnico en saltos

20 h

20 h

MED-ATAT203. Perfeccionamento técnico en lanzamentos e probas combinadas

25 h

25 h

MED-ATAT204. Regulamento

15 h

--

MED-ATAT205. Adestramento condicional en atletismo

20 h

5 h

MED-ATAT206. Organización do atletismo

15 h

--

MED-ATAT207. Atletismo adaptado

15 h

5 h

MED-ATAT208. Formación práctica

200 h

Total

415 h

Total ciclo final (BC + BE)

575 h

Secuenciación: O MED-C201 (Bases da aprendizaxe deportiva) impartirase antes do MED-C202 (Bases do adestramento deportivo) e MED-C203 (Deporte adaptado e discapacidade).

ANEXO II
Obxectivos xerais e módulos de ensino deportivo do ciclo inicial
de grao medio en Atletismo

Obxectivos xerais

a) Executar técnicas básicas propias deste nivel, coa seguridade suficiente e tomando conciencia do realizado, para servir de modelo no proceso de ensino-aprendizaxe da iniciación ao atletismo.

b) Establecer e transmitir a información sobre a actividade e recoller a información sobre os/as participantes, analizando as características da información e aplicando procedementos establecidos, para atender e motivar o/a atleta.

c) Analizar a execución técnica no nivel de iniciación, utilizando procedementos establecidos e comparando a execución técnica cos estándares propios da iniciación en atletismo para valorar a execución dos/das atletas, determinar o seu nivel e concretar o seu agrupamento.

d) Interpretar e adaptar a programación de referencia e a organización da sesión, utilizando criterios de elección e temporalización das tarefas, discriminando a información sobre as características do grupo e as condicións materiais existentes, para concretar a sesión de ensino-aprendizaxe da iniciación ao atletismo.

e) Elixir e demostrar as técnicas de dirección e procedementos de control das continxencias, aplicando instrumentos de observación e control e resolvendo supostos, para dinamizar sesións de ensino-aprendizaxe de iniciación ao atletismo.

f) Identificar as condicións de seguridade das instalacións e medios propios da iniciación deportiva, aplicando procedementos establecidos e a normativa vixente, para controlar a seguridade na práctica.

g) Describir, preparar e executar os primeiros auxilios, identificando as características dos supostos e aplicando os protocolos establecidos, para asistir como primeiro/a interveniente en caso de accidente ou situación de emerxencia.

h) Identificar as características das competicións e eventos propios da iniciación deportiva, analizando o regulamento e as bases de competición para seleccionar os/as atletas en función do seu nivel e características.

i) Identificar e describir os procesos de inscrición e acompañamento de atletas así como os aspectos técnicos e tácticos da competición e eventos propios da iniciación deportiva, analizando supostos, aplicando os procedementos establecidos e tendo en conta o regulamento, para acompañar e dirixir os/as atletas en competicións de nivel de iniciación.

j) Identificar e describir as características organizativas das competicións e eventos propios da iniciación deportiva, enumerando os medios materiais e humanos necesarios, para colaborar e intervir na organización e xestión deste tipo de actos.

k) Identificar e describir as variables que interveñen no desenvolvemento da actividade, aplicando os procedementos establecidos e clasificando a información obtida, para valorar o desenvolvemento da sesión de iniciación e o acompañamento en atletismo e axustar o proceso de ensino-aprendizaxe.

l) Identificar e describir as características do proceso de adquisición de valores e actitudes, sendo consciente e argumentando os efectos que provocan nos/nas atletas, para transmitir valores propios da actividade deportiva a través do comportamento ético persoal.

m) Recoñecer e promover os valores de compromiso, traballo ben feito e aprendizaxe constante, describindo as actitudes que reflicten estes valores, para manter o espírito de responsabilidade individual, esforzo persoal e innovación no desempeño do seu labor como persoal técnico.

n) Identificar e describir os principios que fundamentan o traballo en equipo, sendo consciente da importancia do liderado e a comunicación, para manter a iniciativa e autonomía dentro do grupo de traballo.

ñ) Identificar e describir as características básicas das principais discapacidades, seguindo os procedementos de actuación establecidos e fixando as condicións básicas de relación e comunicación, para facilitar a integración e normalización das persoas con discapacidade.

Módulo común de ensino deportivo: Bases do comportamento deportivo

Código: MED-C101

Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación

1. Identifica as características motrices, psicolóxicas, afectivas e sociais das persoas, relacionándoas cos estadios madurativos da infancia.

a) Describíronse diferentes estadios madurativos da infancia, identificando as particularidades de cada un/unha.

b) Aplicáronse técnicas elementais de recollida de información para a obtención de datos relevantes da persoa.

c) Identificáronse os intereses e as motivacións características das persoas na etapa da infancia.

d) Describíronse as características dos rapaces e das rapazas a nivel motriz e psicolóxico na primeira etapa do proceso de aprendizaxe motora.

e) Demostrouse interese por respectar o desenvolvemento natural e saudable do/da deportista acorde co seu estado madurativo.

f) Valorouse a importancia de que a persoa conte con diversidade e variabilidade de experiencias físico-deportivas nestes estadios e de evitar unha especialización precoz.

2. Atende o/a deportista describindo e aplicando diferentes técnicas de comunicación e motivación.

a) Identificáronse as diferentes técnicas de comunicación, verbal e non verbal, que poden utilizarse tendo en conta o contexto deportivo.

b) Elixíronse as técnicas de comunicación, así como a disposición espacial do material e do alumnado, máis oportunas no intercambio de información.

c) Identificáronse diferentes formas de captar a información e de tomar unha decisión a partir dela.

d) Identificáronse as principais barreiras e interferencias que dificultan a comunicación.

e) Valorouse a importancia de contar con habilidades comunicativas e sociais nas relacións interpersoais.

f) Valorouse a importancia de utilizar unha linguaxe que respecte a equidade dos distintos sexos.

g) Empregáronse técnicas e estratexias comunicativas na presentación das tarefas propostas, logrando unha maior participación e motivación nelas.

h) Valorouse a importancia de manter a motivación e o goce de todas as persoas como elemento clave para a súa fidelización coa práctica deportiva e a prevención do abandono en etapas posteriores.

i) Demostrouse interese por valorar o proceso de aprendizaxe por riba do resultado obtido.

j) Valorouse a autonomía, a espontaneidade e a creatividade dos/das mozos/as deportistas na iniciación deportiva.

3. Conduce o grupo seleccionando e aplicando dinámicas grupais e estratexias para a resolución de conflitos, en función das características do contexto.

a) Describíronse as características fundamentais do grupo na iniciación deportiva, atendendo especialmente a factores de relación social e de xénero.

b) Describíronse as principais fontes de conflito na sesión, tanto individuais como grupais.

c) Aplicáronse estratexias de recollida de información que permitan coñecer mellor o grupo.

d) Aplicáronse dinámicas de grupo baseadas na aprendizaxe cooperativa e o traballo en equipo.

e) Utilizáronse estratexias de resolución de conflitos no grupo, promovendo e transmitindo valores de respecto, sinceridade, empatía, compromiso e igualdade de xénero.

f) Valorouse a importancia dunha actitude tolerante e de empatía para conseguir a confianza do grupo.

g) Demostrouse interese por respectar os intereses das persoas, evitando os prexuízos e valorando os elementos diferenciadores individuais tales como: emocións, sentimentos, personalidade, sexo, características morfolóxicas, orixe cultural e clase social.

h) Describíronse aqueles aspectos do contorno familiar e do contexto social que exercen unha influencia positiva ou negativa na iniciación deportiva de rapaces e de rapazas.

i) Aplicáronse estratexias e técnicas axeitadas para corrixir actitudes negativas do contorno familiar ou do contexto social na iniciación deportiva.

j) Analizouse a importancia dos valores positivos da familia e do contexto social na práctica deportiva.

4. Transmite valores persoais e sociais aplicando as técnicas axeitadas e reflexionando sobre as propias actitudes e comportamentos.

a) Describíronse os valores persoais e sociais que se poden transmitir a través do deporte.

b) Valorouse a importancia de ser un modelo ético de referencia para os/as deportistas durante a iniciación deportiva.

c) Reflexionouse sobre os propios prexuízos e estereotipos, incluídos os de xénero.

d) Demostrouse interese por educar ética e moralmente a través do deporte.

e) Identificáronse e describíronse estratexias de transmisión de valores persoais e sociais a través do deporte.

f) Identificáronse estratexias de fomento da coeducación.

g) Valorouse a importancia do respecto do xogo limpo, dun/dunha mesmo/a, das demais persoas e do contorno durante a práctica deportiva.

h) Valorouse a importancia de defender e manter o carácter lúdico da práctica deportiva.

Contidos básicos

1. Identifica as características motrices, psicolóxicas, afectivas e sociais do individuo, relacionándoas cos estadios madurativos da infancia.

• Desenvolvemento persoal dos rapaces e das rapazas na iniciación deportiva:

– Crecemento, maduración e desenvolvemento.

– Patróns motores básicos na infancia.

– Características motrices, psicolóxicas, afectivas e sociais dos rapaces e das rapazas.

• Técnicas elementais de recollida de información a partir da teoría do procesamento da información.

• A actividade físico-deportiva nos estadios madurativos da infancia.

• A iniciación deportiva.

• Diversidade e variabilidade de experiencias deportivas na iniciación e os seus efectos positivos sobre o desenvolvemento motor.

• Respecto dos estadios madurativos e as diferenzas interindividuais e intraindividuais.

2. Atende o/a deportista describindo e aplicando diferentes técnicas de comunicación e motivación.

• Motivacións e actitudes propias da infancia ante a práctica deportiva:

– Motivacións intrínsecas e extrínsecas.

– A teoría de metas de logro.

– Principais motivos de abandono nos/nas mozos/as deportistas. A trascendentalización competitiva.

– Estratexias para fomentar a participación, a motivación e o goce, como elementos clave para a fidelización deportiva, atendendo ás diferenzas de xénero.

– Valoración do proceso de aprendizaxe por riba do resultado deportivo.

– Valoración da actitude do alumnado (dos/das deportistas) por riba da súa aptitude.

• Proceso de comunicación. Elementos, tipos e dificultades:

– Técnicas de comunicación: verbal e non verbal.

– Valoración comunicativa do contexto: elementos facilitadores e obstáculos e inhibidores no proceso de comunicación.

– Disposición do espazo e o alumnado para a mellora da comunicación na sesión deportiva.

– Información inicial e retroalimentación (feedback) na sesión deportiva.

– Habilidades comunicativas, persoais e sociais, nas relacións interpersoais.

– Uso non sexista da linguaxe.

3. Conduce o grupo seleccionando e aplicando dinámicas grupais e estratexias para a resolución de conflitos, en función das características do contexto.

• Fontes de conflito no grupo deportivo:

– Falta de confianza mutua.

– Competitividade e liderado.

– Discriminación: por razóns de xénero, de capacidade, actitudes xenófobas etc.

– Diverxencia de intereses individuais en rapaces e en rapazas.

• A dinámica de grupos na iniciación deportiva e a súa importancia:

– Condución de dinámicas orientadas á valoración sociolóxica do grupo.

– Dinámicas de presentación e coñecemento do grupo.

– Técnicas sociométricas.

• Condución de dinámicas de grupo orientadas ao traballo cooperativo e a resolución de conflitos:

– Dinámicas de autocoñecemento para a afirmación persoal e a autoconfianza.

– Dinámicas socio-afectivas para crear confianza mutua.

– Dinámicas de traballo en equipo:

- De responsabilidade grupal.

- De toma de decisións por consenso.

- De eficiencia no traballo en grupo.

– Dinámicas de resolución de conflitos en pequenos grupos, para:

- A identificación do problema.

- A solución do problema.

• Modelos de intervención do persoal técnico nos grupos de iniciación deportiva:

– Modelo autoritario.

– Modelo permisivo.

– Modelo democrático.

• Actitudes e influencia do contexto familiar na iniciación deportiva.

– Contextos familiares que exercen unha influencia positiva na iniciación deportiva dos rapaces e das rapazas.

– Condutas e actitudes negativas máis frecuentes protagonizadas por familiares na iniciación deportiva:

- Excesiva presión competitiva sobre os/as seus/súas fillos/as.

- Comportamentos e actitudes agresivas e violentas.

- Interferencias co persoal técnico deportivo.

• Estratexias de intervención no contorno familiar durante a iniciación deportiva. A entrevista cos/coas responsables legais do/da deportista.

4. Transmite valores persoais e sociais aplicando as técnicas axeitadas e reflexionando sobre as propias actitudes e comportamentos.

• O deporte como transmisor de valores persoais e sociais tanto positivos como negativos.

• A responsabilidade do persoal técnico deportivo na transmisión de valores éticos no deporte e en evitar os contravalores.

• Superación da idea de bondade natural do deporte en canto á transmisión de valores éticos.

• Condutas inmorais máis frecuentes na práctica deportiva.

• Xogo limpo e deportividade (condutas éticas na práctica deportiva).

• Técnicas e estratexias para o desenvolvemento de valores no deporte: reflexión, establecemento de normas consensuadas, desenvolvemento do xuízo moral, autocontrol da conduta, análise, desenvolvemento da empatía e comprensión crítica de temas eticamente relevantes e encontros de grupo.

• Autoavaliación e reflexión dos propios prexuízos e estereotipos persoais, incluídos os de xénero.

Módulo común de ensino deportivo: Primeiros auxilios

Código: MED-C102

Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación

1. Realiza unha valoración inicial aplicando técnicas de valoración segundo protocolos establecidos e relacionándoos cos principios de anatomía e fisioloxía.

a) Identificáronse e tomáronse as constantes vitais.

b) Identificáronse e describíronse os protocolos de valoración para seguir en cada caso.

c) Identificáronse e describíronse as lesións óseas e articulares así como os síntomas e mecanismos de produción.

d) Identificáronse e describíronse as lesións musculares e tendinosas, así como os síntomas e mecanismos de produción.

e) Identificáronse e describíronse os diferentes tipos de traumatismos.

f) Describíronse as bases anatomofisiolóxicas dos primeiros auxilios.

g) Identificáronse e describíronse as lesións provocadas por outros axentes externos (frío, calor, axentes químicos e biolóxicos), así como os síntomas e mecanismos de produción.

h) Utilizouse a terminoloxía médico sanitaria elemental relacionada cos primeiros auxilios.

i) Identificouse a secuencia de actuación segundo o protocolo establecido polo ILCOR (Comité de coordinación internacional sobre a resucitación).

2. Aplica as técnicas de primeiros auxilios relacionando o tipo de lesión co protocolo establecido en cada caso.

a) Aplicáronse técnicas de primeiros auxilios axeitadas aos diferentes tipos de lesión.

b) Identificáronse e describíronse os protocolos de primeiros auxilios e inmobilización que se seguirán segundo a lesión.

c) Identificáronse os medios materiais de aplicación de primeiros auxilios (caixa de primeiros auxilios e outros).

d) Describíronse as repercusións dunha incorrecta aplicación das técnicas de primeiros auxilios e do traslado da persoa accidentada.

e) Aplicáronse técnicas de inmobilización para o traslado da persoa accidentada.

3. Aplica técnicas de soporte vital identificando a súa instrumentación e describindo as súas fases segundo o protocolo básico establecido.

a) Detallouse a instrumentación básica para o soporte vital recoñecendo as súas partes e mecanismos de funcionamento.

b) Describíronse os fundamentos de resucitación cardiopulmonar básica.

c) Aplicáronse técnicas de apertura das vías aéreas.

d) Aplicáronse técnicas de soporte ventilatorio.

e) Aplicáronse técnicas de soporte circulatorio.

f) Realizouse desfibrilación externa semiautomática (DESA).

g) Aplicáronse medidas de postreanimación.

h) Recoñecéronse aquelas situacións en que se desaconsella a intervención e posterior evacuación, detallando as súas características.

i) Valorouse a importancia de aplicar con precisión os protocolos establecidos.

4. Aplica técnicas de autocontrol e de apoio psicolóxico á persoa accidentada e acompañantes, describindo e aplicando as estratexias de comunicación máis axeitadas.

a) Describíronse e aplicáronse técnicas básicas de apoio psicolóxico.

b) Describíronse e aplicáronse técnicas básicas de autocontrol.

c) Aplicáronse estratexias básicas de comunicación en situacións de prestación de primeiros auxilios.

d) Describíronse os posibles estados emocionais dos/das accidentados/as.

e) Valorouse a importancia de autocontrolarse ante situacións de estrés.

f) Describíronse os factores que predispoñen á ansiedade en situacións de accidente ou emerxencias.

g) Describíronse e aplicáronse técnicas para controlar situacións de tensión ambiental.

5. Aplica técnicas para o control do contorno relacionándoo cos protocolos establecidos e a organización do sistema de emerxencias.

a) Determináronse as distintas técnicas que se poden utilizar cando o contorno xera determinados niveis de risco.

b) Describíronse os protocolos de actuación oportunos para establecer un contorno seguro e emocionalmente estable.

c) Determináronse as distintas técnicas para utilizar en relación ao risco do contorno.

d) Aplicáronse normas e protocolos de seguridade e de autoprotección persoal.

e) Definíronse os conceptos de urxencia, emerxencia e catástrofe.

f) Describiuse a organización dos sistemas de emerxencia.

Contidos básicos

1. Realiza unha valoración inicial aplicando técnicas de valoración segundo protocolos establecidos e relacionándoos cos principios de anatomía e fisioloxía.

• Signos e síntomas de urxencia.

• Valoración do nivel de consciencia.

• Toma de constantes vitais.

• Protocolos de exploración elementais.

• Terminoloxía médico-sanitaria en primeiros auxilios.

• Protocolo de transmisión da información.

• Signos de compromiso vital en persoa adulta, neno ou nena e lactante.

• Métodos e materiais de protección da zona.

• Bases anatomofisiolóxicas relacionadas cos primeiros auxilios: ósos, articulacións e músculos (concepto, características, clasificación e localización a nivel básico/elemental).

• Valoración básica en lesións por traumatismos e por axentes físicos, químicos e biolóxicos.

• Valoración básica ante patoloxía orgánica de urxencia.

2. Aplica as técnicas de primeiros auxilios relacionando o tipo de lesión co protocolo establecido en cada caso.

• Caixa de primeiros auxilios.

• Aplicación dos primeiros auxilios.

• Seguridade na aplicación das técnicas utilizadas.

• Aplicación de procedementos de inmobilización e mobilización.

3. Aplica técnicas de soporte vital identificando a súa instrumentación e describindo as súas fases segundo o protocolo básico establecido.

• Control da permeabilidade das vías aéreas.

• Resucitación cardiopulmonar básica.

• Desfibrilación externa semiautomática (DESA).

• Valoración básica do/da accidentado/a.

• Atención inicial en lesións por axentes físicos (traumatismos, calor ou frío, electricidade e radiacións).

• Atención inicial en lesións por axentes químicos e biolóxicos.

• Atención inicial en patoloxía orgánica de urxencia.

• Actuación limitada no marco das súas competencias.

4. Aplica técnicas de autocontrol e de apoio psicolóxico á persoa accidentada e acompañantes, describindo e aplicando as estratexias de comunicación máis axeitadas.

• Apoio psicolóxico aos/ás pacientes.

• Primeiros auxilios psicolóxicos. Comportamento da poboación ante unha catástrofe.

• Estratexias básicas de comunicación.

• Valoración do papel do/da primeiro/a interveniente.

• Técnicas facilitadoras da comunicación interpersoal.

• Factores que predispoñen á ansiedade en situacións de accidente ou emerxencia.

5. Aplica técnicas para o control do contorno relacionándoo cos protocolos establecidos e a organización do sistema de emerxencias.

• Sistemas de emerxencias.

• Obxectivos e límites dos primeiros auxilios.

• Marco legal, responsabilidade e ética profesional.

• Normas e protocolos de seguridade e de autoprotección persoal.

• Técnicas de primeiros auxilios en relación ao risco do contorno.

• Protocolos de alerta.

Módulo común de ensino deportivo: Actividade física adaptada e discapacidade

Código: MED-C103

Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación

1. Identifica as principais discapacidades describindo as súas características básicas e relacionándoas coa práctica deportiva.

a) Describíronse as principais causas da discapacidade física, intelectual e sensorial.

b) Determináronse os beneficios que xera a práctica de actividades físicas adaptadas nas persoas con discapacidade.

c) Recoñecéronse as limitacións na práctica e os condicionantes fundamentais segundo o tipo de discapacidade.

d) Valorouse a vivencia persoal do que supón a discapacidade en situacións simuladas, usando contornos restritivos a nivel perceptivo, decisional e motriz.

e) Describíronse as posibilidades das axudas técnicas básicas segundo a discapacidade.

f) Aplicáronse procedementos básicos de identificación e recoñecemento da discapacidade mediante a observación das características morfolóxicas e funcionais do/da deportista.

g) Valorouse a importancia do recoñecemento das capacidades do/da deportista independentemente das limitacións que poida presentar pola súa discapacidade.

h) Identificáronse os principais programas de iniciación deportiva dirixidos ás persoas con discapacidade.

2. Informa as persoas con discapacidade sobre as prácticas deportivas, describindo as técnicas de comunicación específicas e identificando as limitacións que poden presentarse na súa iniciación.

a) Describiuse a terminoloxía máis actual en relación ás persoas con discapacidade.

b) Aplicáronse técnicas de recollida de información acerca dos intereses, capacidades, experiencias previas e motivacións das persoas con discapacidade cara á práctica deportiva.

c) Demostrouse interese por non prexulgar as persoas, respectando os seus elementos únicos e diferenciadores: emocións, sentimentos, personalidade etc.

d) Determináronse e aplicáronse criterios de adaptación das técnicas de comunicación para as principais discapacidades.

e) Describíronse as principais posibilidades de práctica e deportes adaptados segundo o tipo de discapacidade.

f) Valorouse a importancia da participación activa das persoas con discapacidade en contornos/contextos deportivos normalizados.

Contidos básicos

1. Identifica as principais discapacidades describindo as súas características básicas e relacionándoas coa práctica deportiva.

• Características básicas das principais discapacidades físicas, sensoriais e psíquicas.

• Recoñecemento da discapacidade mediante procedementos básicos de observación das características morfolóxicas e funcionais do/da deportista.

• Valoración das posibilidades individuais, independentemente das limitacións segundo a discapacidade.

• Condicionantes derivados dun tipo de discapacidade para a práctica físico-deportiva.

• Recoñecemento e uso fundamental do material deportivo específico e as axudas técnicas básicas.

• Beneficios da práctica deportiva para persoas con discapacidade.

• Os programas de iniciación e difusión da práctica deportiva para persoas con discapacidade.

• A vivencia persoal en situacións de práctica restritivas simulando a discapacidade.

2. Informa as persoas con discapacidade sobre as prácticas deportivas, describindo as técnicas de comunicación específicas e identificando as limitacións que poden presentarse na súa iniciación.

• Toma de conciencia dos sentimentos e actitudes cara a persoas con discapacidade.

• Terminoloxía básica en relación á saúde e a discapacidade.

• Aplicación de técnicas básicas de recollida de información en relación coas características dos/das deportistas con discapacidade.

• Recoñecemento e aplicación de técnicas de comunicación concretas segundo a discapacidade.

• Métodos de comunicación alternativa respecto de persoas con discapacidade.

• Aplicación de exemplos de inclusión deportiva de persoas con discapacidade en contornos normalizados.

• Os principais deportes adaptados.

• A importancia da práctica deportiva para a autonomía persoal e a integración social de persoas con discapacidade.

• A identificación dos propios prexuízos previos á práctica respecto de persoas con discapacidade.

Módulo común de ensino deportivo: Organización deportiva

Código: MED-C104

Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación

1. Identifica a organización deportiva local e autonómica relacionándoa coa estrutura administrativa e as súas competencias básicas.

a) Describíronse as formas de organización a nivel local e autonómico en referencia ao ámbito deportivo.

b) Describíronse as principais competencias e programas das organizacións deportivas locais e autonómicas.

c) Utilizáronse as fontes de información dispoñibles que fan referencia á normativa xurídica deportiva.

d) Utilizouse unha terminoloxía básica axeitada ás estruturas das organizacións deportivas locais e autonómicas, así como da normativa deportiva.

2. Concreta a estrutura do asociacionismo deportivo identificando os seus elementos e organización.

a) Describíronse as competencias, funcións e formas de organización das federacións deportivas autonómicas.

b) Describíronse as formas de asociacionismo deportivo a nivel local e autonómico.

c) Identificáronse as características do asociacionismo deportivo.

d) Describíronse as vías de apoio ao asociacionismo deportivo por parte da Administración local e autonómica.

e) Completouse a documentación básica para a busca de apoios ao asociacionismo deportivo e describíronse os procedementos que a dita documentación debe seguir.

f) Valorouse a importancia que ten o apoio institucional ao desenvolvemento do asociacionismo deportivo e a potenciación do asociacionismo feminino como medio de promoción da práctica da actividade físico-deportiva nas mulleres.

Contidos básicos

1. Identifica a organización deportiva local e autonómica relacionándoa coa estrutura administrativa e as súas competencias básicas.

• A lexislación básica do Estado e da comunidade autónoma:

– O marco competencial do deporte no ámbito local e autonómico.

– Interpretación da lexislación deportiva básica: obxectivo e rango da norma.

• Estrutura administrativa e organizativa do deporte:

– Estrutura autonómica do deporte.

– Identificación das características esenciais das diferentes estruturas deportivas no ámbito local de servizos e padroados municipais, sociedades públicas, organismos de deputacións, clubs, asociacións, entre outras.

– Aceptación da organización deportiva autonómica e local.

• As fontes de información en normativa xurídica deportiva:

– A terminoloxía básica en normativa deportiva.

– As publicacións oficiais que reflicten a normativa xurídica deportiva.

2. Concreta a estrutura do asociacionismo deportivo identificando os seus elementos e organización.

• As federacións deportivas autonómicas: competencias, funcións e estrutura organizativa.

• Tipos de clubs e asociacións deportivas; tipos e a súa importancia no asociacionismo deportivo.

• Asociacionismo deportivo feminino. Presenza das mulleres na organización deportiva.

• As vías de apoio ao asociacionismo deportivo:

– Administración local e autonómica: tipos e formas de axuda.

– As vías de apoio ao asociacionismo deportivo.

– Procedementos para a xestión de apoios ao asociacionismo deportivo:

- Na Administración local.

- Na Administración autonómica.

Módulo específico de ensino deportivo: Metodoloxía da ensinanza do atletismo

Código: MED-ATAT102

Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación

1. Valora a execución técnica na iniciación deportiva na agrupación de especialidades de carreiras (velocidade, medio fondo e fondo), marcha e valados identificando os erros máis habituais, relacionándoos coas tarefas de corrección.

a) Observouse a execución técnica do/da deportista avaliando os erros e propoñendo solucións.

b) Describíronse os obxectivos técnicos para alcanzar nas diferentes etapas de adquisición da técnica durante a fase de iniciación.

c) Describíronse os aspectos fundamentais das diferentes técnicas de carreiras, marcha e valados na etapa de iniciación, utilizando a terminoloxía axeitada.

d) Describíronse os erros máis habituais nas tarefas tipo de iniciación ás carreiras, marcha e valados.

e) Relacionáronse os erros tipo en carreiras, marcha e valados de iniciación, coas posibles causas e as tarefas para a súa solución.

f) Describíronse os erros máis comúns na execución técnica ocasionados pola conduta do/da deportista.

g) Elaborouse un protocolo de verificación da técnica en carreiras, marcha e valados no nivel de iniciación.

h) Interiorizouse a necesidade de informar os/as alumnos/as sobre os erros cometidos como factor de mellora da técnica.

2. Valora a execución técnica na iniciación deportiva na agrupación de especialidades de saltos (altura, lonxitude, triplo e pértega) identificando os erros máis habituais, relacionándoos coas tarefas de corrección.

a) Observouse a execución técnica do/da deportista avaliando os erros e propoñendo solucións.

b) Describíronse os obxectivos técnicos para alcanzar nas diferentes etapas de adquisición da técnica durante a fase de iniciación.

c) Describíronse os aspectos fundamentais das diferentes técnicas de saltos na etapa de iniciación, utilizando a terminoloxía axeitada.

d) Describíronse os erros máis habituais nas tarefas tipo de iniciación aos saltos.

e) Relacionáronse os erros tipo en saltos de iniciación, coas posibles causas e as tarefas para a súa solución.

f) Describíronse os erros máis comúns na execución técnica ocasionados pola conduta do/da deportista.

g) Elaborouse un protocolo de verificación da técnica en saltos no nivel de iniciación.

h) Interiorizouse a necesidade de informar os/as alumnos/as sobre os erros cometidos como factor de mellora da técnica.

3. Valora a execución técnica na iniciación deportiva na agrupación de especialidades de lanzamentos (peso, disco, xavelina e martelo) identificando os erros máis habituais e relacionándoos coas tarefas de corrección.

a) Observouse a execución técnica do/da deportista avaliando os erros e propoñendo solucións.

b) Describíronse os obxectivos técnicos para alcanzar nas diferentes etapas de adquisición da técnica durante a fase de iniciación.

c) Describíronse os aspectos fundamentais das diferentes técnicas de lanzamentos na etapa de iniciación, utilizando a terminoloxía axeitada.

d) Describíronse os erros máis habituais nas tarefas tipo de iniciación aos lanzamentos.

e) Relacionáronse os erros tipo en lanzamentos de iniciación, coas posibles causas e as tarefas para a súa solución.

f) Describíronse os erros máis comúns na execución técnica ocasionados pola conduta do/da deportista.

g) Elaborouse un protocolo de verificación da técnica en lanzamentos no nivel de iniciación.

h) Interiorizouse a necesidade de informar os/as alumnos/as sobre os erros cometidos como factor de mellora da técnica.

4. Concreta a sesión de iniciación en atletismo a partir da programación de referencia, describindo os elementos e organización da programación e elaborando secuencias de aprendizaxe.

a) Asumiuse a programación como factor de eficacia e calidade na metodoloxía deportiva.

b) Describíronse as características dos obxectivos, contidos, medios e métodos para o desenvolvemento dun programa operativo de iniciación, nas agrupacións de especialidades, en función das características dos/das alumnos/as, espazos e material dispoñible.

c) Establecéronse os principios de elaboración dos contidos e as secuencias de aprendizaxe das técnicas nas distintas agrupacións de especialidades.

d) Valorouse a introdución do regulamento no proceso de iniciación.

e) Identificáronse o tempo, o espazo e o material necesarios en función dos obxectivos da sesión.

f) Identificáronse as posibles respostas para afrontar as continxencias que se poidan presentar durante o desenvolvemento da sesión.

g) Valorouse a importancia da preparación previa da sesión de iniciación como factor de calidade do ensino.

h) Describíronse os criterios de adaptación de secuencias de aprendizaxe e contidos de aprendizaxe ás condicións da iniciación nas agrupacións de especialidades.

i) Concretáronse as sesións de iniciación das distintas agrupacións de especialidades de acordo cun programa de referencia.

j) Describíronse as medidas de seguridade que se deben adaptar nunha sesión de iniciación nas distintas agrupacións de especialidades.

k) Prevíronse respostas para afrontar as incidencias que se poidan presentar durante o desenvolvemento dun suposto de sesión de iniciación.

5. Dirixe os/as atletas en sesións de iniciación en atletismo describindo e aplicando procedementos de dinamización, avaliación e control.

a) Describíronse as formas de organización do grupo e o comportamento do/da profesor/a no desenvolvemento da sesión de iniciación nas distintas agrupacións de especialidades.

b) Aplicáronse as técnicas de comunicación, así como a disposición espacial do material e os/as alumnos/as á hora de transmitir a información.

c) Describíronse e aplicáronse medidas de control para previr os posibles riscos no desenvolvemento da sesión.

d) Describiuse a situación do persoal técnico durante o desenvolvemento da actividade que facilite a percepción e compresión das súas indicacións.

e) Describíronse e aplicáronse as principais estratexias de dirección e dinamización nas sesións das distintas agrupacións de especialidades.

f) Describíronse os tipos de reforzo e coñecemento dos resultados na iniciación nas distintas agrupacións de especialidades.

g) Describíronse as funcións do persoal técnico de iniciación, no desenvolvemento da sesión nesta etapa.

h) Argumentouse a importancia dunha atención constante e dunha intervención rápida sobre as incidencias que poidan ocorrer nas actividades de ensino das distintas agrupacións de especialidades.

6. Acompaña os/as atletas na competición de iniciación en atletismo, describindo as características das competicións e valorando o comportamento técnico e táctico máis axeitado.

a) Identificouse a información técnica e táctica que o/a deportista tutelado/a debe recibir durante a súa participación nunha competición de iniciación.

b) Describíronse os instrumentos de observación, valoración e avaliación das competicións de iniciación.

c) Describíronse os aspectos que se deben observar na execución técnica do/da deportista das distintas especialidades nunha competición no nivel de iniciación.

d) Identificáronse os erros na execución técnica e táctica do/da deportista nas distintas especialidades, nunha competición e no nivel de iniciación.

e) Valorouse a importancia do respecto ás normas e ás demais persoas a través dos valores do xogo limpo.

7. Colabora na recollida de información do proceso de iniciación en atletismo identificando as características dos instrumentos e soportes de recollida da información, así como dos procedementos do seu tratamento.

a) Identificáronse os aspectos que se deben valorar no desenvolvemento da sesión durante o proceso de iniciación nas distintas agrupacións de especialidades.

b) Describíronse os métodos de control do proceso de ensino-aprendizaxe na iniciación en atletismo.

c) Describíronse as características dun informe que recolla a información sobre o desenvolvemento dunha sesión ou sesións de iniciación en atletismo.

d) Describíronse os instrumentos de recollida de información sobre os parámetros que se deben valorar nunha sesión de iniciación.

e) Utilizáronse diferentes soportes de recollida de información sobre a valoración do/da deportista.

f) Xustificouse a importancia da valoración da imaxe e do comportamento que caracteriza o persoal técnico na iniciación en atletismo durante a valoración do proceso.

Contidos básicos

1. Valora a execución técnica na iniciación deportiva na agrupación de especialidades de carreiras (velocidade, medio fondo e fondo), marcha e valados identificando os erros máis habituais e relacionándoos coas tarefas de corrección.

• Obxectivos da iniciación técnica en carreiras, marcha e valados. Etapas na adquisición do dominio técnico.

• Valoración inicial do nivel técnico do/da alumno/a.

• Técnica básica das carreiras, a marcha e os valados. Terminoloxía e aspectos fundamentais. Información ao/á deportista.

• Control das continxencias e corrección de erros: erros tipo na execución técnica e erros na aplicación do esforzo.

• Motivación cara á execución técnica.

2. Valora a execución técnica na iniciación deportiva na agrupación de especialidades de saltos (altura, lonxitude, triplo e pértega) identificando os erros máis habituais e relacionándoos coas tarefas de corrección. Obxectivos da iniciación técnica en saltos. Etapas na adquisición do dominio técnico.

• Valoración inicial do nivel técnico do/da alumno/a.

• Técnica básica dos saltos. Terminoloxía e aspectos fundamentais. Información ao/á deportista.

• Control das continxencias e corrección de erros: erros tipo na execución técnica e erros na aplicación do esforzo.

• Motivación cara á execución técnica.

3. Valora a execución técnica na iniciación deportiva na agrupación de especialidades de lanzamentos (peso, disco, xavelina e martelo) identificando os erros máis habituais e relacionándoos coas tarefas de corrección.

• Obxectivos da iniciación técnica en lanzamentos. Etapas na adquisición do dominio técnico.

• Valoración inicial do nivel técnico do/da alumno/a.

• Técnica básica dos lanzamentos. Terminoloxía e aspectos fundamentais. Información ao/á deportista.

• Control das continxencias e corrección de erros: erros tipo na execución técnica e erros na aplicación do esforzo.

• Motivación cara á execución técnica.

4. Concreta a sesión de iniciación en atletismo a partir da programación de referencia, describindo os elementos e a organización da programación e elaborando secuencias de aprendizaxe.

• A programación e a súa importancia.

• Estrutura da programación de actividades de iniciación nas distintas especialidades:

– Obxectivos xerais.

– Bloques temáticos.

– Contidos e secuencias de aprendizaxe.

– Medios necesarios.

– Criterios de organización.

• Elementos da programación de actividades:

– Clasificación dos obxectivos.

– Recursos didácticos.

– Temporización.

– Agrupación.

– Retroalimentación.

• Adaptación da programación de referencia:

– Ás condicións ambientais.

– Ás características físicas, psíquicas e sociais do/da atleta.

• Implementación da programación:

– Sesión: partes e estrutura.

– Secuencias de aprendizaxe nas adquisicións técnicas das agrupacións de especialidades de carreiras, marcha e valados, saltos e lanzamentos.

• Toma de conciencia da importancia de adaptar a programación aos/ás deportistas.

• Continxencias máis frecuentes e control das continxencias.

• Medidas de seguridade.

• Traballo en equipo na adaptación da programación e das actividades.

5. Dirixe os/as atletas en sesións de iniciación en atletismo, describindo e aplicando procedementos de dinamización, avaliación e control.

• Actitude motivadora do persoal técnico.

• Organización do grupo na sesión de iniciación ao atletismo:

– Imaxe e comportamento do persoal técnico.

• Métodos de comunicación e animación nas actividades de atletismo:

– Toma de contacto cos materiais, os artefactos e o ambiente.

• Medidas de control para previr riscos.

• Situación do persoal técnico na actividade.

• Tipos de reforzos e coñecemento de resultados na iniciación.

• Estratexias metodolóxicas en atletismo: técnicas, métodos e estilos:

– Elementos do proceso de ensino-aprendizaxe e proceso básico de adquisición das habilidades motrices en atletismo.

• Empatía no trato cos/coas atletas:

– Reflexión crítica sobre a intervención docente.

– Imaxe corporal axeitada ao contexto.

– Capacidade de escoita.

– Linguaxe comprensible e tecnicamente rigorosa.

– Interese pola melloría continua a través da autoavaliación.

6. Acompaña os/as atletas na competición de iniciación en atletismo, describindo as características das competicións e valorando o comportamento técnico e táctico máis axeitado.

• Características técnicas e tácticas e regulamento das probas de competición. A súa preparación, desenvolvemento e obtención de resultados.

• Instrumentos de observación e valoración: follas de verificación.

• Observación das execucións técnicas e tácticas individuais.

• Tutela e información ao/á deportista.

• Beneficios que achega a competición á preparación técnica, física e psicolóxica do/da deportista. Desenvolvemento das calidades coordinativas, condicionais e psíquicas.

• Motivación e activación antes, durante e despois da competición.

• O quecemento, o mantemento e a volta á calma.

• Cooperación e apoio antes, durante e despois da competición.

7. Colabora na recollida de información do proceso de iniciación en atletismo identificando as características dos instrumentos e soportes de recollida da información, así como dos procedementos do seu tratamento.

• A sesión de iniciación e os aspectos que se deben valorar. Tipoloxía, capacidade de aprendizaxe técnica e desenvolvemento físico.

• Métodos de control do proceso de ensino-aprendizaxe: a observación.

• O informe e as súas características.

• Os instrumentos de recollida de información dos parámetros que se deben valorar. A autoavaliación, follas de información etc.

• Valoración da imaxe e do comportamento do persoal técnico.

Módulo específico de ensino deportivo: Organización de actividades de iniciación en atletismo

Código: MED-ATAT103

Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación

1. Colabora na preparación de eventos e actividades de iniciación en atletismo, identificando os requisitos da actividade e describindo os procesos de inscrición e as características organizativas e regulamentarias.

a) Describíronse os tipos de competicións apropiadas a esta iniciación á competición, os seus formatos e percorridos.

b) Describíronse as características básicas da organización (normativa e regulamentos federativos aplicables, obxectivos e fases de desenvolvemento) dos diferentes tipos de eventos e competicións propias da iniciación deportiva en atletismo.

c) Establecéronse e describíronse as características dun campo de prácticas ou de competición en eventos ou competicións de iniciación en atletismo.

d) Describíronse os diferentes tipos de permisos necesarios para realizar actividades en atletismo, describindo o procedemento de solicitude e a entidade responsable de emitilos.

e) Describíronse as canles de información axeitadas para facer chegar a información aos/ás deportistas, aos medios e a outras persoas interesadas, nunha competición ou evento de iniciación en atletismo.

f) Describíronse as características da documentación que o/a participante debe presentar para a participación en actividades, eventos ou competicións propias da iniciación deportiva en atletismo.

g) Describíronse as normas que afectan a confidencialidade dos datos achegados polo/pola atleta na súa inscrición ao evento.

h) Describiuse a información que se debe facilitar a pais/nais ou titores/as e deportistas para a súa participación en actividades, eventos ou competicións propias da iniciación deportiva en atletismo.

i) Describíronse os procedementos de autorización que deben cumprir os/as pais/nais ou titores/as para que poidan participar os/as fillos/as ou tutelados/as en actividades, eventos ou competicións propias da iniciación deportiva en atletismo.

j) Mostrouse unha actitude crítica ante a práctica mal entendida da competición e favorable ao xogo limpo.

2. Participa no desenvolvemento das actividades propias da iniciación en atletismo (competicións, eventos e actividades) describindo as características organizativas e necesidades materiais e de recursos humanos do evento e aplicando procedementos específicos.

a) Describíronse os procedementos de acondicionamento das instalacións para o desenvolvemento dunha competición de iniciación en atletismo.

b) Enumeráronse os medios materiais, as instalacións e os equipamentos necesarios para a organización de actividades, eventos ou competicións propias da iniciación en atletismo.

c) Describíronse as características dos medios humanos e as funcións que deben realizar na organización e dinamización de actividades, eventos ou competicións propias da iniciación en atletismo.

d) Aplicáronse os procedementos de elaboración de horarios e a orde de participación dos/das participantes nunha competición na etapa de iniciación en atletismo.

e) Aplicáronse as técnicas e procedementos de elaboración e distribución dos resultados nunha competición na etapa de iniciación en atletismo.

f) Describíronse as características e aplicouse o protocolo básico na cerimonia de entrega de trofeos nunha competición na etapa de iniciación en atletismo.

g) Describíronse as medidas de seguridade que se deben ter en conta para garantir un bo desenvolvemento nunha competición na etapa de iniciación en atletismo.

h) Describiuse o protocolo de actuación en caso de accidente deportivo e demostrouse rigor na aplicación das normas e protocolos de seguridade.

3. Colabora na recollida de información das actividades programadas, identificando as características dos instrumentos e utilizando procedementos para a súa obtención ao longo do desenvolvemento da actividade, como seguimento e avaliación do grao en que se alcanzaron os obxectivos.

a) Identificáronse as directrices de aplicación dos instrumentos de avaliación, priorizando os aspectos relativos a estratexias técnicas e secuencia temporal, no rexistro das incidencias producidas durante o evento.

b) Describíronse as características dos instrumentos utilizados para a recollida de información sobre o grao de satisfacción dos/das participantes e os estándares de calidade da actividade.

c) Describíronse os criterios temporais de aplicación dos instrumentos de recollida de información en actividades de iniciación en atletismo.

d) Valorouse a importancia do establecemento de protocolos na recollida de información.

e) Identificáronse as pautas da elaboración dunha memoria coa información xerada no proceso de avaliación como guía das futuras actividades e accións de promoción.

f) Xustificouse a importancia da recollida sistemática de información como base dunha valoración construtiva, eficaz e obxectiva da organización e xestión das actividades de iniciación en atletismo.

g) Interiorizouse a importancia da recollida de información sistemática como base dunha valoración construtiva, eficaz e obxectiva.

Contidos básicos

1. Colabora na preparación de eventos e actividades de iniciación en atletismo, identificando os requisitos da actividade e describindo os procesos de inscrición e as características organizativas e regulamentarias.

• As probas alternativas para categorías menores, regulamentación RFEA e as súas características básicas:

– Categorías por idades.

– Sistema alternativo de competicións de atletismo para as categorías menores.

– Guías e pautas de referencia para realizar competicións alternativas de atletismo.

– Novos conceptos e formatos de competición. Características dos circuítos. Na pista, fóra da pista e en campo a través:

- Ata 12 anos (infantil, alevín, benxamín e idades anteriores).

- De 12 a 15 anos (infantil e cadete).

– Exemplo práctico de competición alternativa.

• Características dunha pista de atletismo, das instalacións de «fortuna» fóra do estadio e a súa sinalización.

• Permisos administrativos, solicitude de autorización para o uso de espazos públicos urbanos e no medio natural:

– Inscricións.

– Procedementos.

– Prazos.

– A licenza deportiva.

– Autorizacións para os/as menores de idade.

– Información a pais/nais e titores/as, se for o caso.

– Confidencialidade dos datos.

• Divulgación da actividade:

– Os medios: internet, sitios web e correo electrónico.

– As formas: nota informativa.

– As técnicas: produtos e consumidores/as. Información e persuasión.

• Ética: práctica deportiva educativa. Xogo limpo. Respecto ao/á compañeiro/a.

2. Participa no desenvolvemento das actividades propias da iniciación en atletismo (competicións, eventos e actividades) describindo as características organizativas e necesidades materiais e de recursos humanos do evento e aplicando procedementos específicos.

• Adaptación de instalacións de «fortuna» fóra do estadio e a súa sinalización.

• Medios materiais e equipamentos necesarios para o desenvolvemento dunha competición de iniciación en atletismo en:

– Carreiras, saídas, valados e remudas.

– Saltos.

– Lanzamentos.

– Probas adaptadas para a iniciación ao atletismo.

– Campo a través e ruta.

• Medios humanos dunha competición de iniciación en atletismo:

– Estrutura da organización.

– Funcións que se deben realizar.

• O traballo non remunerado, o voluntariado:

– Normativa aplicable.

– Características:

- Carácter altruísta e solidario.

- Realización libre.

- Sen contraprestación económica.

- En organización sen ánimo de lucro.

- Sen substituír o/a traballador/a retribuído/a.

– Compromiso por escrito.

– Funcións.

– Deberes e dereitos: póliza de seguro que garanta, polo menos, a cobertura de danos a terceiros.

– Motivación.

• Realización de horarios, orde de participación e elaboración e distribución dos resultados.

• Entrega de medallas e trofeos: protocolo nunha competición de iniciación en atletismo.

• Seguridade nas actividades: normas xerais, plans de evacuación e servizos médicos. Protocolo de actuación en caso de accidente deportivo.

3. Colabora na recollida de información das actividades programadas, identificando as características dos instrumentos e utilizando procedementos para a súa obtención ao longo do desenvolvemento da actividade como seguimento e avaliación do grao en que se alcanzaron os obxectivos.

• A necesidade dunha boa información como base para o control e mellora da actividade.

• Criterios temporais para a recollida da información:

– Obxectivos xerais.

– Antes, durante e/ou despois do evento.

• Descrición dos principais instrumentos para a recollida de datos e as súas características principais.

– Cuestionario/test.

– Tipo de preguntas: abertas/pechadas, con valoración ou sen elas.

• Traballo de campo e recollida de datos:

– Importancia de dispoñer de protocolos de actuación.

• Procesamento dos datos e resultados:

– Memoria da actividade: principais puntos e información básica.

• Aplicación para a mellora de actividades futuras. A conveniencia da retroalimentación (feedback).

Módulo específico de ensino deportivo: Formación práctica

Código: MED-ATAT104

Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación

1. Identifica a estrutura organizativa e o funcionamento do club ou entidade de atletismo relacionándoa coa oferta de actividades en relación coa iniciación atlética ou o acompañamento de usuarios/as en actividades de atletismo.

a) Identificouse a estrutura da organización deportiva local e autonómica e as súas relacións co club ou entidade de atletismo.

b) Identificáronse a estrutura organizativa e o funcionamento das distintas áreas do club ou entidade de atletismo (xunta directiva e equipo técnico).

c) Recoñeceuse o tipo de asociación atlética do club ou entidade atlética de prácticas.

d) Identificáronse as relacións xerárquicas dentro do club ou entidade atlética (xunta directiva, persoal técnico, socios/as, usuarios/as etc.).

e) Identificouse a oferta de actividades vinculadas á iniciación atlética ou ao acompañamento dos/das mozos/as atletas.

f) Distinguiuse a oferta de actividades orientada á práctica do atletismo nas mulleres.

g) Identificáronse as vías de apoio institucional co municipio, a federación e o goberno autonómico utilizadas polo club ou entidade atlética.

h) Recoñecéronse os valores presentes nas actividades do atletismo, do club ou entidade atlética.

2. Actúa con autonomía, iniciativa e responsabilidade no posto de traballo, demostrando comportamento ético, habilidades persoais de comunicación, traballo en equipo e respecto polo ambiente, aplicando os procedementos establecidos pola empresa.

a) Identificáronse os requirimentos actitudinais do persoal técnico deportivo en atletismo.

b) Interpretáronse e cumpríronse as instrucións recibidas e responsabilizandose do traballo asignado.

c) Demostrouse compromiso co traballo ben feito e a calidade do servizo, así como respecto aos procedementos e principios propios do club ou entidade atlética.

d) Demostrouse capacidade de traballo en equipo e respecto á xerarquía establecida no club ou entidade atlética.

e) Estableceuse unha comunicación e relación eficaz co equipo técnico atlético responsable da actividade atlética e os/as integrantes do equipo, mantendo un trato fluído e correcto.

f) Actuouse en coordinación co resto do equipo, informando de calquera cambio, necesidade relevante ou imprevisto que se presente na actividade.

g) Mantívose unha actitude clara de respecto ao ambiente nas actividades desenvolvidas e aplicáronse as normas internas e externas vinculadas a aquela.

h) Aplicáronse os aspectos fundamentais da Lei de prevención de riscos laborais, relacionados coas actividades, competicións e eventos da iniciación deportiva en atletismo.

3. Colabora no desenvolvemento das actividades, competicións e outros eventos da iniciación deportiva en atletismo, equipando as instalacións, identificando e utilizando medios, interpretando programacións de referencia e executando procedementos de acordo coas instrucións recibidas.

a) Identificáronse e interpretáronse as instrucións recibidas e/ou documentación asociada á organización e xestión de pequenas competicións e eventos propios da iniciación deportiva en atletismo.

b) Interpretáronse e identificáronse as medidas de protección e de seguridade persoal do/da atleta durante a competición, tendo en conta as características da competición de iniciación en atletismo.

c) Realizáronse xestións de petición dos permisos necesarios para a realización da actividade, competición ou evento de iniciación deportiva en atletismo.

d) Realizáronse accións de colaboración e intervención na organización e xestión de pequenas competicións e eventos propios da iniciación deportiva en atletismo.

e) Realizouse a recollida de documentación para a inscrición dos/das participantes nunha actividade ou eventos de iniciación deportiva en atletismo.

f) Aplicáronse criterios á revisión e confidencialidade da documentación necesaria para a inscrición.

g) Elaborouse a información sobre a actividade ou a competición de atletismo para os/as pais/nais ou titores/as legais dos/das participantes.

h) Aplicáronse criterios de selección do material para o equipamento dunha instalación de actividades de iniciación en atletismo, tendo en conta as características da actividade e as normas e instrucións establecidas.

i) Efectuáronse operacións de equipamento e desequipamento dunha instalación de actividades de iniciación en atletismo, aplicando as técnicas e os procedementos axeitados e seguindo as instrucións e normas establecidas.

j) Identificáronse as condicións de seguridade da instalación para a realización de actividades de iniciación e acompañamento en atletismo, interpretando a normativa aplicable.

4. Concreta e dirixe sesións de iniciación deportiva en atletismo e dirixe o/a atleta en competicións, interpretando programacións de referencia, executando procedementos e técnicas relacionadas co proceso de ensino-aprendizaxe e transmitindo valores éticos vinculados ao respecto e coidado polo propio corpo, respecto as demais persoas, o xogo limpo, a responsabilidade e o esforzo persoal.

a) Identificáronse e seleccionáronse os materiais, medios e recursos necesarios para o desenvolvemento da actividade atlética.

b) Identificáronse as condicións ambientais necesarias para o desenvolvemento da sesión, aplicando técnicas e procedementos establecidos e respectando as normas de seguridade establecidas para as actividades de iniciación en atletismo.

c) Recibiuse e despediuse o/a atleta seguindo o protocolo establecido, identificando as súas demandas e necesidades, e motivándoo/a para a práctica continuada do atletismo.

d) Demostrouse interese pola captación, motivación e adhesión á práctica dos/das atletas e usuarios/as.

e) Valoráronse as habilidades e destrezas específicas dos/das atletas co obxecto de determinar o seu nivel propoñendo a súa incorporación a un grupo e tomando as medidas de corrección axeitadas.

f) Concretouse a sesión de ensino-aprendizaxe da iniciación en atletismo seguindo a programación de referencia e adecuándose ao grupo e ás condicións materiais existentes.

g) Tívose en conta o desenvolvemento natural do/da atleta propoñendo tarefas variadas que proporcionen variabilidade/diversidade nas experiencias motoras requiridas para o atletismo tendo en conta as características do/da atleta.

h) Explicouse e exemplificáronse as tarefas propostas, executando as accións técnicas segundo os estándares da iniciación en atletismo e os procedementos establecidos.

i) Establecéronse as condicións de seguridade necesarias na iniciación en atletismo, interpretando as instrucións ou normas e aplicando os procedementos establecidos.

j) Dirixiuse a sesión de ensino-aprendizaxe de iniciación en atletismo, solucionando as continxencias existentes, para conseguir a participación e rendemento conforme os obxectivos propostos daquela, e as marxes de seguridade requiridas.

k) Valorouse o desenvolvemento da sesión, aplicando procedementos de recollida e procesamento da información necesaria para a elaboración de xuízos que permitan o axuste e mellora permanente do proceso de ensino-aprendizaxe e das actividades propias da iniciación do atletismo.

l) Demostrouse interese pola coeducación, a transmisión de valores éticos, persoais e sociais a través da práctica deportiva: xogo limpo, respecto á saúde persoal, ás demais persoas e ao contorno.

5. Acompaña o/a deportista en competicións de iniciación ao atletismo, interpretando as normas e regulamentos, executando os procedementos e técnicas de transmisión de valores.

a) Comprobouse o estado da inscrición do grupo de atletas na competición de iniciación en atletismo, seguindo as instrucións e normas establecidas.

b) Informouse o/a atleta das características do regulamento da competición, interpretando a documentación sobre esta.

c) Aplicáronse procedementos de reclamación nunha competición de iniciación en atletismo, aplicando os protocolos e normas establecidos.

d) Aplicáronse criterios de valoración da execución técnica e táctica dos/das atletas nas distintas especialidades utilizando técnicas e procedementos de observación axeitados ao nivel de iniciación ao atletismo.

e) Trasladáronse ao/á atleta as instrucións técnicas e tácticas para a competición de iniciación ao atletismo, tendo en conta as características da competición e do/da atleta.

f) Acompañouse os/as atletas nas competicións, aplicando os procedementos e seguindo as instrucións e normas establecidas.

g) Velouse polo respecto aos valores do xogo limpo, o respecto á saúde persoal e ás demais persoas, durante a participación na competición de iniciación en atletismo, aplicando os procedementos axeitados e respectando as súas normas.

6. Realiza operacións de prestación dos primeiros auxilios, interpretando as normas e protocolos establecidos e aplicando técnicas e procedementos de acordo con instrucións ou normas establecidas.

a) Desenvolvéronse operacións de valoración inicial ao/á accidentado/a, de acordo cos protocolos e instrucións recibidos.

b) Estableceuse a secuencia de actuación de acordo co protocolo establecido polo ILCOR (Comité de coordinación internacional sobre a resucitación).

c) Establecéronse medidas de seguridade e autoprotección persoal nas situacións de prestación dos primeiros auxilios, de acordo cos protocolos e as instrucións recibidos.

d) Aplicáronse técnicas e procedementos de prestación de primeiros auxilios en lesións, segundo os protocolos e a normativa establecidos.

e) Aplicáronse técnicas de soporte vital, seguindo os protocolos e instrucións establecidos.

f) Efectuáronse operacións de desfibrilación externa semiautomática, seguindo os protocolos e instrucións establecidos.

g) Mantívose o autocontrol en situacións de prestación dos primeiros auxilios ao/á accidentado/a tendo en conta os protocolos e instrucións establecidos.

h) Aplicáronse técnicas de apoio psicolóxico ao/á accidentado/a e acompañante, tendo en conta os protocolos e instrucións establecidos.

i) Utilizouse a terminoloxía médico-sanitaria elemental relacionada cos primeiros auxilios.

j) Demostrouse unha actitude positiva cara á reciclaxe e actualización persoal en novos protocolos e instrumentos relacionados cos primeiros auxilios.

ANEXO III
Obxectivos xerais e módulos de ensino deportivo do ciclo final
de grao medio en Atletismo

Obxectivos xerais

a) Identificar e detectar as características técnicas, físicas, psicolóxicas e da competición, aplicando procedementos establecidos, para valorar e seleccionar o/a atleta na etapa de tecnificación deportiva.

b) Analizar e interpretar a programación de referencia do adestramento básico en atletismo, elixindo e deseñando tarefas e aplicando métodos establecidos, para adaptar e concretar a sesión de adestramento básico.

c) Analizar e interpretar a programación de referencia do perfeccionamento técnico en atletismo, elixindo e deseñando tarefas e aplicando métodos establecidos, para adaptar e concretar os programas específicos de tecnificación deportiva.

d) Estruturar, elaborar e describir os obxectivos e contidos do ensino do atletismo, aplicando metodoloxías específicas, tendo en conta os principios da aprendizaxe motora e da práctica saudable, para deseñar programas de iniciación deportiva.

e) Describir, elixir e demostrar as técnicas e estratexias de dirección de sesións, de control da continxencia propias do atletismo, aplicando procedementos de observación, control e dinamización e resolvendo supostos, para dirixir a sesión de adestramento e perfeccionamento na etapa de tecnificación deportiva en atletismo.

f) Analizar as condicións de seguridade das instalacións e medios propios da tecnificación deportiva en atletismo, aplicando os procedementos establecidos e a normativa vixente, para controlar a seguridade na práctica neste nivel.

g) Analizar os aspectos técnicos e tácticos propios da competición de tecnificación deportiva, aplicando procedementos establecidos e tendo en conta as características dos/das participantes e o regulamento para dirixir atletas en competicións deste nivel.

h) Analizar e elaborar a estrutura organizativa das competicións e eventos propios do nivel de iniciación deportiva e identificar as características organizativas de competicións de tecnificación deportiva, enumerando os requisitos administrativos, os medios materiais e humanos necesarios e aplicando o marco legal que as regula, para organizar e colaborar na xestión de competicións e eventos.

i) Identificar e analizar as características organizativas, medios materiais e humanos, aplicando procedementos establecidos de xestión e comunicación, para coordinar outro persoal técnico encargado da iniciación deportiva.

j) Identificar e analizar as variables que interveñen no proceso de tecnificación deportiva en atletismo, aplicando procedementos de recollida e valoración da información e de axuste de programas, para avaliar este proceso.

k) Identificar e describir as características do proceso de adquisición de valores e actitudes, sendo consciente e argumentando os efectos que provocan nos/nas atletas, para transmitir valores propios da actividade deportiva a través do comportamento ético persoal.

l) Recoñecer, promover e xustificar os valores de compromiso, traballo ben feito e aprendizaxe constante, describindo os aspectos observables da conduta que reflicten estes valores, para manter o espírito de responsabilidade individual, esforzo persoal e innovación no desempeño do seu labor como persoal técnico.

m) Recoñecer, promover e xustificar os valores do traballo cooperativo e colaborativo, describindo os factores fundamentais de cohesión e desempeño que o caracterizan para manter a iniciativa e a autonomía dentro do traballo en equipo.

n) Describir e aplicar os programas de iniciación deportiva en atletismo para persoas con discapacidade, clasificando as características das discapacidades, para fomentar a igualdade de oportunidades.

Módulo común de ensino deportivo: Bases da aprendizaxe deportiva

Código: MED-C201

Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación

1. Identifica as características do/da deportista de tecnificación deportiva (TD), relacionándoas coa etapa da adolescencia e analizando as variables psicolóxicas implicadas no rendemento deportivo.

a) Describíronse as características psicolóxicas propias da adolescencia.

b) Aplicáronse métodos de valoración das características psicolóxicas da etapa de TD.

c) Enumeráronse os trazos sociais máis frecuentes dos/das adolescentes.

d) Determináronse os elementos que forman parte do contorno familiar, social e deportivo do/da deportista da etapa de TD.

e) Aplicáronse procedementos de avaliación dos trazos sociais máis frecuentes no/na adolescente.

f) Describíronse os factores psicolóxicos que facilitan a aprendizaxe na etapa de TD: a motivación, a concentración, o control de pensamentos e o control das emocións.

g) Describíronse as características e tipos de motivación no deporte.

h) Argumentouse a contribución da motivación no fomento da TD.

i) Analizáronse os procedementos do mantemento da motivación durante a etapa de TD.

j) Aplicáronse estratexias psicolóxicas para o mantemento da concentración e o control de pensamentos e emocións en adestramentos e competicións propios da etapa de TD.

k) Valorouse a necesidade de integrar os aspectos psicosociais na preparación deportiva na etapa de TD.

2. Valora o proceso de perfeccionamento técnico e táctico do/da deportista, analizando as características da aprendizaxe motora e os factores que interveñen.

a) Describíronse as diferentes teorías da aprendizaxe motora.

b) Analizouse o proceso de aprendizaxe con base nos mecanismos de percepción, decisión e execución de accións motoras, e os seus mecanismos de regulación.

c) Valorouse a importancia de estimular os mecanismos de percepción e decisión (aspectos tácticos e estratéxicos) como construtor previo aos mecanismos de execución (aspectos técnicos).

d) Comparáronse as fases do proceso de aprendizaxe na adquisición de habilidades motoras.

e) Analizouse a tarefa, identificando os factores que determinan a súa complexidade a partir dos mecanismos de percepción, decisión e execución.

f) Analizáronse os factores que inflúen na aprendizaxe dependente do alumnado, da habilidade e/ou do proceso de ensino-aprendizaxe.

g) Identificouse a importancia da memoria nos procesos de aprendizaxe.

h) Identificouse a transferencia como elemento importante para ter en conta na aprendizaxe.

i) Aplicáronse os principios da aprendizaxe motora: exercicio, reforzo, retención e transferencia.

j) Definiuse o concepto, características e tipos de avaliación.

k) Elaboráronse procedementos e instrumentos de avaliación axeitados para a valoración do proceso de perfeccionamento técnico e táctico do/da deportista.

l) Valorouse a necesidade de adecuar as tarefas ao nivel de desenvolvemento técnico e táctico do/da deportista, garantindo a súa significatividade e a motivación do alumnado.

3. Aplica as técnicas de dirección, organización e dinamización de actividades de adestramento básico e perfeccionamento técnico analizando a metodoloxía e os procedementos de control e dinamización axeitados.

a) Definíronse as diferentes técnicas de dirección, organización e dinamización de actividades de adestramento básico e perfeccionamento técnico.

b) Describíronse as diferentes estratexias metodolóxicas que se poden aplicar atendendo ás características do grupo.

c) Describíronse e aplicáronse os diferentes estilos de ensino en función das características do grupo e dos contidos que se van impartir.

d) Valorouse o tempo de práctica individual como criterio de calidade nas sesións de adestramento básico (AB) e perfeccionamento técnico (PT).

e) Valorouse a importancia da organización do espazo e do material como factor de mellora da participación do alumnado e de redución de condutas non desexadas en tarefas e sesións de AB e PT.

f) Detectáronse os efectos da posición e desprazamento do persoal técnico como factor de control e dinamización das tarefas.

g) Valorouse a importancia da actitude do persoal técnico como factor de motivación e activación nas tarefas e sesións de AB e PT.

h) Aplicáronse diferentes tipos de feedback desde o punto de vista da súa eficacia (coñecemento de resultados e coñecemento do rendemento).

i) Identificáronse as variables que se terán en conta na administración do feedback: momento de aplicación, frecuencia na administración e a cantidade.

j) Identificáronse e aplicáronse as diferentes formas de distribución da práctica como un dos factores que inflúen na aprendizaxe, ao longo do proceso de ensino-aprendizaxe.

k) Describíronse e argumentáronse as características e as posibles causas dos comportamentos non desexados nas tarefas e sesións de AB e PT.

l) Analizáronse e aplicáronse as medidas de intervención do persoal técnico ante posibles condutas non desexadas en tarefas e sesións de AB e PT.

4. Interpreta a programación do ensino deportivo analizando os seus compoñentes e deseñando actividades en función da etapa de aprendizaxe do/da deportista.

a) Describíronse os tipos de programación de tecnificación deportiva, os seus principios e diferentes fases.

b) Identificáronse os obxectivos, contidos, medios, métodos e instrumentos de avaliación dun programa de ensino deportivo.

c) Valorouse a importancia da programación como elemento de control da evolución das aprendizaxes deportivas.

d) Describíronse as consideracións básicas no deseño de programas de iniciación deportiva.

e) Analizáronse as características e estrutura da sesión de aprendizaxe como unidade básica de programación deportiva.

f) Aplicáronse criterios de modificación de tarefas a partir da programación de referencia segundo a etapa de aprendizaxe deportiva.

g) Identificáronse os elementos de complexidade da tarefa e o seu axuste en relación cos mecanismos da súa regulación.

h) Describíronse os conceptos de progresión, interferencia contextual e significatividade das tarefas na aprendizaxe deportiva.

i) Valorouse a importancia da progresión e a interferencia contextual no deseño e na modificación de tarefas como factor de mellora na aprendizaxe deportiva.

j) Destacouse a importancia da motivación do/da deportista cara á tarefa como elemento clave na súa mellora e a súa adhesión á práctica.

5. Coordina a intervención do persoal técnico ao seu cargo, aplicando técnicas de xestión de recursos humanos.

a) Diferenciáronse as funcións do persoal técnico coordinado polo/pola adestrador/a.

b) Definíronse as técnicas de comunicación máis eficaces na coordinación do traballo do persoal técnico ao seu cargo.

c) Describíronse os diferentes estilos de condución do grupo, en función das situacións e das características do persoal técnico que se vai dirixir.

d) Elaboráronse dinámicas de grupo que potencian a capacidade de traballo en equipo e de escoita.

e) Valorouse a necesidade de cooperar para optimizar o rendemento do equipo de traballo.

6. Tutela os/as deportistas durante a súa participación en adestramentos e competicións, identificando e inculcando actitudes e valores persoais e sociais.

a) Identificáronse os principais problemas éticos propios da etapa de TD.

b) Valorouse a importancia de aplicar principios éticos durante a participación en competicións deportivas.

c) Identificáronse as principais formas de actuación do persoal técnico deportivo para inculcar actitudes e valores de respecto, xogo limpo e traballo en equipo nas competicións deportivas.

d) Valorouse a importancia de desenvolver unha actitude responsable e asertiva que favoreza a transmisión de valores persoais e sociais a través do deporte.

e) Aplicáronse procedementos de resolución de problemas e conflitos éticos que poden xurdir durante a competición deportiva.

f) Identificáronse os principais elementos do contexto que inflúen nas condutas éticas e inmorais durante a práctica deportiva.

g) Describíronse os principios deontolóxicos profesionais do persoal técnico deportivo.

h) Describíronse e aplicáronse mecanismos de adaptación da competición para favorecer unha práctica inclusiva na etapa de tecnificación deportiva.

i) Valorouse a importancia de fomentar o desenvolvemento integral do/da deportista e non só o aspecto técnico deportivo.

j) Describíronse e aplicáronse técnicas e instrumentos de avaliación e medida de actitudes e valores no deporte.

Contidos básicos

1. Identifica as características do/da deportista de tecnificación deportiva (TD), relacionándoas coa etapa da adolescencia e analizando as variables psicolóxicas implicadas no rendemento deportivo.

• Análise das características psicosociais dos/das deportistas na etapa de tecnificación deportiva:

– Características psicolóxicas da adolescencia.

– Trazos sociais dos/das adolescentes.

– Diferenzas entre rapaces e rapazas na adolescencia.

– Elementos do contorno familiar, social e deportivo na TD.

– Aplicación de métodos para avaliar as características psicosociais dos/das deportistas na etapa de TD e do seu contorno familiar, social e deportivo.

– Valoración da necesidade de integrar os aspectos psicosociais da adolescencia na preparación deportiva da etapa de TD.

• Identificación e control dos factores psicolóxicos máis relevantes na etapa de tecnificación deportiva:

– A motivación:

- Características e tipos.

- Procedementos para o mantemento da motivación durante a etapa de TD.

- Valoración do papel destacado da motivación no fomento da TD.

– A concentración:

- Características psicolóxicas.

- Aplicación de recursos para facilitar o mantemento da concentración en adestramentos e competicións.

– Control de pensamentos e emocións:

- Características psicolóxicas.

- Medo ao fracaso e ansiedade precompetitiva.

- Burnout (síndrome da persoa queimada) en mozos/as deportistas.

- Aplicación de recursos para facilitar o control de pensamentos e emocións en adestramentos e competicións.

2. Valora o proceso de perfeccionamento técnico e táctico do/da deportista, analizando as características da aprendizaxe motora e os factores que interveñen.

• Análise das características da aprendizaxe motora e os factores que interveñen:

– Teorías da aprendizaxe motora.

– Mecanismos de aprendizaxe: a percepción, a decisión, a execución e os seus mecanismos de regulación.

– Fases da aprendizaxe deportiva:

- Cognitiva (iniciación).

- Asociativa (perfeccionamento).

- Automática (dominio).

– A importancia da aprendizaxe con base nos mecanismos de percepción e decisión sobre os aspectos de execución.

– Factores de que depende a aprendizaxe:

- Identificación dos factores que inflúen na aprendizaxe dependentes do alumnado: idade, sexo, coñecementos previos, coeficiente intelectual, motivación etc.

- Identificación dos factores que inflúen na aprendizaxe dependentes da habilidade: atendendo ao mecanismo implicado e á complexidade da tarefa.

- Identificación dos factores que inflúen na aprendizaxe dependentes do proceso de ensino-aprendizaxe: transmisión de información, progresión e distribución da práctica.

- Valoración da importancia de adaptar as tarefas ás necesidades do alumnado.

– Principios da aprendizaxe motora:

- Aplicación dos principios da aprendizaxe motora: exercicio, reforzo, retención e transferencia.

- A transferencia: tipos e aplicacións á aprendizaxe.

- A memoria.

- Importancia da transferencia do aprendido a outros contextos.

• O proceso de perfeccionamento técnico e táctico do/da deportista:

– Identificación das características técnicas e tácticas propias da etapa de perfeccionamento.

• A avaliación: concepto, características e tipos.

– Deseño e aplicación de procedementos e instrumentos de avaliación do proceso de perfeccionamento técnico e táctico do/da deportista: obxectivos/subxectivos e cualitativos/cuantitativos.

– Valoración da importancia da avaliación para valorar a adquisición de novas aprendizaxes e a estabilidade dos xa aprendidos.

3. Aplica as técnicas de dirección, organización e dinamización de actividades de adestramento básico e perfeccionamento técnico analizando a metodoloxía e os procedementos de control e dinamización axeitados.

• Análise da metodoloxía e os procedementos de control e dinamización de actividades de adestramento básico e perfeccionamento técnico.

– Técnicas de dirección, organización e dinamización de actividades.

– Os estilos de adestrador/a na dirección de grupos.

– Estratexias metodolóxicas e estilos de ensino en función das características do grupo e a actividade.

– Valoración do tempo de práctica do alumnado.

– Técnicas de xestión das actividades para optimizar os tempos de práctica e o control do grupo.

– Importancia da posición estratéxica do persoal técnico na actividade.

– Implicación activa do persoal técnico nas tarefas para involucrar e motivar o alumnado.

– Diferentes tipos de feedback, variables e tipos desde o punto de vista da súa eficacia (coñecemento de resultados e coñecemento do rendemento).

– Identificación da práctica concentrada ou distribuída en función do tipo de actividade e características do grupo.

– As condutas disruptivas e situacións de conflito nas actividades.

– Xestión de recursos fronte ás condutas non desexadas.

4. Interpreta a programación do ensino deportivo analizando os seus compoñentes e deseñando actividades en función da etapa de aprendizaxe do/da deportista.

• Interpretación e deseño de programacións:

– Tipos, principios e fases da programación deportiva.

– Elementos da programación das aprendizaxes deportivas: obxectivos, contidos, medios, métodos e instrumentos de avaliación.

– Interpretación da programación do ensino deportivo.

– Elaboración e aplicación de programas de iniciación deportiva.

– Deseño de sesións de aprendizaxe na iniciación deportiva.

– Elaboración de secuencias de aprendizaxe, aplicación de criterios para a modificación de tarefas de aprendizaxe deportiva.

– A programación como elemento de avaliación das aprendizaxes deportivas.

• Elección e deseño de tarefas motoras:

– A tarefa motora: complexidade e dificultade, factores de que depende.

– A progresión, significatividade e interferencia contextual nas tarefas durante as secuencias de aprendizaxe.

– Valoración da progresión das aprendizaxes como elemento fundamental no deseño e modificación/manipulación de tarefas.

– Valoración da importancia de adecuar as tarefas ás características e intereses dos/das deportistas.

5. Coordina a intervención do persoal técnico ao seu cargo, aplicando técnicas de xestión de recursos humanos.

• Dirección e coordinación de grupos de traballo:

– Dinámica e características de grupos de traballo non xerarquizados.

– Asignación de roles: claridade, aceptación e cumprimento das funcións do persoal técnico.

– Valoración da necesidade de cooperar.

• Aplicación de técnicas de comunicación e condución de grupos:

– Técnicas de comunicación para a coordinación de grupos non xerarquizados.

– Adecuación dos estilos de condución ás necesidades da situación e das persoas.

– Dinámicas de grupo que potencian o traballo en equipo e a capacidade de escoita.

6. Tutela os/as deportistas durante a súa participación en adestramentos e competicións, identificando e inculcando actitudes e valores persoais e sociais.

• Identificación de actitudes e valores persoais e sociais en relación coa práctica deportiva e a competición:

– Principais problemas éticos na etapa de TD: abandono, exclusión da práctica e busca de resultados.

– O contexto da práctica deportiva (clubs, asociacións, organizadores deportivos, árbitros/as, medios de comunicación etc.) na promoción e no desenvolvemento de valores no deporte.

– Avaliación e medida de actitudes e valores no deporte: técnicas e instrumentos de medida dos valores no deporte (diario de sesións, test sociométrico, cuestionarios, perfil de polaridade etc.).

• Transmisión de actitudes e valores persoais e sociais en relación coa práctica deportiva e a competición:

– Características do persoal técnico deportivo para favorecer a transmisión de valores persoais e sociais a través do deporte:

- Empatía, asertividade, sensibilidade moral, capacidade de liderado, fomento do traballo en equipo etc.

– Necesidade de desenvolvemento da responsabilidade persoal e a asertividade na transmisión de valores persoais e sociais a través do deporte.

– Estratexias para resolución de conflitos que poidan xurdir durante a participación en eventos deportivos e competicións (role-playing, banco de reflexión, dilemas morais etc.).

– Principios deontolóxicos do persoal técnico deportivo.

– Adaptación das estruturas competitivas ao desenvolvemento de valores persoais e sociais (mantemento do carácter lúdico e de participación de todos e todas, e cambios regulamentarios).

Módulo común de ensino deportivo: Bases do adestramento deportivo

Código: MED-C202

Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación

1. Identifica as características físicas de homes e mulleres, analizando as funcións anatómico-fisiolóxicas do organismo en relación co exercicio físico.

a) Describiuse a estrutura e a organización do organismo en función das súas unidades estruturais (células, tecidos e sistemas).

b) Diferenciáronse as distintas posibilidades de movemento do corpo humano, usando a terminoloxía correcta para a descrición de posicións e direccións, en función dos eixes e planos anatómicos.

c) Analizouse e describiuse a estrutura e funcionamento do aparello locomotor (ósos, articulacións e músculos).

d) Analizouse e describiuse a estrutura e o funcionamento do sistema nervioso en relación ao exercicio, atendendo á estrutura e función da neurona, e ao proceso de sinapse nerviosa.

e) Analizouse e describiuse a estrutura e funcionamento do aparello cardiocirculatorio en relación co exercicio, atendendo á estrutura e dinámica do sangue, o corazón e os vasos sanguíneos.

f) Analizouse e describiuse a estrutura e funcionamento do aparello respiratorio en relación co exercicio físico.

g) Analizouse e describiuse a estrutura e funcionamento do sistema endócrino, en relación coas hormonas e glándulas endócrinas determinantes no desenvolvemento e ao exercicio físico.

h) Analizouse e describiuse o ciclo menstrual feminino en relación co adestramento deportivo.

i) Analizouse e describiuse a estrutura e funcionamento do sistema dixestivo.

j) Describíronse as diferentes fontes enerxéticas no organismo, relacionándoas coa súa implicación no exercicio físico.

k) Describíronse as principais adaptacións do organismo ao exercicio físico.

l) Valorouse a importancia das funcións anatómico-fisiolóxicas como base do adestramento deportivo.

2. Promove prácticas deportivas saudables, identificando as pautas hixiénicas máis axeitadas nas etapas de iniciación e tecnificación deportiva.

a) Analizáronse as repercusións positivas máis relevantes da práctica deportiva sobre o organismo humano.

b) Analizáronse as consecuencias negativas que pode levar consigo unha práctica deportiva inadecuada.

c) Identificáronse as contraindicacións (patolóxicas) xerais máis importantes á práctica de exercicio físico.

d) Analizáronse os beneficios dunha axeitada hixiene deportiva.

e) Respectáronse unhas pautas básicas en canto ao equipamento e os coidados hixiénico-corporais básicos na práctica deportiva.

f) Desenvolvéronse actividades de quecemento xeral e arrefriamento do/da deportista.

g) Aplicáronse os principios da hixiene postural na práctica de exercicios de acondicionamento físico xeral.

h) Identificáronse hábitos posturais axeitados na práctica de actividades cotiás.

i) Describíronse as bases para unha alimentación e hidratación axeitadas antes, durante e despois do exercicio.

j) Analizáronse hábitos insalubres contraproducentes para o desenvolvemento físico das persoas, e especialmente en relación cos e coas deportistas mozos/as.

k) Describíronse as consecuencias do adestramento deportivo sobre a saúde das deportistas.

l) Valorouse a importancia de prever as consecuencias negativas dunha mala práctica deportiva.

3. Valora a condición motriz xeral de homes e mulleres aplicando as técnicas e metodoloxía de avaliación axeitada distinguindo as diferentes capacidades físicas básicas.

a) Describiuse o concepto de capacidade motriz da persoa.

b) Identificáronse as capacidades coordinativas e condicionais como constitutivas da capacidade motriz da persoa.

c) Describíronse as características das capacidades condicionais da persoa.

d) Describíronse as características das capacidades coordinativas da persoa.

e) Clasificáronse os instrumentos e medios máis importantes para a valoración das capacidades condicionais.

f) Clasificáronse os instrumentos e medios máis importantes para a valoración das capacidades coordinativas.

g) Describiuse a evolución da capacidade motriz da persoa durante a adolescencia.

h) Valorouse a importancia da obxectividade, fiabilidade e validez dos métodos de medición das capacidades condicionais.

i) Valorouse a importancia da obxectividade, fiabilidade e validez dos métodos de medición das capacidades coordinativas.

4. Interpreta a programación describindo os principios e os elementos básicos do adestramento deportivo.

a) Describíronse e analizáronse os principais compoñentes das cargas de adestramento en relación a unha programación establecida.

b) Describíronse os principais conceptos de programación en adestramento deportivo.

c) Analizáronse, interpretáronse e comparáronse os elementos básicos da programación deportiva.

d) Analizáronse os diferentes mesociclos de toda programación deportiva.

e) Analizáronse os diferentes microciclos de toda programación deportiva.

f) Analizáronse os diferentes tipos e características da sesión de adestramento.

g) Analizáronse e interpretáronse programacións deportivas na etapa de tecnificación deportiva.

h) Identificáronse e analizáronse os procedementos de rexistro de toda programación deportiva.

i) Analizáronse os principios do adestramento deportivo e a súa relación coa programación deportiva.

j) Analizáronse e interpretáronse as principais leis que rexen o adestramento deportivo.

k) Valorouse a importancia da programación no proceso de adestramento.

5. Desenvolve a condición motriz xeral de homes e mulleres, analizando os principios metodolóxicos do adestramento das capacidades e os medios utilizados.

a) Analizáronse e aplicáronse os principios de incremento da carga de adestramento.

b) Analizáronse e aplicáronse os principios metodolóxicos do adestramento da forza.

c) Analizáronse e aplicáronse os principios metodolóxicos do adestramento da resistencia.

d) Analizáronse e aplicáronse os principios metodolóxicos do adestramento da velocidade.

e) Analizáronse e aplicáronse os principios metodolóxicos do adestramento da flexibilidade.

f) Analizáronse e aplicáronse os principios metodolóxicos do adestramento das capacidades coordinativas.

g) Analizáronse os principais medios do adestramento da forza.

h) Analizáronse os principais medios do adestramento da resistencia.

i) Analizáronse os principais medios do adestramento da velocidade.

j) Analizáronse os principais medios do adestramento da flexibilidade.

k) Analizáronse os principais medios do adestramento das capacidades coordinativas.

l) Valorouse a importancia dos principios metodolóxicos e medios de adestramento das capacidades para o correcto desenvolvemento da condición motriz xeral das persoas.

Contidos básicos

1. Identifica as características físicas de homes e mulleres, analizando as funcións anatómico-fisiolóxicas do organismo en relación co exercicio físico.

• Células, tecidos e sistemas no organismo: estrutura e organización xeral.

• Descrición espacial do movemento: posición anatómica, eixes e planos anatómicos. Terminoloxía de posición e dirección.

• Aparello locomotor: principais ósos, articulacións e músculos. Estrutura e mobilidade das principais rexións anatómicas.

• Sistema nervioso: neurona, sinapse e transmisión do impulso nervioso.

• Aparello cardiocirculatorio: o corazón, resposta circulatoria ao exercicio e conceptos relacionados. Frecuencia cardíaca e volume sistólico.

• Aparello respiratorio: estrutura anatómica, capacidades e volumes pulmonares. Resposta ventilatoria ao exercicio.

• Sistema endócrino: principais hormonas e glándulas endócrinas. Resposta hormonal ao exercicio.

• Ciclo menstrual: características, influencia na práctica da actividade físico-deportiva, menarquía e amenorrea primaria e secundaria.

• Sistema dixestivo: anatomía e fisioloxía básica.

• Metabolismo enerxético: ATP e principais vías metabólicas.

• Adaptacións dos diferentes sistemas implicados no exercicio físico.

2. Promove prácticas deportivas saudables, identificando as pautas hixiénicas máis axeitadas nas etapas de iniciación e tecnificación deportiva.

• Deporte-saúde: concepto e relación con outros ámbitos deportivos.

• Beneficios da práctica físico-deportiva sobre o organismo: repercusións físicas, psicoemocionais e psicosociais.

• Riscos propios dunha práctica deportiva inadecuada: repercusións físicas, psicoemocionais e psicosociais.

• Contraindicacións xerais máis importantes á práctica de exercicio físico: contraindicacións absolutas e relativas e precaucións.

• Hixiene deportiva: pautas xerais, hábitos e coidados hixiénico-corporais e equipamento deportivo.

• Efectos do adestramento deportivo na saúde específica das deportistas: beneficios (incremento do capital óseo, entre outros) e riscos dunha práctica inadecuada (tríada, entre outros).

• Hixiene postural na práctica de exercicios de acondicionamento físico: pautas básicas de corrección postural e exercicios desaconsellados.

• Hixiene postural na práctica de actividades cotiás.

• O quecemento e a volta á calma na sesión deportiva.

• A alimentación e a hidratación vinculadas ao exercicio (antes, durante e despois do exercicio físico).

• Hábitos insalubres contraproducentes para a práctica deportiva: alcohol, tabaco e outras drogas. «Comida lixo». Trastornos alimentarios.

3. Valora a condición motriz xeral de homes e mulleres aplicando as técnicas e a metodoloxía de avaliación axeitada distinguindo as diferentes capacidades físicas básicas.

• Capacidades motrices: xeneralidades.

• Capacidades coordinativas: xeneralidades.

• Capacidades condicionais: xeneralidades.

• A resistencia.

• A velocidade.

• A forza.

• ADM.

• A axilidade.

• A coordinación.

• O equilibrio.

• Control do adestramento: instrumentos e valoración das capacidades condicionais e as capacidades coordinativas.

4. Interpreta a programación describindo os principios e os elementos básicos do adestramento deportivo.

• O adestramento deportivo: concepto, obxectivos e características. Elementos configurativos.

• A carga de adestramento: conceptos, características, elementos básicos, medios e métodos de aplicación. Control e incremento da carga: volume, intensidade, recuperación, densidade etc.

• Principios básicos do adestramento deportivo.

• Leis básicas do adestramento deportivo: síndrome xeral de adaptación, sobrecompensación e recuperación.

• Factores de rendemento.

• Períodos e ciclos de adestramento.

• Programación do adestramento e a competición: obxectivos, contidos e periodización.

5. Desenvolve a condición motriz xeral de homes e mulleres, analizando os principios metodolóxicos do adestramento das capacidades e os medios utilizados.

• Adestramento xeral e específico.

• A resistencia: principios metodolóxicos e medios de adestramento.

• A velocidade: principios metodolóxicos e medios de adestramento.

• A forza: principios metodolóxicos e medios de adestramento.

• ADM: principios metodolóxicos e medios de adestramento.

• Capacidades coordinativas: principios metodolóxicos e medios de adestramento.

Módulo común de ensino deportivo: Deporte adaptado e discapacidade

Código: MED-C203

Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación

1. Organiza sesións de iniciación deportiva analizando as necesidades das persoas con discapacidade.

a) Describíronse os principais tipos de discapacidade atendendo ao mecanismo funcional afectado e as súas consecuencias a nivel perceptivo motor.

b) Recoñecéronse pautas de traballo específicas na iniciación deportiva segundo os diferentes tipos de discapacidade.

c) Aplicáronse procedementos básicos de recollida de información do comportamento motor da persoa con discapacidade (especialmente en relación co transporte, o control de obxectos e as súas habilidades motrices básicas).

d) Determináronse medidas de seguridade específicas na iniciación deportiva segundo os diferentes tipos de discapacidade.

e) Determináronse as principais orientacións metodolóxicas que se empregarán segundo o tipo de discapacidade, especialmente en relación coa comunicación e a participación na tarefa.

f) Argumentouse a importancia de identificar, previamente á práctica, as características propias e individuais de todo/a practicante con algunha discapacidade.

2. Aplica recursos que fomentan a participación de persoas con discapacidade en actividades físico-deportivas analizando as características da tarefa e identificando as limitacións para a práctica deportiva orixinadas polo contexto.

a) Valorouse a importancia de maximizar as oportunidades de participación das persoas con discapacidade nas tarefas, xogos e deportes.

b) Analizáronse as principais vías de incorporación á práctica deportiva de persoas con discapacidade.

c) Describíronse os mecanismos de adaptación de tarefas para as persoas con discapacidade que compensan os déficits que se presentan.

d) Aplicáronse procedementos de modificación das tarefas, xogos e deportes para favorecer a participación, o goce e as posibilidades de éxito de persoas con discapacidade na práctica.

e) Valorouse a importancia do fomento da participación activa de persoas con discapacidade en situacións inclusivas de práctica.

f) Identificáronse as principais limitacións cara á práctica provocadas pola falta de accesibilidade nas instalacións e espazos deportivos.

g) Examináronse as limitacións orixinadas pola falta de acceso á información da oferta deportiva e a difusión da práctica.

h) Valorouse a importancia dunha actitude positiva cara á inclusión por parte de compañeiros/as, persoal técnico, as propias familias e as institucións cara á práctica deportiva de persoas con discapacidade.

i) Describíronse as posibilidades do material deportivo adaptado específico dos diferentes xogos e deportes adaptados.

j) Enunciáronse as posibilidades das axudas técnicas atendendo ao tipo de discapacidade e práctica deportiva que realicen as persoas.

3. Organiza os/as deportistas con discapacidade interpretando as principais clasificacións funcionais do deporte adaptado e as características dos deportes adaptados.

a) Describiuse o concepto de clasificación funcional deportiva e o concepto de discapacidade mínima.

b) Enunciáronse as clasificacións funcionais deportivas segundo o tipo de discapacidade.

c) Xustificouse a importancia das clasificacións funcionais para a homoxeneización dos procesos competitivos no deporte adaptado argumentando as diferenzas entre elas.

d) Aplicáronse criterios de adaptación da clasificación para fomentar a participación de mulleres con discapacidade, grandes discapacitados/as e, incluso, persoas sen discapacidade.

e) Identificáronse os xogos e deportes adaptados específicos para persoas con discapacidade, incluíndo as características daqueles que son específicos.

f) Recoñeceuse a importancia de vivenciar algúns deportes adaptados practicados por persoas con discapacidade a través de situacións simuladas.

g) Seleccionouse o deporte adaptado máis axeitado atendendo ao tipo de mecanismo funcional afectado e a clasificación funcional deportiva.

h) Valorouse a importancia da participación de persoas con discapacidade no deporte como peza clave da súa integración social.

4. Orienta as persoas con discapacidade cara á práctica deportiva recoñecendo a estrutura do deporte adaptado e as fontes de información dispoñibles.

a) Relacionouse a orixe do deporte para persoas con discapacidade coa estrutura actual do deporte adaptado.

b) Identificáronse os organismos reguladores do deporte adaptado a nivel internacional, nacional e rexional.

c) Diferenciáronse as estruturas deportivas parolímpicas das que non o son.

d) Valorouse o papel das institucións (federacións deportivas, asociacións, clubs etc.) na organización e fomento da competición, a recreación e a práctica saudable.

e) Diferenciáronse as orixes da práctica deportiva dunha persoa con discapacidade (hospitalaria, asociativa etc.), e as diferentes finalidades (rehabilitadora, terapéutica, recreativa, deportiva etc.) da práctica.

f) Describíronse os diferentes programas de deporte adaptado que existen.

g) Describíronse os principais programas de difusión da práctica e desenvolvemento do deporte adaptado como exemplos de boa práctica.

h) Utilizáronse as fontes de información dispoñibles en deporte adaptado como recurso básico para orientar os/as deportistas con discapacidade.

i) Valorouse a importancia da promoción do deporte adaptado como xerador de valores persoais e sociais e vehículo de integración social.

Contidos básicos

1. Organiza sesións de iniciación deportiva analizando as necesidades das persoas con discapacidade.

• Descrición das discapacidades:

– Discapacidade sensorial: visual e auditiva.

– Discapacidade intelectual: atraso mental e síndrome de Down.

– Discapacidade física: lesión medular, parálise cerebral e amputacións.

• Tipo de discapacidade e a súa relación co mecanismo perceptivo motor.

• Valoración inicial das características específicas das persoas con discapacidade.

• Utilización de ferramentas básicas para a recollida de información da competencia motriz en persoas con discapacidade.

• Aplicación das orientacións metodolóxicas oportunas en función do tipo de discapacidade.

• Aplicación de restricións e condicións básicas de seguridade na práctica deportiva segundo a discapacidade.

• A importancia das adaptacións metodolóxicas e a seguridade na iniciación deportiva de persoas con discapacidade.

2. Aplica recursos que fomentan a participación de persoas con discapacidade en actividades físico-deportivas analizando as características da tarefa e identificando as limitacións para a práctica deportiva orixinadas polo contexto.

• Xustificación da práctica deportiva das persoas con discapacidade como factor clave do seu benestar e calidade de vida.

• As vías de incorporación á práctica de persoas con discapacidade.

• Identificación das principais restricións na participación cara á práctica deportiva provocadas polo contexto.

• Identificación das actitudes no contorno das persoas con discapacidade.

• Barreiras arquitectónicas nas instalacións deportivas.

• Integración e inclusión a través dos xogos e os deportes.

• Identificación e utilización dos mecanismos de adaptación das tarefas, xogos e deportes.

• Aplicación do xogo e as súas diferentes orientacións como elemento de atención á diversidade.

• Características do material deportivo adaptado.

• Axudas técnicas para a práctica deportiva.

• Valoración do papel da integración (inclusión das persoas con discapacidade en xogos e deportes).

• Vivencia de situacións de práctica inclusiva para o fomento da participación de persoas con discapacidade.

3. Organiza os/as deportistas con discapacidade interpretando as principais clasificacións funcionais do deporte adaptado e as características dos deportes adaptados.

• Tipo de deporte adaptado en función do mecanismo funcional afectado.

• Principais clasificacións funcionais deportivas segundo o tipo de discapacidade. O concepto de «mínima discapacidade».

• Clasificacións funcionais como proceso de homoxeneización para a participación.

• Análise da participación das persoas con discapacidade, en función da afectación e do sexo para unha participación igualitaria.

• A práctica deportiva con persoas con discapacidade en condicións de igualdade como factor de integración e participación.

• Características do deporte adaptado.

• Os deportes adaptados específicos.

• A participación de persoas sen discapacidade na práctica de deportes adaptados («integración á inversa»).

• Participación e vivencia dos principais deportes adaptados.

4. Orienta as persoas con discapacidade cara á práctica deportiva recoñecendo a estrutura do deporte adaptado e as fontes de información dispoñibles.

• Orixe e historia do deporte adaptado.

• Estrutura do deporte adaptado.

• O Comité Parolímpico Internacional e o Comité Parolímpico Español.

• As orixes da práctica deportiva dunha persoa con discapacidade e as súas finalidades.

• Os programas de difusión e desenvolvemento do deporte adaptado.

• O papel do tecido asociativo de persoas con discapacidade na difusión da práctica deportiva.

• As principais fontes de información sobre o deporte adaptado.

• O deporte adaptado como promotor de valores e vehículo de integración social.

Módulo común de ensino deportivo: Organización e lexislación deportiva

Código: MED-C204

Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación

1. Interpreta a normativa de competición relacionándoa coa organización deportiva nacional e a súa estrutura administrativa e o réxime disciplinario deportivo.

a) Describíronse os organismos deportivos de ámbito nacional máis importantes e as súas funcións.

b) Relacionouse a lexislación deportiva de ámbito nacional coa súa estrutura administrativa.

c) Identificáronse as características do réxime disciplinario deportivo e as súas funcións.

d) Describiuse o réxime disciplinario deportivo aplicado á competición.

e) Expuxéronse as infraccións e sancións máis importantes relacionadas coa dopaxe, a violencia e a disciplina deportiva xeral.

f) Explicáronse os procedementos de comunicación das sancións deportivas.

g) Identificáronse as funcións dos diferentes órganos disciplinarios (clubs, federacións, Comité Español de Disciplina Deportiva etc.).

h) Identificáronse os órganos responsables da aplicación da normativa sobre a dopaxe.

2. Selecciona e prepara recursos materiais e instalacións necesarias analizando as súas condicións de seguridade e relacionándoa coa normativa vixente.

a) Describíronse as características das instalacións deportivas, a súa funcionalidade e a súa relación cos aspectos de seguridade, e de protección do ambiente.

b) Describíronse os criterios de seguridade que deben cumprir os equipamentos necesarios para a práctica deportiva.

c) Identificouse a normativa de aplicación en relación coa seguridade nas instalacións deportivas.

d) Analizouse o significado e o alcance dos distintos tipos de sinalización de seguridade nunha instalación deportiva.

e) Analizáronse os requisitos básicos de seguridade que deben cumprir as instalacións e o equipamento deportivo para todas as persoas que sexan usuarias ou persoal laboral, segundo a normativa vixente.

f) Analizáronse, nun suposto práctico, as características dos plans de emerxencia e evacuación dunha instalación deportiva.

g) Describíronse as medidas de protección contra actos antisociais e de violencia no deporte, nunha instalación deportiva.

h) Valorouse a importancia de establecer os plans de emerxencia e evacuación nunha instalación deportiva.

3. Prepara o desprazamento da persoa ou grupo, aplicando os procedementos establecidos e a normativa vixente.

a) Interpretouse e cubriuse a documentación e permisos necesarios para a xestión da viaxe.

b) Identificouse a normativa referente aos seguros de accidente e actividade.

c) Comparáronse diferentes tipos de seguros de accidente coas necesidades dun suposto de desprazamento.

d) Valorouse a responsabilidade que ten o persoal técnico sobre o control do grupo nos desprazamentos.

e) Interpretouse a normativa referente á responsabilidade do persoal técnico no desprazamento dos grupos.

f) Deseñouse o plan de viaxe nun suposto práctico de desprazamento dun grupo de deportistas.

4. Dirixe e acompaña deportistas en competicións de nivel de iniciación e tecnificación deportiva analizando as características de organización das competicións.

a) Cubriuse a documentación relativa á inscrición en competicións.

b) Valorouse a importancia da responsabilidade do persoal técnico durante a competición.

c) Identificáronse as fases na organización dunha competición de iniciación ou tecnificación deportiva.

d) Describíronse as funcións máis relevantes na organización dunha competición deportiva.

e) Xustificouse a importancia da cobertura legal: licenza federativa e seguro deportivo do/da deportista durante a competición.

5. Realiza actividades de xestión dun club deportivo aplicando os procedementos axeitados para a súa constitución e posta en marcha.

a) Identificouse a normativa que regula a constitución e funcionamento dun club deportivo en función do seu ámbito de actuación.

b) Identificáronse os trámites necesarios para a creación dun club deportivo en función do seu ámbito de actuación.

c) Analizáronse as posibles vías de financiamento económico existentes para a creación e xestión dun club deportivo segundo as súas características.

d) Describíronse as características organizativas básicas dun club deportivo relacionándoas co obxecto da súa actividade.

e) Valorouse a importancia do club deportivo como elemento favorecedor da práctica deportiva.

f) Identificáronse os elementos necesarios no establecemento de convenios coas administracións públicas, así como outras asociacións de carácter privado.

Contidos básicos

1. Interpreta a normativa de competición relacionándoa coa organización deportiva nacional e a súa estrutura administrativa.

• Lexislación deportiva estatal e normativa relacionada: obxecto e rango e ámbito de aplicación.

• O Consello Superior de Deportes. Estrutura básica e funcións.

• Entidades deportivas españolas: Comité Olímpico Español, Comité Parolímpico Español etc. Estrutura básica e funcionamento.

• Entidades deportivas españolas: federacións españolas deportivas. Estrutura básica e funcionamento.

• Réxime disciplinario deportivo e procedementos sancionadores. Natureza, competencias dos órganos disciplinarios, Axencia Estatal Antidopaxe, Comité Español de Disciplina Deportiva e Comisión Nacional contra a Violencia nos Espectáculos Deportivos.

2. Selecciona e prepara recursos materiais e instalacións necesarias analizando as súas condicións de seguridade e relacionándoa coa normativa vixente.

• Instalacións deportivas: concepto e características funcionais.

• Medidas de protección do ambiente nas instalacións deportivas:

– Aforro e uso eficiente da auga e a enerxía.

– As afeccións no contorno físico. Redución de residuos, apoio á reciclaxe e reutilización.

• Normativa sobre seguridade nas instalacións deportivas. Medidas de protección para usuarios/as e traballadores/as.

• Protección contra actos antisociais e violencia no deporte.

• Análise e aplicación dos plans de emerxencia e evacuación.

• A información sobre seguridade nas instalacións deportivas. Interpretación da sinalización de seguridade.

• Procedementos de revisión dos equipamentos deportivos.

3. Prepara o desprazamento da persoa ou grupo de iniciación e tecnificación deportiva aplicando os procedementos establecidos e a normativa vixente.

• A organización do desprazamento dos grupos deportivos:

– Características, formalización e tipo de documentación e permisos de desprazamento dos/das deportistas, e normativa de aplicación.

• A elección dos seguros de accidentes e de actividade. Tipos e características. Normativa de aplicación.

• Responsabilidade civil do persoal técnico deportivo:

– Características e normativa vixente. O acompañamento ou tutela de menores durante o desprazamento.

• Asunción de normas e responsabilidades do persoal técnico deportivo nas viaxes dos grupos deportivos.

4. Dirixe e acompaña deportistas en competicións de nivel de iniciación e tecnificación deportiva analizando as características de organización das competicións.

• Análise dos requisitos básicos para a participación en competicións de tecnificación deportiva:

– Proceso de inscrición, documentación e prazos.

– Tramitación e características da licenza federativa: autonómica e nacional.

– A tramitación do seguro obrigatorio deportivo.

• Análise das funcións e responsabilidade do persoal técnico deportivo durante a competición.

• Organización e estrutura básica das competicións deportivas, as fases máis relevantes. Funcións da organización.

5. Xestiona un club deportivo aplicando os procedementos axeitados para a súa constitución e posta en marcha.

• O club deportivo. Tipos, características e estrutura básica.

• Normativa de constitución e funcionamento dun club deportivo.

• Procedemento de constitución e inscrición dos clubs deportivos.

• Vías de financiamento dos clubs deportivos: ingresos propios, ingresos indirectos e subvencións de institucións públicas.

– Tipos e modalidades das axudas e subvencións aos clubs. Procedemento de tramitación.

– Convenios de colaboración coa Administración: protocolos, cláusulas e anexos.

– O patrocinio deportivo. Tipos e normativa relacionada.

Módulo común de ensino deportivo: Xénero e deporte

Código: MED-C205

Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación

1. Identifica a realidade do deporte feminino, analizando os elementos sociais que o caracterizan.

a) Identificouse a terminoloxía específica na temática de xénero.

b) Valorouse a importancia da autoavaliación permanente sobre os prexuízos e estereotipos persoais en relación co xénero.

c) Describíronse os prexuízos e estereotipos persoais e sociais, específicos en relación co xénero e coa práctica de actividade físico-deportiva.

d) Identificouse a evolución do deporte feminino e os aspectos que resultaron determinantes na dita evolución.

e) Identificáronse e categorizáronse as diferenzas do deporte feminino en relación co masculino.

f) Describíronse os índices de práctica deportiva feminina nos diferentes ámbitos (deporte escolar, deporte federado etc.).

g) Describiuse e analizouse o abandono feminino e as súas causas.

h) Analizouse a situación das mulleres como persoal técnico, corpo arbitral e adestradoras, así como en diferentes ámbitos da xestión deportiva.

2. Promove a incorporación da muller ao ámbito deportivo analizando as súas peculiaridades específicas, as do seu contexto e aplicando diferentes estratexias de intervención.

a) Describíronse os intereses e as motivacións particulares das mulleres ante a práctica deportiva.

b) Describíronse as principais barreiras que atopan as mulleres no desenvolvemento da práctica deportiva.

c) Valorouse a importancia de potenciar unha imaxe corporal saudable para o benestar da muller deportista.

d) Valorouse a importancia de considerar as características biolóxicas específicas da muller deportista como parte da súa vivencia persoal.

e) Valorouse a importancia de maximizar as oportunidades de participación das mulleres na actividade físico-deportiva.

f) Analizáronse as principais vías de incorporación das mulleres á práctica deportiva.

g) Valorouse a importancia de desenvolver prácticas inclusivas no fomento da participación activa das mulleres no deporte.

h) Aplicáronse estratexias metodolóxicas para favorecer a participación e as posibilidades de éxito das deportistas.

i) Valorouse a importancia dunha actitude positiva dos/das compañeiros/as, persoal técnico, familias e institucións cara á práctica deportiva das mulleres.

j) Identificáronse os usos sexistas da linguaxe e as formas básicas para facer un uso deste que visibilice as mulleres deportistas.

3. Apoia a incorporación da muller ao deporte, identificando o papel das institucións e as liñas de apoio ao deporte feminino.

a) Identificáronse as institucións e organismos vinculados co deporte feminino a nivel nacional, autonómico e local.

b) Valorouse a importancia da coordinación e colaboración interinstitucional no fomento de hábitos de práctica físico-deportiva nas mulleres.

c) Valorouse o papel das institucións (federacións deportivas, asociacións, clubs etc.) na organización e o fomento da competición, a recreación e a práctica da actividade física saudable das mulleres.

d) Describíronse as principais características dos programas de promoción da práctica físico-deportiva nas mulleres.

e) Valoráronse os principais programas de promoción e desenvolvemento da práctica deportiva feminina como exemplos de boas prácticas.

f) Valorouse a importancia da promoción do deporte feminino como xerador de valores persoais, sociais e como vehículo de integración social.

Contidos básicos

1. Identifica a realidade do deporte feminino, analizando os elementos sociais que o caracterizan.

• Terminoloxía específica:

– Sexo-xénero.

– Prexuízo/estereotipo de xénero.

– Igualdade de acceso/igualdade de oportunidades.

– Modelos androcéntricos.

– Expectativas sociais.

• Prexuízos e estereotipos persoais e sociais en relación ao xénero e á práctica de actividade físico-deportiva.

• Evolución da práctica de actividade físico-deportiva das mulleres e factores determinantes.

• Modalidades deportivas con características diferenciais entre homes e mulleres.

• Índices de práctica físico-deportiva feminina nos diferentes ámbitos:

– Ámbito escolar.

– Ámbito federado.

– Ámbito universitario.

– Ámbito recreativo.

• Índices de abandono nos diferentes ámbitos (escolar, federado, universitario, recreativo etc.).

• Causas do abandono da práctica físico-deportiva feminina.

• As mulleres como persoal técnico, adestradoras, corpo arbitral e xestoras deportivas.

2. Promove a incorporación da muller ao ámbito deportivo analizando as peculiaridades específicas da muller deportista e o seu contexto e aplicando diferentes estratexias de intervención.

• Intereses e motivacións específicas da muller ante a práctica físico-deportiva.

• Barreiras para o desenvolvemento da práctica deportiva.

• Imaxe non sexista na muller deportista:

– Trazos característicos dunha imaxe corporal positiva non sexista e imaxe corporal negativa non sexista.

– Estratexias para fomentar unha imaxe corporal positiva non sexista na muller deportista.

• Influencia das características biolóxicas femininas no desenvolvemento psicosocial da deportista (menarquía, amenorrea, ciclo menstrual, temporalidade da madurez física etc).

• Estratexias de intervención para a plena incorporación das mulleres á práctica físico-deportiva.

– Oportunidades de participación.

– Vías de incorporación.

– Prácticas inclusivas.

– Estratexias metodolóxicas.

– Fomento de actitudes positivas nos diferentes axentes sociais (compañeiros/as, persoal técnico, as propias familias etc.).

• A linguaxe:

– Uso non sexista da linguaxe.

– Linguaxe inclusiva.

– Estratexias básicas.

3. Apoia á incorporación da muller ao deporte, identificando o papel das institucións e as liñas de apoio ao deporte feminino.

• Órganos responsables do deporte feminino dentro das institucións e organismos:

– Ámbito nacional.

– Ámbito autonómico.

– Ámbito local.

• Coordinación e colaboración institucional no fomento de hábitos de práctica físico-deportiva nas mulleres.

• Programas de promoción e desenvolvemento do deporte feminino:

– Características principais.

– Exemplos de boas prácticas.

• A actividade físico-deportiva como xeradora de valores na poboación feminina:

– Valores persoais.

– Valores sociais.

Módulo específico de ensino deportivo: Perfeccionamento técnico en carreiras e marcha

Código: MED-ATAT201

Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación

1. Valora o rendemento do/da atleta no adestramento e durante a competición na etapa de tecnificación deportiva, analizando os estándares técnicos e as situacións tácticas das carreiras e a marcha.

a) Explicáronse os factores técnicos e tácticos de que depende o rendemento deportivo do/da atleta nas carreiras e na marcha durante a etapa de tecnificación deportiva.

b) Analizáronse os estándares técnicos do/da atleta propios da carreira e a marcha durante esta etapa.

c) Describíronse os criterios de análise do comportamento técnico e táctico do/da atleta no adestramento e na competición das distintas especialidades de carreira e marcha.

d) Describíronse os erros tipo no comportamento técnico e táctico e durante o adestramento e a competición nas distintas especialidades de carreira e marcha.

e) Analizouse a execución do/da atleta durante o adestramento e a competición, identificando as características técnicas/tácticas desta.

f) Xustificouse a importancia da valoración e a análise do comportamento técnico e táctico do/da atleta, dentro das funcións do persoal técnico deportivo.

g) Preparáronse e aplicáronse medios audiovisuais básicos de recollida de datos e a análise do comportamento técnico e táctico do/da atleta durante o adestramento e a competición nas distintas especialidades das carreiras e a marcha.

2. Elabora secuencias de aprendizaxe e promove prácticas deportivas saudables en carreiras e marcha, demostrando os xestos atléticos destas especialidades, modificando a complexidade das secuencias, relacionando os erros de execución coas súas causas, nas etapas de iniciación e tecnificación deportiva.

a) Analizáronse os criterios para a modificación da complexidade das secuencias de traballo para as distintas especialidades de carreira e marcha, de acordo cos diferentes conceptos de progresión e significatividade.

b) Elaboráronse secuencias de tarefas de perfeccionamento técnico, de acordo cos estándares técnicos das especialidades da carreira e da marcha.

c) Relacionáronse os erros no comportamento técnico do/da atleta durante o adestramento e a competición nas distintas especialidades, coas posibles causas e as tarefas para a súa solución.

d) Analizáronse as consecuencias negativas (lesións e enfermidades) que pode levar consigo unha práctica inadecuada das carreiras e a marcha durante a etapa de iniciación e tecnificación.

e) Identificáronse as contraindicacións (patolóxicas) xerais máis importantes propias do adestramento nas carreiras e na marcha, durante a etapa de iniciación e tecnificación.

f) Describíronse as medidas preventivas que utilizan os/as corredores/as e marchadores/as durante a práctica da especialidade deportiva.

g) Aplicáronse actividades de quecemento e volta á calma específicas dos/das corredores/as e marchadores/as.

h) Valorouse a importancia de prever as consecuencias negativas dunha mala práctica deportiva das carreiras e a marcha.

i) Identificáronse as situacións de aprendizaxe en carreira e marcha que fan necesaria a demostración da tarefa por parte do persoal técnico deportivo.

j) Demostráronse as técnicas das carreiras e a marcha propias do nivel de tecnificación, sinalando os aspectos máis importantes para a súa aprendizaxe.

3. Concreta e dirixe sesións de adestramento técnico e táctico, e de acondicionamento físico de carreiras e marcha, analizando e aplicando medios e métodos de adestramento específicos, técnicas de dirección e organización, e aplicando técnicas de autoavaliación.

a) Analizáronse as diferentes técnicas específicas de organización das sesións de preparación técnica e acondicionamento físico dos/das corredores/as e marchadores/as, con especial atención á disposición en función do material, a optimización do espazo e o mantemento do nivel de práctica programado.

b) Dirixiuse unha sesión simulada de preparación técnica e de acondicionamento físico dos/das corredores/as e marchadores/as, de acordo co previsto na programación.

c) Analizáronse as incidencias máis habituais nas sesións de preparación técnica ou de acondicionamento físico das especialidades de carreira e marcha, relacionándoas coas causas e posibles medidas para a súa solución.

d) Analizáronse as características dos medios e métodos específicos para o perfeccionamento técnico, táctico e físico dos/das velocistas.

e) Analizáronse as características dos medios e métodos específicos para o perfeccionamento técnico, táctico e físico dos/das saltadores de valados.

f) Analizáronse as características dos medios e métodos específicos para o perfeccionamento técnico, táctico e físico dos/das mediofondistas, fondistas e corredores/as de obstáculos.

g) Analizáronse as características dos medios e métodos específicos para o perfeccionamento técnico, táctico e físico dos/das marchadores/as.

h) Seleccionáronse as características específicas dunha sesión de adestramento dun/dunha corredor/a ou un/unha marchador/a dando importancia ao adestramento progresivo e metódico a través da utilización de formas xogadas como medio de adestramento.

i) Analizáronse os criterios de combinación do traballo técnico, táctico e físico do/da atleta, concretando unha sesión de cada especialidade de carreiras e marcha.

4. Adapta e concreta os ciclos de adestramento e as competicións do/da atleta, de carreiras e marcha, analizando as programacións de referencia, e os medios específicos de preparación.

a) Describíronse os obxectivos técnicos, tácticos e físicos dos/das corredores/as e marchadores/as nas programacións de referencia da etapa de tecnificación deportiva.

b) Analizouse un suposto de calendario de competicións, clasificando estas de acordo coa súa función dentro do programa de adestramento de referencia.

c) Analizáronse os criterios de selección das competicións en función dos obxectivos e o momento da tempada, e as características da competición.

d) Identificáronse as funcións dos instrumentos e medios de control do rendemento dentro da programación de referencia.

e) Seleccionáronse as características específicas dos diferentes ciclos de preparación dun/dunha corredor/a ou marchador/a, en función da súa situación dentro da programación de referencia e os seus obxectivos.

f) Seleccionáronse os sistemas de cuantificación das cargas de traballo nun ciclo de adestramento.

g) Elaborouse un ciclo completo, a partir dunha programación de referencia, concretando obxectivos, medios, métodos, instrumentos de control, dinámica da carga etc.

h) Valorouse a programación anticipada como factor de calidade dun programa de adestramento do/da atleta.

i) Valorouse a importancia da revisión continua do traballo realizado como factor de mellora da calidade dos programas de adestramento do/da atleta.

Contidos básicos

1. Valora o rendemento do/da atleta no adestramento e durante a competición na etapa de tecnificación deportiva, analizando os estándares técnicos e as situacións tácticas das carreiras e a marcha.

• Estudo das carreiras e a marcha. Perfeccionamento das técnicas.

• Carreiras individuais de velocidade:

– Técnica das carreiras lisas.

– Diferenzas e similitudes entre as diferentes distancias.

– Fases da técnica da zancada. Recepción e apoio, impulsión e suspensión.

– Fases de distribución do esforzo nas carreiras de velocidade.

– Erros máis frecuentes.

• As carreiras de remuda:

– Formas máis usuais do paso do bastón de revezo nas carreiras de remuda: palma arriba, palma abaixo e empuxe.

– Análise da entrega (dador/a) e recepción (receptor/a): prezona e zona, e utilización destas.

– A distribución dos cambios nas postas do 4×100 m segundo as características dos/das remudistas.

– O 4x400 m.

– Erros máis frecuentes.

• As carreiras con valados:

– Descrición técnica das carreiras con valados. Fases de impulsión ante o valado, voo e recepción.

– O ritmo nas distintas probas de valados.

– Erros máis frecuentes na técnica e o ritmo.

• As saídas das carreiras de velocidade:

– Colocación dos tacos nas saídas: curta, intermedia e longa.

– A fase de aceleración.

– Erros máis frecuentes.

• Carreiras individuais de medio fondo, fondo e obstáculos:

– A técnica da zancada.

– O ritmo nas distintas probas de medio fondo, fondo e obstáculos.

– O paso do obstáculo e da ría.

– Erros técnicos e de ritmo máis frecuentes.

• A marcha atlética:

– Descrición da técnica. Fases de contacto-tracción, apoio-sostén, impulso e dobre apoio.

– Erros técnicos máis frecuentes.

– Distribución dos esforzos.

• Utilización de medios audiovisuais:

– Manexo de cámaras de gravación dixital.

– Criterios para a elección dunha correcta filmación.

– Visualización e edición das imaxes mediante programas informáticos.

2. Elabora secuencias de aprendizaxe e promove prácticas deportivas saudables en carreiras e marcha, demostrando os xestos atléticos destas especialidades, modificando a complexidade das secuencias, relacionando os erros de execución coas súas causas, nas etapas de iniciación e tecnificación deportiva.

• O quecemento para as especialidades de carreira e marcha.

• O ensino da técnica nas carreiras individuais de velocidade:

– A progresión na asimilación técnica da zancada en frecuencia e en amplitude.

– Demostración das destrezas básicas. Corrección de erros.

– Lesións. Pautas para a súa prevención.

• O ensino da técnica das remudas:

– Ensino e demostración dos exercicios de asimilación técnica.

– Causas dos erros máis frecuentes do/da dador/a e do/da receptor/a nas distintas remudas.

– Corrección de erros. Lesións. Pautas para a prevención de lesións.

• O ensino da técnica da saída:

– Ensino e demostración dos exercicios de asimilación técnica. A aceleración.

– Corrección de erros. Lesións. Pautas para a prevención de lesións.

• O ensino da técnica nas carreiras con valados:

– Ensino e demostración dos exercicios de asimilación técnica do paso do valado e entre os valados.

– Corrección de erros. Lesións. Pautas para a prevención de lesións.

• O ensino da técnica nas carreiras de medio fondo, fondo e obstáculos:

– Ensino e demostración dos exercicios de asimilación técnica.

– Corrección de erros. Lesións. Pautas para a prevención de lesións.

• O ensino da técnica na marcha:

– A progresión na asimilación técnica do paso da marcha. Ensino e demostración dos exercicios básicos.

– Corrección dos erros máis frecuentes (a flexión e o voo).

– Lesións. Pautas para a prevención de lesións.

3. Concreta e dirixe sesións de adestramento técnico e táctico e de acondicionamento físico de carreiras e marcha, analizando e aplicando medios e métodos de adestramento específicos, técnicas de dirección e organización e aplicando técnicas de autoavaliación.

• As sesións tipo de adestramento:

– A súa organización formal. As formas xogadas da sesión de adestramento. A dirección das sesións. Incidencias máis habituais.

• As carreiras de velocidade:

– Métodos e medios de adestramento do acondicionamento físico, técnico e táctico das carreiras de velocidade.

– A sesión con obxectivo técnico ou de acondicionamento físico. Características. Criterios de combinación.

• As carreiras con valados:

– Métodos e medios de adestramento do acondicionamento físico, técnico e táctico das carreiras con valados.

– A sesión con obxectivo técnico ou de acondicionamento físico. Características. Criterios de combinación.

• As saídas:

– Métodos e medios de adestramento do acondicionamento físico, técnico e táctico das saídas. Características.

• As carreiras de medio fondo, fondo e obstáculos:

– Métodos e medios do adestramento do acondicionamento físico, técnico e táctico do medio fondo e o fondo nas categorías inferiores.

– A sesión con obxectivo técnico ou de acondicionamento físico. Características. Criterios de combinación.

• As probas de marcha:

– Métodos e medios de adestramento do acondicionamento físico, técnico e táctico da marcha atlética.

– A sesión con obxectivo técnico ou de acondicionamento físico. Características. Criterios de combinación.

4. Adapta e concreta os ciclos de adestramento, e as competicións do/da atleta, de carreiras e marcha, analizando as programacións de referencia, e os medios específicos de preparación.

• As carreiras de velocidade:

– A programación dos ciclos de adestramento na etapa de tecnificación das especialidades da velocidade.

– Características dos ciclos de preparación xeral e especial. Obxectivos técnicos, tácticos ou físicos.

– Cuantificación das cargas. Instrumentos e medios de control.

– As competicións dentro dos ciclos.

• As carreiras con valados:

– A programación dos ciclos de adestramento na etapa de tecnificación nas carreiras con valados. Características dos ciclos de preparación xeral e especial. Obxectivos técnicos e tácticos ou físicos.

– Cuantificación das cargas. Instrumentos e medios de control.

– As competicións dentro dos ciclos.

• As carreiras de medio fondo, fondo e obstáculos:

– A programación dos ciclos de adestramento na etapa de tecnificación das carreiras de medio fondo, fondo e obstáculos.

– Características dos ciclos de preparación xeral e especial. Obxectivos técnicos e tácticos ou físicos.

– Cuantificación das cargas. Instrumentos e medios de control.

– As competicións dentro dos ciclos.

• As probas de marcha:

– A programación dos ciclos de adestramento na etapa de tecnificación da marcha atlética.

– Características dos ciclos de preparación xeral e especial. Obxectivos técnicos e tácticos ou físicos.

– Cuantificación das cargas. Instrumentos e medios de control.

– As competicións dentro dos ciclos.

Módulo específico de ensino deportivo: Perfeccionamento técnico en saltos

Código: MED-ATAT202

Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación

1. Valora o rendemento do/da atleta no adestramento e durante a competición na etapa de tecnificación deportiva, analizando os estándares técnicos dos saltos.

a) Explicáronse os factores técnicos de que depende o rendemento deportivo do/da atleta nos saltos durante a etapa de tecnificación deportiva.

b) Analizáronse os estándares técnicos do/da atleta, propios dos saltos durante esta etapa.

c) Describíronse os criterios de análises do comportamento técnico e táctico do/da atleta no adestramento e na competición das distintas especialidades dos saltos.

d) Describíronse os erros tipo no comportamento técnico e táctico durante o adestramento e a competición nas distintas especialidades dos saltos.

e) Analizouse a execución do/da atleta durante o adestramento e a competición, identificando as características técnicas desta.

f) Xustificouse a importancia da valoración e a análise do comportamento técnico do/da atleta, dentro das funcións do persoal técnico deportivo.

g) Aplicáronse medios audiovisuais básicos de recollida de datos e a análise do comportamento técnico do/da atleta durante o adestramento e a competición nas distintas especialidades dos saltos.

2. Elabora secuencias de aprendizaxe e promove prácticas deportivas saudables en saltos, demostrando os xestos atléticos destas especialidades, modificando a complexidade das secuencias, relacionando os erros de execución coas súas causas, nas etapas de iniciación e tecnificación deportiva.

a) Analizáronse os criterios de modificación da complexidade das secuencias de traballo para as distintas especialidades de saltos, de acordo cos diferentes conceptos de progresión e significatividade.

b) Elaboráronse secuencias de tarefas de perfeccionamento técnico, de acordo cos estándares técnicos das especialidades de saltos.

c) Relacionáronse os erros no comportamento técnico do/da atleta durante o adestramento e a competición nas distintas especialidades, coas posibles causas e as tarefas para a súa solución.

d) Analizáronse as consecuencias negativas (lesións e enfermidades) que pode levar consigo unha práctica inadecuada dos saltos durante a etapa de iniciación e tecnificación.

e) Identificáronse as contraindicacións (patolóxicas) xerais máis importantes propias do adestramento dos saltos, durante a etapa de iniciación e tecnificación.

f) Describíronse as medidas preventivas que utilizan os/as saltadores/as durante a práctica da especialidade deportiva.

g) Aplicáronse actividades de quecemento e volta á calma específicas dos/das saltadores/as.

h) Valorouse a importancia de prever as consecuencias negativas dunha mala práctica deportiva dos saltos.

i) Identificáronse as situacións de aprendizaxe en saltos que fan necesaria a demostración da tarefa por parte do persoal técnico deportivo.

j) Demostráronse as técnicas dos saltos propias do nivel de tecnificación, sinalando os aspectos máis importantes para a súa aprendizaxe.

3. Concreta e dirixe sesións de adestramento técnico e de acondicionamento físico de saltos, analizando e aplicando medios e métodos de adestramento específicos, técnicas de dirección e organización e aplicando técnicas de autoavaliación.

a) Analizáronse as diferentes técnicas específicas de organización das sesións de preparación técnica e acondicionamento físico dos/das saltadores/as, con especial atención á disposición en función do material, a optimización do espazo e o mantemento do nivel de práctica programado.

b) Dirixiuse unha sesión simulada de preparación técnica e de acondicionamento físico dos/das saltadores/as, de acordo co previsto na programación.

c) Analizáronse as incidencias máis habituais nas sesións de preparación técnica ou de acondicionamento físico das especialidades de saltos relacionándoas coas causas e posibles medidas para a súa solución.

d) Analizáronse as características dos medios e métodos específicos para o perfeccionamento técnico e físico dos/das saltadores/as de lonxitude.

e) Analizáronse as características dos medios e métodos específicos para o perfeccionamento técnico e físico dos/das saltadores/as de triplo.

f) Analizáronse as características dos medios e métodos específicos para o perfeccionamento técnico e físico dos/das saltadores/as de altura.

g) Analizáronse as características dos medios e métodos específicos para o perfeccionamento técnico e físico dos/das saltadores/as de pértega.

h) Seleccionáronse as características específicas dunha sesión de adestramento dun/dunha saltador/a dando importancia ao adestramento progresivo e metódico a través da utilización de formas xogadas como medio de adestramento.

i) Analizáronse os criterios de combinación do traballo técnico e físico do/da atleta, concretando unha sesión de cada especialidade de saltos.

4. Adapta e concreta os ciclos de adestramento e as competicións do/da atleta de saltos, analizando as programacións de referencia e os medios específicos de preparación.

a) Describíronse os obxectivos técnicos e físicos dos/das saltadores/as nas programacións de referencia da etapa de tecnificación deportiva.

b) Analizouse un suposto de calendario de competicións, clasificando estas de acordo coa súa función dentro do programa de adestramento de referencia.

c) Analizáronse os criterios de selección das competicións en función dos obxectivos e o momento da tempada, e as características da competición.

d) Identificáronse as funcións dos instrumentos e medios de control do rendemento dos saltos dentro da programación de referencia.

e) Seleccionáronse as características específicas dos diferentes ciclos de preparación dun/dunha saltador/a, en función da súa situación dentro da programación de referencia e os seus obxectivos.

f) Seleccionáronse os sistemas de cuantificación das cargas de traballo nun ciclo de adestramento.

g) Elaborouse un ciclo completo, a partir dunha programación de referencia, concretando obxectivos, medios, métodos, instrumentos de control e dinámica da carga.

h) Valorouse a programación anticipada como factor de calidade dun programa de adestramento do/da atleta.

i) Valorouse a importancia da revisión continua do traballo realizado como factor de mellora da calidade dos programas de adestramento do/da atleta.

Contidos básicos

1. Valora o rendemento do/da atleta no adestramento e durante a competición na etapa de tecnificación deportiva, analizando os estándares técnicos dos saltos.

• Estudo dos saltos. Perfeccionamento das técnicas.

• O salto de altura:

– A técnica do Fosbury flop e cada unha das súas fases: a carreira, a batida, o voo e a caída.

– Erros técnicos máis frecuentes nelas.

• O salto de lonxitude:

– A técnica do salto de lonxitude e cada unha das súas fases: a carreira, a batida, o voo e a caída.

– Erros técnicos máis frecuentes nelas.

• O triplo salto:

– A técnica do triplo salto e cada unha das súas fases: a carreira, o primeiro salto, o segundo salto, o terceiro salto e a caída.

– Erros técnicos máis frecuentes nelas.

• O salto con pértega:

– A técnica do salto con pértega e cada unha das súas fases: o agarre da pértega, a carreira, a presentación e introdución na caixa, a batida, a ascensión-péndulo, o agrupamento, a extensión, o xiro e o paso do listón.

– Erros técnicos máis frecuentes nelas.

– Características técnicas das pértegas.

2. Elabora secuencias de aprendizaxe e promove prácticas deportivas saudables en saltos, demostrando os xestos atléticos destas especialidades, modificando a complexidade das secuencias, relacionando os erros de execución coas súas causas, nas etapas de iniciación e tecnificación deportiva.

• O quecemento para as especialidades de saltos.

• O ensino da técnica no salto de altura:

– Ensino e demostración dos exercicios de asimilación técnica da carreira (recta e curva), a batida, o voo e a caída.

– Corrección de erros. Lesións máis frecuentes. Pautas para a súa prevención.

• O ensino da técnica no salto de lonxitude:

– Ensino e demostración dos exercicios de asimilación técnica das fases da carreira, a batida, o voo e a caída.

– Corrección de erros. Lesións máis frecuentes. Pautas para a súa prevención.

• O ensino da técnica no triplo salto:

– Ensino e demostración dos exercicios de asimilación técnica das fases da carreira, o primeiro salto, o segundo salto, o terceiro salto e a caída.

– Corrección de erros. Lesións máis frecuentes. Pautas para a súa prevención.

• O ensino da técnica no salto con pértega:

– Ensino e demostración dos exercicios de asimilación técnica das fases da carreira, a presentación e introdución na caixa, a batida, a ascensión-péndulo, o agrupamento, a extensión, o xiro e o paso do listón.

– Corrección de erros. Lesións máis frecuentes. Pautas para a súa prevención.

3. Concreta e dirixe sesións de adestramento técnico e de acondicionamento físico de saltos, analizando e aplicando medios e métodos de adestramento específicos, técnicas de dirección e organización e aplicando técnicas de autoavaliación.

• As sesións tipo de adestramento:

– A súa organización formal. As formas xogadas da sesión de adestramento.

– A dirección de sesións. Incidencias máis habituais.

• O salto de altura:

– Métodos e medios de adestramento do acondicionamento físico e técnico do salto de altura.

– A sesión con obxectivo técnico ou de acondicionamento físico. Características. Criterios de combinación.

• O salto de lonxitude:

– Métodos e medios de adestramento do acondicionamento físico e técnico do salto de lonxitude.

– A sesión con obxectivo técnico ou de acondicionamento físico. Características. Criterios de combinación.

• O triplo salto:

– Métodos e medios de adestramento do acondicionamento físico e técnico do triplo salto.

– A sesión con obxectivo técnico ou de acondicionamento físico. Características. Criterios de combinación.

• O salto con pértega:

– Métodos e medios de adestramento do acondicionamento físico e técnico do salto con pértega.

– A sesión con obxectivo técnico ou de acondicionamento físico. Características. Criterios de combinación.

4. Adapta e concreta os ciclos de adestramento e as competicións do/da atleta de saltos, analizando as programacións de referencia e os medios específicos de preparación.

• O salto de altura:

– A programación dos ciclos de adestramento na etapa de tecnificación do salto de altura.

– Características dos ciclos de preparación xeral e especial.

– Obxectivos técnicos ou físicos.

– Cuantificación das cargas. Instrumentos e medios de control.

– As competicións dentro dos ciclos.

• O salto de lonxitude:

– A programación dos ciclos de adestramento na etapa de tecnificación no salto de lonxitude.

– Características dos ciclos de preparación xeral e especial.

– Obxectivos técnicos ou físicos.

– Cuantificación das cargas. Instrumentos e medios de control.

– As competicións dentro dos ciclos.

• O triplo salto:

– A programación dos ciclos de adestramento na etapa de tecnificación do triplo salto.

– Características dos ciclos de preparación xeral e especial.

– Obxectivos técnicos ou físicos.

– Cuantificación das cargas. Instrumentos e medios de control.

– As competicións dentro dos ciclos.

• O salto con pértega.

– A programación dos ciclos de adestramento na etapa de tecnificación do salto con pértega.

– Características dos ciclos de preparación xeral e especial.

– Obxectivos técnicos ou físicos.

– Cuantificación das cargas. Instrumentos e medios de control.

– As competicións dentro dos ciclos.

Módulo específico de ensino deportivo: Perfeccionamento técnico en lanzamentos e probas combinadas

Código: MED-ATAT203

Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación

1. Valora o rendemento do/da atleta no adestramento e durante a competición na etapa de tecnificación deportiva, analizando os estándares técnicos e as situacións tácticas dos lanzamentos e as probas combinadas.

a) Explicáronse os factores técnicos de que depende o rendemento deportivo do/da atleta nos lanzamentos durante a etapa de tecnificación deportiva.

b) Explicáronse os factores técnicos e tácticos de que depende o rendemento deportivo do/da atleta nas probas combinadas durante a etapa de tecnificación.

c) Analizáronse os estándares técnicos do/da atleta, propios dos lanzamentos e as probas combinadas durante esta etapa.

d) Describíronse os criterios de análises do comportamento técnico e táctico do/da atleta no adestramento e na competición das distintas especialidades de lanzamentos e probas combinadas.

e) Describíronse os erros tipo no comportamento técnico e táctico e durante o adestramento e a competición nas distintas especialidades dos lanzamentos e as probas combinadas.

f) Analizouse a execución do/da atleta durante o adestramento e a competición, identificando as súas características técnicas/tácticas.

g) Xustificouse a importancia da valoración e a análise do comportamento técnico e táctico do/da atleta, dentro das funcións do persoal técnico deportivo.

h) Aplicáronse medios audiovisuais básicos de recollida de datos e a análise do comportamento técnico e táctico do/da atleta durante o adestramento e a competición nas distintas especialidades dos lanzamentos e as probas combinadas.

2. Elabora secuencias de aprendizaxe e promove prácticas deportivas saudables en carreiras e marcha, demostrando os xestos atléticos destas especialidades, modificando a complexidade das secuencias, relacionando os erros de execución coas súas causas, nas etapas de iniciación e tecnificación deportiva.

a) Analizáronse os criterios de modificación da complexidade das secuencias de traballo para as distintas especialidades de lanzamentos e probas combinadas, de acordo cos diferentes conceptos de progresión e significatividade.

b) Elaboráronse secuencias de tarefas de perfeccionamento técnico, de acordo cos estándares técnicos das especialidades de lanzamentos e probas combinadas.

c) Relacionáronse os erros no comportamento técnico do/da atleta durante o adestramento e a competición nas distintas especialidades, coas posibles causas e as tarefas para a súa solución.

d) Analizáronse as consecuencias negativas (lesións e enfermidades) que pode levar consigo unha práctica inadecuada dos lanzamentos e as probas combinadas durante a etapa de iniciación e tecnificación.

e) Identificáronse as contraindicacións (patolóxicas) xerais máis importantes propias do adestramento nos lanzamentos e as probas combinadas, durante a etapa de iniciación e tecnificación.

f) Describíronse as medidas preventivas que utilizan os/as lanzadores/as e atletas de probas combinadas durante a práctica da especialidade deportiva.

g) Aplicáronse actividades de quecemento e volta á calma específicas dos/das lanzadores/as e atletas de probas combinadas.

h) Valorouse a importancia de prever as consecuencias negativas dunha mala práctica deportiva dos lanzamentos e as probas combinadas.

i) Identificáronse as situacións de aprendizaxe en lanzamentos e probas combinadas que fan necesaria a demostración da tarefa por parte do persoal técnico deportivo.

j) Demostráronse as técnicas dos lanzamentos e as probas combinadas propias do nivel de tecnificación, sinalando os aspectos máis importantes para a súa aprendizaxe.

3. Concreta e dirixe sesións de adestramento técnico e de acondicionamento físico de lanzamentos e probas combinadas, analizando e aplicando medios e métodos de adestramento específicos, técnicas de dirección e organización, e aplicando técnicas de autoavaliación.

a) Analizáronse as diferentes técnicas específicas de organización das sesións de preparación técnica e acondicionamento físico dos/das lanzadores/as e atletas de probas combinadas, con especial atención á disposición en función do material, a optimización do espazo e o mantemento do nivel de práctica programado.

b) Dirixiuse unha sesión simulada de preparación técnica e de acondicionamento físico dos/das lanzadores/as e atletas de probas combinadas, de acordo co previsto na programación.

c) Analizáronse as incidencias máis habituais nas sesións de preparación técnica ou de acondicionamento físico das especialidades de lanzamentos e probas combinadas, relacionándoas coas causas e posibles medidas para a súa solución.

d) Analizáronse as características dos medios e métodos específicos para o perfeccionamento técnico e físico dos/das lanzadores/as de peso.

e) Analizáronse as características dos medios e métodos específicos para o perfeccionamento técnico e físico dos/das lanzadores/as de disco.

f) Analizáronse as características dos medios e métodos específicos para o perfeccionamento técnico e físico dos/das lanzadores/as de xavelina.

g) Analizáronse as características dos medios e métodos específicos para o perfeccionamento técnico e físico dos/das lanzadores/as de martelo.

h) Analizáronse as características dos medios e métodos específicos para o perfeccionamento técnico e físico dos/das atletas de probas combinadas.

i) Seleccionáronse as características específicas dunha sesión de adestramento dun/dunha lanzador/a ou atleta de probas combinadas dando importancia ao adestramento progresivo e metódico a través da utilización de formas xogadas como medio de adestramento.

j) Analizáronse os criterios de combinación do traballo técnico e físico do/da atleta, concretando unha sesión de cada especialidade de lanzamento e probas combinadas.

4. Adapta e concreta os ciclos de adestramento e as competicións do/da atleta, de lanzamentos e probas combinadas, analizando as programacións de referencia, e os medios específicos de preparación.

a) Describíronse os obxectivos técnicos e físicos dos/das lanzadores/as e atletas de probas combinadas nas programacións de referencia da etapa de tecnificación deportiva.

b) Analizouse un suposto de calendario de competicións, clasificando estas de acordo coa súa función dentro do programa de adestramento de referencia.

c) Analizáronse os criterios de selección das competicións en función dos obxectivos e o momento da tempada, e as características da competición.

d) Identificáronse as funcións dos instrumentos e medios de control do rendemento dos lanzamentos e as probas combinadas dentro da programación de referencia.

e) Seleccionáronse as características específicas dos diferentes ciclos de preparación dun/dunha lanzador/a ou atleta de probas combinadas, en función da súa situación dentro da programación de referencia e os seus obxectivos.

f) Seleccionáronse os sistemas de cuantificación das cargas de traballo nun ciclo de adestramento.

g) Elaborouse un ciclo completo, a partir dunha programación de referencia, concretando obxectivos, medios, métodos, instrumentos de control e dinámica da carga.

h) Valorouse a programación anticipada como factor de calidade dun programa de adestramento do/da atleta.

i) Valorouse a importancia da revisión continua do traballo realizado como factor de mellora da calidade dos programas de adestramento do/da atleta.

Contidos básicos

1. Valora o rendemento do/da atleta no adestramento e durante a competición na etapa de tecnificación deportiva, analizando os estándares técnicos e as situacións tácticas dos lanzamentos e as probas combinadas.

• Estudo dos lanzamentos e as probas combinadas. Perfeccionamento das técnicas.

• O lanzamento de peso:

– A súa estrutura. Traxectoria do lanzamento.

– Fases da técnica lineal do lanzamento de peso: o agarre do peso, a posición inicial, o desprazamento, a acción final e a recuperación.

– Introdución ao lanzamento en estilo circular.

– Erros técnicos máis frecuentes.

• O lanzamento do disco:

– A súa estrutura. Traxectoria do lanzamento.

– Fases da técnica do lanzamento do disco: a colocación inicial, os balanceos, o inicio, o desprazamento, a acción final e a recuperación.

– Erros técnicos máis frecuentes.

• O lanzamento do martelo:

– A súa estrutura. Traxectoria do lanzamento.

– As fases da técnica do lanzamento do martelo: a colocación inicial, os volteos, os xiros e a acción final.

– Erros técnicos máis frecuentes.

• O lanzamento da xavelina:

– A súa estrutura. Traxectoria do lanzamento.

– Fases da técnica do lanzamento da xavelina: a carreira, a colocación da xavelina, os últimos pasos, a acción final e a recuperación.

– Erros técnicos máis frecuentes.

• As probas combinadas. O décatlon e o heptatlón:

– Características das probas combinadas.

– Adaptacións da técnica.

– Principios tácticos: conduta antes, durante e despois da competición.

2. Elabora secuencias de aprendizaxe e promove prácticas deportivas saudables en carreiras e marcha, demostrando os xestos atléticos destas especialidades, modificando a complexidade das secuencias e relacionando os erros de execución coas súas causas, nas etapas de iniciación e tecnificación deportiva.

• O quecemento para as especialidades dos lanzamentos e as probas combinadas:

– O ensino da técnica no lanzamento de peso.

– Ensino e demostración dos exercicios de asimilación técnica da colocación inicial, o desprazamento e o final e a recuperación.

– Corrección de erros. Lesións máis frecuentes. Pautas para a súa prevención.

• O ensino da técnica no lanzamento de disco:

– Ensino e demostración dos exercicios de asimilación técnica da colocación inicial, o xiro, o final e a recuperación.

– Corrección de erros. Lesións máis frecuentes. Pautas para a súa prevención.

• O ensino da técnica no lanzamento de martelo:

– Ensino e demostración dos exercicios de asimilación técnica da colocación inicial, os volteos, os xiros e a acción final.

– Corrección de erros. Lesións máis frecuentes. Pautas para a súa prevención.

• O ensino da técnica no lanzamento de xavelina:

– Ensino e demostración dos exercicios de asimilación técnica da carreira, a colocación da xavelina, os últimos pasos, a acción final e a recuperación.

– Corrección de erros. Lesións máis frecuentes. Pautas para a súa prevención.

• O ensino das probas combinadas:

– As probas combinadas como medio de descubrir o atletismo.

– Ensino e demostración da progresión dos exercicios de asimilación técnica das distintas probas.

– Corrección de erros. Lesións máis frecuentes. Pautas para a súa prevención.

3. Concreta e dirixe sesións de adestramento técnico e de acondicionamento físico de lanzamentos e probas combinadas, analizando e aplicando medios e métodos de adestramento específicos, técnicas de dirección e organización, e aplicando técnicas de autoavaliación.

• As sesións tipo de adestramento:

– A súa organización formal. As formas xogadas da sesión de adestramento.

– A dirección de sesións. Incidencias máis habituais.

• O lanzamento do peso:

– Medios e métodos de adestramento do acondicionamento físico e técnico do lanzamento do peso.

– A sesión con obxectivo técnico ou de acondicionamento físico. Características. Criterios de combinación.

• O lanzamento do disco:

– Medios e métodos de adestramento do acondicionamento físico e técnico do lanzamento do disco.

– A sesión con obxectivo técnico ou de acondicionamento físico. Características. Criterios de combinación.

• O lanzamento do martelo:

– Medios e métodos de adestramento do acondicionamento físico e técnico do lanzamento de martelo.

– A sesión con obxectivo técnico ou de acondicionamento físico. Características. Criterios de combinación.

• O lanzamento de xavelina:

– Medios e métodos de adestramento do acondicionamento físico e técnico do lanzamento de xavelina.

– A sesión con obxectivo técnico ou de acondicionamento físico. Características. Criterios de combinación.

• As probas combinadas:

– Bases do adestramento do acondicionamento físico, técnico e táctico das probas combinadas.

– A sesión con obxectivo técnico ou de acondicionamento físico. Características. Criterios de combinación.

4. Adapta e concreta os ciclos de adestramento e as competicións do/da atleta, de lanzamentos e probas combinadas, analizando as programacións de referencia, e os medios específicos de preparación.

• O lanzamento de peso:

– A programación dos ciclos de adestramento na etapa de tecnificación do lanzamento de peso.

– Obxectivos técnicos ou físicos. Características dos ciclos de preparación xeral e especial (volume e intensidade).

– As competicións dentro dos ciclos.

– Cuantificación das cargas, instrumentos e medios de control.

• O lanzamento de disco:

– A programación dos ciclos de adestramento na etapa de tecnificación no lanzamento de disco.

– Obxectivos técnicos ou físicos. Características dos ciclos de preparación xeral e especial (volume e intensidade).

– As competicións dentro dos ciclos.

– Cuantificación das cargas, instrumentos e medios de control.

• O lanzamento do martelo:

– A programación dos ciclos de adestramento na etapa de tecnificación do lanzamento do martelo.

– Obxectivos técnicos ou físicos. Características dos ciclos de preparación xeral e especial (volume e intensidade).

– As competicións dentro dos ciclos.

– Cuantificación das cargas, instrumentos e medios de control.

• O lanzamento da xavelina:

– A programación dos ciclos de adestramento na etapa de tecnificación do lanzamento de xavelina.

– Obxectivos técnicos ou físicos. Características dos ciclos de preparación xeral e especial (volume e intensidade).

– As competicións dentro dos ciclos.

– Cuantificación das cargas, instrumentos e medios de control.

• As probas combinadas:

– A programación dos ciclos de adestramento na etapa de tecnificación das probas combinadas.

– Obxectivos técnicos e tácticos ou físicos. Características dos ciclos de preparación xeral e especial (volume e intensidade).

– As competicións dentro dos ciclos.

– Cuantificación das cargas, instrumentos e medios de control.

Módulo específico de ensino deportivo: Regulamento

Código: MED-ATAT204

Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación

1. Asesora o/a atleta na competición, analizando o regulamento xeral da competición e as normas xerais dos concursos e identificando as consecuencias no/na competidor/a.

a) Xustificouse a sanción ao comportamento antideportivo dun/dunha atleta durante a competición.

b) Analizouse o procedemento de reclamación nas competicións atléticas.

c) Xustificouse unha reclamación a un suposto de decisión arbitral nunha competición atlética.

d) Describíronse as condicións de colocación e procedemento de medición do anemómetro e as súas consecuencias.

e) Identificáronse as condicións que debe cumprir a indumentaria do/da atleta, e onde e como debe levarse o dorsal ou dorsais.

f) Clasificáronse e describíronse as características dos grupos de idades e das probas que lles corresponden segundo o regulamento internacional.

g) Analizáronse os criterios de clasificación en probas de concurso e a súa aplicación en supostos prácticos.

h) Describíronse as características e os criterios de clasificación e paso á final na fase de clasificación nunha competición.

i) Valorouse a importancia do regulamento no comportamento do/da atleta durante a competición.

2. Asesora o/a atleta no adestramento e a competición, analizando o regulamento das carreiras e da marcha atlética e identificando as súas consecuencias técnicas e tácticas no comportamento do/da atleta.

a) Identificáronse e comparáronse as características dunha pista ao aire libre e unha pista cuberta.

b) Describíronse e aplicáronse as normas de clasificación en eliminatorias, series e desempates, en carreiras e marcha.

c) Describíronse os métodos de cronometraxe que recolle o R.I.A., indicando os ámbitos de utilización para cada un deles e as súas características e criterios de aplicación.

d) Describíronse e comparáronse tecnicamente as normas das saídas de tacos e de pé.

e) Describíronse e especificáronse as normas relativas ás distancias, cadencia e altura dos valados nas carreiras deste tipo, en función da categoría dos/das atletas.

f) Describiuse a normativa referente aos obstáculos e á ría nunha proba de obstáculos e a súa aplicación técnica.

g) Analizouse a normativa regulamentaria das carreiras de remuda e a súa aplicación técnica e táctica.

h) Describíronse as características das carreiras fóra do estadio (cross e ruta).

i) Describíronse os criterios de descualificación dun/dunha marchador/a e as súas limitacións técnicas.

j) Xustificouse a importancia que ten o coñecemento do regulamento de carreiras e marcha, para que o/a adestrador/a oriente o/a atleta na competición.

3. Asesora o/a atleta no adestramento e a competición, analizando o regulamento específico dos concursos e das probas combinadas identificando as súas consecuencias técnicas e tácticas no comportamento do/da atleta.

a) Describíronse e aplicáronse as normas de clasificación nun suposto práctico nos saltos verticais.

b) Analizáronse as consecuencias técnicas e tácticas das normas de clasificación nun suposto práctico de concurso de salto horizontal e de lanzamentos.

c) Analizáronse as normas de medición nun concurso atlético.

d) Describíronse as características do calzado e dos implementos usados nos concursos.

e) Describíronse as normas sobre o uso de marcas de referencia e a súa aplicación técnica nos concursos que o permiten.

f) Analizáronse as consecuencias no comportamento dos/das atletas das normas de utilización dos materiais propios e da organización nos concursos.

g) Describíronse as características da zona de carreira de impulso, a táboa de batida e foso de caída nos saltos horizontais.

h) Analizáronse as consecuencias técnicas e tácticas das prohibicións regulamentarias no triplo salto e no salto de altura.

i) Analizáronse as características e dimensións dos círculos, zonas de caída e gaiolas protectoras nos lanzamentos.

j) Describíronse as características das probas que compoñen unha proba combinada e a súa orde.

k) Analizáronse as consecuencias técnicas e tácticas da puntuación das marcas nas probas combinadas.

l) Describíronse as normas específicas sobre o número de intentos, a cadencia de alturas e os tempos de recuperación nas probas combinadas.

m) Xustificouse a importancia que ten o coñecemento do regulamento de concursos e probas combinadas para que o/a adestrador oriente o/a atleta na competición.

Contidos básicos

1. Asesora o/a atleta na competición, analizando o regulamento xeral da competición e as normas xerais dos concursos, e identificando as consecuencias no/na competidor/a.

• Normas xerais de competición:

– Grupos de idades e categorías que recolle o regulamento internacional:

- Xuvenís, júniors, absolutos/as e veteranos/as.

- Distancias, altura dos valados e obstáculos e peso dos artefactos.

– O comportamento na competición. Condutas incorrectas e accións disciplinarias recollidas no regulamento internacional.

– Indumentaria dos/das atletas: vestiario, zapatillas e dorsais, normas xerais e excepcións aplicables.

– Prestación de asistencia: prohibicións, excepcións e sancións.

– Seguimento de reclamacións:

- Procedementos.

- Medición cautelar.

- Participación baixo protesta.

- Xurado de apelación.

– O anemómetro: probas en que se usa, como se usa e para que serve.

– Normas xerais de competición nos concursos.

• Normas xerais de aplicación:

– Grupos de xuíces/xuízas.

– Obstrucións, ausencias temporais e atrasos.

– Lugar da competición.

– Número de intentos e orde de actuación.

– Marcas de referencia (saltos e xavelina).

– Ensaios de quecemento.

– Corredores de toma de impulso e informacións sobre o vento.

– Clasificacións dos saltos verticais. Criterios e desempates.

– Clasificacións no resto dos concursos. Criterios e desempates.

– Competición de cualificación: grupos, marcas de cualificación e número de ensaios.

2. Asesora o/a atleta no adestramento e na competición, analizando o regulamento das carreiras e da marcha atlética e identificando as súas consecuencias técnicas e tácticas no comportamento do/da atleta.

• Carreiras e marcha atlética:

– A pista:

- Dimensións e medicións.

- Bordo interior, estaxes e a súa numeración.

- Estaxes individuais e estaxe libre. Sinalización.

- Carreiras en pista cuberta.

– A saída: xuíces/xuízas, saídas por estaxes (individuais ou en curva), voces, tacos, saídas nulas etc.

– O desenvolvemento da carreira: xuíces/xuízas, incidencias, control de voltas, auga e esponxas (a partir de 5.000 metros).

– As chegadas e a cronometraxe:

- Momento da chegada.

- Determinación da orde de chegada con cronometraxe eléctrica, manual e sobre tempo fixo.

- Determinación dos tempos con cronometraxe eléctrica, cronometraxe manual e cronometraxe con chips.

– Eliminatorias, series e desempates.

– Carreiras de valados:

- Distancia de carreira e altura dos valados.

- Os valados: dimensións e colocación.

- Desenvolvemento da carreira.

– Carreiras de obstáculos:

- Obstáculos e ría.

- Desenvolvemento da carreira.

– As remudas:

- Distancias.

- Zonas de transferencia e prezona.

- Estaxes e estaxe libre.

- En pista cuberta.

– Carreiras en estrada e campo a través:

- Distancias, itinerarios, medicións e sinalización.

- Avituallamento e condicións médicas.

– A marcha atlética:

- Regulamento: contacto permanente e perna estendida.

- Xuíces/xuízas, avisos, descualificacións, informacións, avituallamentos, condicións médicas etc.

3. Asesora o/a atleta no adestramento e na competición, analizando o regulamento específico dos concursos e das probas combinadas identificando as súas consecuencias técnicas e tácticas no comportamento do/da atleta.

• Os saltos:

– Normas xerais dos saltos verticais:

- Os listóns.

- Cadencia de elevación do listón.

- Perda do dereito a continuar.

– Normas específicas do salto de altura: saltos nulos, zona de toma de impulso e saltómetros.

– Normas específicas do salto con pértega: saltos nulos, zona de toma de impulso, saltómetros e pértegas.

– Normas específicas do salto de lonxitude: saltos nulos, zona de toma de impulso, táboa de batida, medición dos saltos e foso de caída.

– Normas específicas do triplo salto: disposicións regulamentarias, zona de impulso e táboa de batida.

• Os lanzamentos:

– Normas xerais dos lanzamentos:

- Artefactos.

- Círculos de lanzamentos.

- Zona de caída.

- Proteccións persoais.

- Lanzamentos nulos e interrupción dun lanzamento.

- Medición dos lanzamentos.

– Normas específicas do lanzamento de peso: normas regulamentarias. O contedor. O peso.

– Normas específicas do lanzamento de disco. O disco. A gaiola.

– Normas específicas do lanzamento de martelo: a competición. O martelo. A gaiola.

– Normas específicas do lanzamento de xavelina: normas regulamentarias. A xavelina.

• As probas combinadas:

– Probas combinadas recoñecidas no regulamento:

- Categorías.

- Probas que as compoñen e orde en que deben disputarse.

– Celebración. Normas específicas:

- Intervalos de participación.

- Composición dos grupos.

- Orde de competición.

- Número de intentos.

- Cadencia das alturas.

– Clasificación:

- Táboas de puntuación.

- Clasificacións e desempates.

Módulo específico de ensino deportivo: Adestramento condicional en atletismo

Código: MED-ATAT205

Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación

1. Dirixe o adestramento condicional do/da atleta no seu desenvolvemento, identificando as capacidades físicas condicionais de que depende o rendemento, analizando os medios e métodos de adestramento necesarios, demostrando a execución correcta dos exercicios.

a) Comparáronse as clasificacións das capacidades físicas e analizáronse as súas características.

b) Analizáronse as fases do proceso evolutivo das distintas capacidades físicas condicionais.

c) Analizouse o proceso ontoxénico do/da mozo/a e a intervención nas súas fases sensibles.

d) Analizáronse os distintos criterios de planificación do adestramento deportivo nas fases de iniciación e de tecnificación.

e) Analizáronse os distintos medios e métodos para o desenvolvemento da velocidade nas categorías de iniciación e tecnificación.

f) Analizáronse os distintos medios e métodos para o desenvolvemento da resistencia nas categorías de iniciación e tecnificación.

g) Analizáronse os distintos medios e métodos para o desenvolvemento da forza nas categorías de iniciación e tecnificación.

h) Analizáronse os distintos medios e métodos para o desenvolvemento da flexibilidade nas categorías de iniciación e tecnificación.

i) Demostráronse as técnicas do adestramento de forza con sobrecarga, identificando os aspectos máis importantes para a súa aprendizaxe.

j) Demostráronse os métodos de adestramento da flexibilidade, identificando os aspectos máis importantes para a súa aprendizaxe.

2. Valora a condición física do/da atleta identificando as capacidades de que depende o seu rendemento tanto en adestramento como en competición, aplicando probas e test de campo, analizando os resultados dos test mediante procedementos estatísticos.

a) Identificáronse as capacidades condicionais de que depende a condición física específica das distintas probas.

b) Describíronse as características e aplicáronse os test e probas específicas de valoración das capacidades condicionais de que depende a condición física específica dos/das distintos/as atletas.

c) Describíronse as normas de seguridade que se deben observar durante a realización de test ou probas específicas de valoración das capacidades condicionais de que depende a condición física específica do/da atleta.

d) Recoñecéronse indicadores de risco antes e durante a execución das probas ou test específicos de valoración das capacidades condicionais de que depende a condición física específica dos/das distintos/as atletas.

e) Valoráronse, nun suposto práctico de secuencia de medición da condición física específica de carreiras e marcha, saltos, lanzamentos e probas combinadas, os cambios observados nas diferentes medicións, xustificando as posibles relacións causa-efecto.

f) Describíronse os conceptos estatísticos básicos necesarios no tratamento da información obtida na valoración da condición física.

g) Seleccionáronse e aplicáronse as técnicas de representación gráfica axeitadas ao tipo de información obtida e á finalidade da valoración.

h) Interiorizouse a necesidade de transmitir a información sobre a valoración dos/das deportistas de forma eficaz, discreta e reforzando a súa autoestima.

3. Colabora no proceso de detección e selección de talentos deportivos en atletismo analizando as características dos sistemas e programas de detección e selección e aplicando técnicas específicas.

a) Identificáronse as características técnicas, tácticas, físicas e psicolóxicas que describen o talento deportivo en atletismo.

b) Describíronse os criterios utilizados na detección e selección de talentos en atletismo.

c) Describíronse os principios dos programas de detección e selección de talentos deportivos en atletismo.

d) Describíronse as funcións e o protocolo de actuación do persoal técnico deportivo en atletismo nos programas de detección e selección de talentos en atletismo.

e) Analizáronse os recursos materiais e humanos que se necesitan nun suposto práctico de programa de detección e selección de talentos en atletismo.

f) Valorouse a importancia dunha detección precoz do talento deportivo, na consecución do alto rendemento.

g) Xustificouse a necesidade de respectar o desenvolvemento do individuo no proceso de detección e selección de talentos deportivos en atletismo.

Contidos básicos

1. Dirixe o adestramento condicional do/da atleta no seu desenvolvemento, identificando as capacidades físicas condicionais de que depende o rendemento, analizando os medios e métodos de adestramento necesarios e demostrando a execución correcta dos exercicios.

• As capacidades físicas motoras. Características e clasificacións.

• As capacidades físicas motoras condicionais.

• Etapas do seu proceso evolutivo.

• A ontoxenia. A intervención nas fases sensibles.

• Criterios de organización do adestramento referidos á duración da vida deportiva.

• A capacidade da velocidade. Aproximación teórica e desenvolvemento ontoxénico:

– Medios e métodos para o desenvolvemento dos distintos tipos de velocidade nas categorías federativas infantís, cadetes, xuvenís e júnior.

• A capacidade da resistencia. Aproximación teórica e desenvolvemento ontoxénico:

– Medios e métodos para o desenvolvemento da resistencia aeróbica e anaeróbica nas distintas categorías federativas.

• A capacidade da forza. Aproximación teórica e desenvolvemento ontoxénico:

– Medios e métodos para o desenvolvemento da forza nas distintas categorías federativas.

• A capacidade da flexibilidade. Aproximación teórica e desenvolvemento ontoxénico:

– Desenvolvemento da flexibilidade polo exercicio. Medios e metodoloxía de aplicación. Métodos de adestramento.

• O adestramento da forza:

– Os medios de adestramento da forza sen sobrecarga.

– Os medios de adestramento con sobrecarga.

– Os movementos básicos da halterofilia.

– O dous tempos e a arrancada.

– A súa adaptación ao adestramento do atletismo.

– A cargada e o envión.

– O squat. O medio squat.

– O medio squat con salto.

– O pectoral.

– Erros e criterios de seguridade.

– Outros exercicios.

– O adestramento en circuíto.

• O adestramento da flexibilidade:

– Os métodos de adestramento da flexibilidade.

– O método dinámico, activo e pasivo.

– O método estático, activo e pasivo.

– O stretching.

– A facilitación neuromuscular propioceptiva (PNF).

– A recuperación postural global (RPG) e o stretching global activo (SGA).

2. Valora a condición física do/da atleta identificando as capacidades de que depende o seu rendemento tanto en adestramento como en competición, aplicando probas e test de campo e analizando os resultados dos test mediante procedementos estatísticos.

• A condición física dos/das corredores/as e marchadores/as. Capacidades condicionais de que dependen.

• Test que miden as calidades condicionais nas carreiras de velocidade e valados. A súa realización, normas e técnicas.

• Test que miden as calidades condicionais no medio fondo, o fondo, os obstáculos e a marcha atlética. A súa realización, normas e técnicas.

• A condición física dos/das saltadores/as. Capacidades condicionais de que dependen.

• Test que miden as calidades condicionais nos saltos horizontais. A súa realización, normas e técnicas.

• Test que miden as calidades condicionais no salto de altura. A súa realización, normas e técnicas.

• A condición física dos/das lanzadores/as e os/as atletas de probas combinadas. Capacidades condicionais de que dependen.

• Test que miden as calidades condicionais nos lanzamentos. A súa realización, normas e técnicas.

• Test que miden as calidades condicionais nas probas combinadas. A súa realización, normas e técnicas.

• O tratamento estatístico dos resultados dos test:

– Conceptos estatísticos básicos: media, mediana, moda, desviación típica etc.

– Técnicas básicas de representación gráfica dos resultados.

3. Colabora no proceso de detección e selección de talentos deportivos en atletismo analizando as características dos sistemas e programas de detección e selección e aplicando técnicas específicas.

• Concepto de talento deportivo en atletismo: identificación e avaliación das súas características técnicas, tácticas, físicas e psicolóxicas.

• Protocolos de selección e seguimento.

• Recursos materiais e humanos e métodos para a detección temperán do talento deportivo en atletismo:

– Test: protocolos de execución e xustificación da proba.

– Estatura, peso e outros datos antropométricos.

– Batería de test xerais.

– Batería de test específicos por especialidade e sector.

• Criterios que se terán en conta con respecto á captación de talentos e a unha especialización precoz:

– Principios xerais.

– Erros máis comúns no proceso da detección dun talento deportivo.

• Programas de tecnificación en atletismo:

– Programa nacional e programas autonómicos.

Módulo específico de ensino deportivo: Organización do atletismo

Código: MED-ATAT206

Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación

1. Xestiona e organiza eventos de promoción e iniciación atlética, dun club e colabora na xestión, organización e desenvolvemento dun festival atlético de tecnificación, analizando o programa de actividades dentro dunha tempada atlética e as características e requisitos materiais e humanos dos eventos.

a) Elaborouse o calendario de actividades dun club de atletismo, adecuándose ao calendario de competicións das federacións autonómicas e da Real Federación Española de Atletismo.

b) Analizáronse os criterios de elaboración dos distintos calendarios de competicións (pista, cross etc.) e a distribución das probas, se for o caso, que integran cada unha das xornadas atléticas na promoción.

c) Analizouse a normativa exixida na organización e na protección do ambiente de eventos de atletismo nos niveis de iniciación, promoción e tecnificación.

d) Realizouse un orzamento e analizáronse as fontes de financiamento e a viabilidade do proxecto dun evento de promoción e iniciación ao atletismo que valore os custos do evento de promoción e iniciación ao atletismo (secretaría, xuíces/xuízas, auxiliares, ambulancia etc.).

e) Seleccionáronse os requisitos administrativos e a xestión de patrocinios e publicidade que avalen un festival de iniciación ao atletismo.

f) Explicouse a organización básica e analizáronse os medios e recursos que necesita un club para o desenvolvemento das actividades en atletismo en todas as súas especialidades (pista, campo a través e ruta).

g) Enumeráronse as características dos diferentes tipos de percorridos nas competicións de promoción e iniciación en campo a través e outras especialidades fóra do estadio.

h) Valorouse a importancia de preparar con antelación os aspectos organizativos e de financiamento dun festival atlético de promoción, iniciación e tecnificación.

i) Analizáronse os instrumentos de promoción do evento atlético que poden utilizar os clubs de atletismo (prensa escrita, radiofónica e televisiva local e/ou autonómica).

j) Describíronse as características e os procedementos que se deben seguir no desenvolvemento dun plan de seguridade ante situacións de emerxencia no transcurso do evento.

2. Recolle a información sobre o desenvolvemento do evento deportivo de promoción e iniciación ao atletismo e procesa os resultados deportivos, analizando os sistemas de recollida de datos, a documentación utilizable e aplicando técnicas para o seu procesamento e arquivamento.

a) Identificáronse as tarefas que desempeñan as diferentes áreas ou grupos (técnica, operativa, económica etc.) da organización dun evento atlético.

b) Interpretáronse os instrumentos de recollida de información para a análise e control dos aspectos organizativos e loxísticos das competicións en atletismo.

c) Analizouse a información sobre o desenvolvemento técnico e loxístico dos eventos e competicións aplicando as técnicas de cálculo e tratamento estatístico axeitadas.

d) Describíronse as características dos informes, sobre o desenvolvemento técnico e loxístico das competicións en atletismo.

e) Clasificáronse as posibles incidencias que poden xurdir durante o desenvolvemento das competicións atléticas relacionándoas coas decisións que se tomen e as súas consecuencias.

f) Describíronse os criterios de recollida de información que aseguren a súa representatividade e validez.

g) Identificouse a información que debe aparecer nos resultados dunha competición de tecnificación deportiva en atletismo.

h) Aplicáronse técnicas de presentación e tratamento dos resultados dunha competición de tecnificación deportiva en atletismo.

i) Xustificouse a recollida e análise da información como base da mellora continua na organización de eventos e competicións.

3. Colabora na organización e funcionamento dunha escola de atletismo, discriminando a súa estrutura e funcionamento, coordinando a actividade do persoal técnico de nivel de iniciación e analizando as súas funcións.

a) Elaborouse un programa de ensino do atletismo propoñendo adaptacións dos obxectivos e contidos ás necesidades físicas e psicolóxicas dos grupos de iniciación.

b) Determináronse as adaptacións físicas, técnicas e psicolóxicas dos contidos, medios e métodos do ensino do atletismo.

c) Definíronse os recursos didácticos necesarios nun programa de iniciación en atletismo.

d) Describíronse a estrutura, os compoñentes e os obxectivos dunha escola de atletismo.

e) Identificáronse as funcións correspondentes ao persoal especializado da escola.

f) Concretáronse os procedementos de coordinación e comunicación co persoal especializado da escola.

g) Describíronse as distintas tarefas que debe realizar o persoal técnico.

h) Describíronse procedementos de comunicación da escola de atletismo coa federación autonómica e nacional.

i) Describíronse os parámetros que determinan a implementación e a calidade dunha escola e dos programas de iniciación ao atletismo.

j) Valorouse a importancia da escola de atletismo na súa promoción.

4. Identifica os organismos que regulan o atletismo a nivel nacional, analizando a estrutura e as funcións da Real Federación Española de Atletismo e os estamentos que a compoñen, e da súa Escola Nacional de Adestradores.

a) Identificáronse e describíronse os organismos que regulan o atletismo a nivel nacional e internacional.

b) Explicáronse as funcións e as competencias da Real Federación Española de Atletismo.

c) Analizouse o sistema básico de organización territorial do atletismo.

d) Explicáronse os órganos de goberno da Real Federación Española de Atletismo.

e) Describíronse os distintos estamentos que compoñen a Real Federación Española de Atletismo.

f) Describíronse os distintos tipos de licenzas.

g) Explicouse o sistema de organización dos clubs dentro do ámbito federativo e os requisitos para a súa afiliación ás federacións territoriais e á nacional co fin de poder participar en competicións de ámbito territorial e/ou nacional.

h) Analizáronse os obxectivos, a estrutura, a organización e os servizos da Escola Nacional de Adestradores.

i) Analizouse a estrutura formativa do persoal técnico deportivo de atletismo.

j) Argumentouse a importancia de coñecer a estrutura do atletismo en España.

Contidos básicos

1. Xestiona e organiza eventos de promoción e iniciación atlética, dun club e colabora na xestión, organización e desenvolvemento dun festival atlético de tecnificación, analizando o programa de actividades dentro dunha tempada atlética, e as características e requisitos materiais e humanos dos eventos.

• Necesidade e características das competicións de promoción, non necesariamente federadas e dentro do ámbito dun club ou unha entidade local.

• Vantaxes de realizar competicións de promoción e divulgación:

– Integradoras e sociais.

– De desenvolvemento atlético.

• Normativa básica aplicable na organización das competicións de promoción e iniciación en atletismo.

• Características, criterios técnicos e criterios organizativos do calendario de competicións (nacionais, autonómicas e dun club) e a súa referencia para temporalizar as actividades de iniciación e promoción.

• Elaboración de orzamentos e estudo de viabilidade do evento.

• Programa: calendario de probas en relación a cada unha das categorías por idades.

• Características e distancias dos circuítos de campo a través.

• Procedementos e fontes de financiamento para o desenvolvemento da actividade:

– Patrocinio e publicidade.

• Requisitos administrativos: documentación e permisos.

• Estrutura, organización e funcións da secretaría e dirección técnica dunha competición.

• Medios e recursos básicos necesarios para o desenvolvemento de competicións de iniciación e promoción:

– Organización básica.

– Instalacións (pistas, campo etc.).

– Monitores/as e persoal voluntario colaborador.

• Instrumentos para a divulgación da actividade. Notas de prensa: características e información básica en función do medio.

• Medios de comunicación segundo o ámbito de actuación (local, comarcal e rexional). Características da prensa escrita e audiovisual. Redes sociais: características e formatos.

• Plan de seguridade: características. As pistas de atletismo e os circuítos de cross ou ruta, características estruturais.

• Normas básicas de respecto ao ambiente.

2. Recolle a información sobre o desenvolvemento do evento deportivo de promoción e iniciación ao atletismo e procesa os resultados deportivos, analizando os sistemas de recollida de datos, a documentación utilizable aplicando técnicas para o seu procesamento e arquivamento.

• Organización dun evento atlético:

– Áreas: tipos e características.

– Tarefas que se deben realizar.

• Instrumentos de recollida de información da organización dun evento atlético:

– Criterios na elección da información: relevancia e validez.

– Calidade nun evento atlético: criterios e estándares de organización.

– Cuestionarios: tipos, características e criterios de elaboración.

• Recollida de información na organización dun evento atlético:

– Observación puntual, continua e resultado final.

– Manuais de operacións.

• Informe e memoria final dun evento atlético de iniciación ou tecnificación deportiva. Elaboración:

– Tipos: técnico e loxístico.

– Partes que o compoñen e características.

– Modelos existentes e a súa finalidade.

– Criterios de elaboración dos informes e memoria.

• Incidencias na organización dun evento atlético:

– Características das incidencias, clasificación, consecuencias e causas.

– Accións de corrección e retroalimentación.

• Resultados deportivos dun evento atlético de iniciación ou tecnificación deportiva:

– Tipos de resultados e as súas características: parciais, totais, datos complementarios, individuais, por atleta, por proba etc.

– Presentación dos resultados.

– Confidencialidade dos datos.

– Instrumentos de medición dos resultados deportivos.

– Técnicas de tratamento e análise dos resultados deportivos: criterios.

3. Colabora na organización e funcionamento dunha escola de atletismo, discriminando a súa estrutura e funcionamento, coordinando a actividade do persoal técnico de nivel de iniciación e analizando as súas funcións.

• Os programas de ensino. Planificación anual e plurianual:

– Obxectivos xerais, específicos e operativos.

– Metodoloxía. Recursos didácticos.

– Distribución de grupos por idades e/ou por probas. Número de alumnos/as por grupo.

– Criterios de adaptación dos contidos en función das características técnicas, físicas e psicolóxicas dos/das principiantes.

– Criterios de adaptación dos medios e métodos aos diferentes grupos:

- Adaptación dos materiais.

- Formas xogadas.

• Aspectos xerais sobre o funcionamento e organización dunha escola de atletismo:

– Obxectivos.

– Organización-organigrama.

– Funcionamento. Procedementos de comunicación interna.

– Normas. Ficha do alumno/a. Fichas de asistencia.

• Medios necesarios para o funcionamento e organización dunha escola de atletismo.

• Financiamento: plan de viabilidade. Axudas institucionais, patrocinadores/as, cotas, socios/as, donativos, rifas etc.

• Modelo ideal de persoal especializado. As súas funcións, cometidos e interrelacións:

– Director/a.

– Adestradores/as e monitores/as:

- Distribución de tarefas segundo áreas e especialidades.

– Secretario/a-delegado/a.

– Tesoureiro/a-relacións públicas.

– Responsable de comunicacións externas.

– Médico/a, fisioterapeuta, psicólogo/a etc.

• Promoción, publicidade e difusión local da actividade.

• Relacións coas federacións autonómica e española. Procedementos.

• Seguros e responsabilidade civil.

• Outros medios:

– Instalacións deportivas. Material xeral e adaptado.

– Club, local social, contactos con colexios, contactos con APA, contactos con asociacións de veciños e veciñas, concentracións, charlas coloquio, colaboracións de pais/nais, outros etc.

• Criterios para valorar a calidade dunha escola de atletismo:

– Solvencia (económica e de ensino).

– Nivel técnico dos/das monitores/as. Actualización permanente.

– Instalacións e medios axeitados.

– Seguridade.

4. Identifica os organismos que regulan o atletismo a nivel nacional, analizando a estrutura e funcións da Real Federación Española de Atletismo e os estamentos que a compoñen, e da súa Escola Nacional de Adestradores.

• A Real Federación Española de Atletismo:

– Análise histórica: antecedentes a nivel nacional e internacional.

– Estatutos: denominación, domicilio, obxecto e natureza.

– Funcións, competencias e representación internacional.

– Órganos de goberno e representación. Composición e funcións:

- A asemblea xeral e a súa comisión delegada.

- O/a presidente/a.

- Órganos complementarios: a xunta directiva, o/a secretario/a xeral e o/a xerente.

- Os distintos órganos de funcionamento da RFEA.

– Integración, representación e competencias das federacións autonómicas:

– Os estamentos: atletas, clubs, adestradores/as, xuíces/xuízas e outros colectivos:

- Os clubs e a súa afiliación ás federacións.

- Competicións oficiais autonómicas, nacionais e internacionais.

– Licenza territorial e licenza nacional:

- Dereitos e obrigacións.

• A Escola Nacional de Adestradores:

– Breve apuntamento histórico.

– Funcións e obxectivos.

– Composición e funcionamento: o/a directora/a, o consello directivo e a comisión permanente.

– Actividades docentes, cursos e sesións técnicas.

– Servizos: documentación, información e publicacións.

• Os títulos e ciclos de ensino deportivo en atletismo:

– Normativa.

– Perfil profesional de cada ciclo.

Módulo específico de ensino deportivo: Atletismo adaptado

Código: MED-ATAT207

Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación

1. Organiza os/as deportistas con discapacidade interpretando as principais clasificacións funcionais e as características das diferentes disciplinas do atletismo adaptado.

a) Describíronse os conceptos de clasificación funcional e discapacidade mínima do/da atleta.

b) Enunciáronse as clases funcionais dos/das atletas segundo o tipo de discapacidade.

c) Xustificouse a importancia das clasificacións funcionais e a súa adaptación na homoxeneización dos procesos competitivos no atletismo adaptado argumentando as diferenzas entre elas.

d) Aplicáronse criterios de adaptación da clasificación en atletismo adaptado para fomentar a participación de mulleres con discapacidade, grandes discapacitados/as e persoas sen discapacidade.

e) Identificáronse os xogos adaptados de atletismo, específicos para persoas con discapacidade, incluíndo as características daqueles que son específicos.

f) Identificáronse as características das disciplinas en atletismo adaptado, os seus determinantes regulamentarios e normativos.

g) Recoñeceuse a importancia de vivenciar algunhas actividades de atletismo adaptado practicadas por persoas con discapacidade a través de situacións simuladas.

h) Seleccionouse a disciplina máis axeitada atendendo ao tipo de mecanismo funcional afectado e a clasificación funcional do/da atleta.

i) Valorouse a importancia da participación de persoas con discapacidade no atletismo como peza clave da súa integración social.

2. Orienta as persoas con discapacidade cara á práctica do atletismo adaptado, recoñecendo a súa estrutura e as fontes de información dispoñibles.

a) Describiuse a orixe do deporte adaptado e dos Xogos Parolímpicos, comparándoos co deporte convencional e os Xogos Olímpicos.

b) Relacionouse a orixe do atletismo para persoas con discapacidade coa estrutura actual do deporte adaptado.

c) Identificáronse os organismos reguladores do atletismo adaptado a nivel internacional, nacional e rexional, así como as especialidades do atletismo adaptado incluídas nos ditos organismos.

d) Valorouse o papel das institucións (federacións, asociacións, clubs etc.) na organización e fomento da competición, a recreación e a práctica saudable do atletismo adaptado.

e) Describíronse os diferentes programas de difusión e desenvolvemento do atletismo adaptado que existen para as persoas con discapacidade, como exemplos de boa práctica.

f) Describíronse as características dos principais programas de difusión e de desenvolvemento do atletismo adaptado.

g) Utilizáronse as fontes de información dispoñibles no atletismo adaptado como recurso básico para orientar os/as atletas con discapacidade.

h) Valorouse a importancia da promoción do atletismo adaptado como xerador de valores persoais e sociais e vehículo de integración social.

3. Organiza sesións de iniciación ao atletismo adaptado analizando as necesidades específicas das persoas con discapacidade.

a) Describíronse as necesidades propias de cada discapacidade atendendo ao mecanismo funcional afectado e as súas consecuencias a nivel perceptivo motor para a práctica do atletismo adaptado.

b) Recoñecéronse pautas de traballo específicas na iniciación de atletismo adaptado segundo os diferentes tipos de discapacidade.

c) Aplicáronse procedementos específicos básicos de recollida de información do comportamento motor da persoa con discapacidade en relación coa súa autonomía e das habilidades motrices básicas para a práctica do atletismo adaptado.

d) Determináronse medidas de seguridade específicas na iniciación en atletismo adaptado segundo os diferentes tipos de discapacidade.

e) Determináronse as principais orientacións metodolóxicas a empregar segundo o tipo de discapacidade, especialmente en relación coa comunicación e a participación na sesión de iniciación en atletismo.

f) Argumentouse a importancia de identificar, previamente á práctica, as características propias e individuais de cada atleta con algunha discapacidade e a súa evolución.

4. Adapta as actividades propias da iniciación en atletismo adaptado a persoas con discapacidade, identificando as diferenzas na execución dos xestos (técnicos/atléticos), analizando as características da tarefa e dos materiais e identificando as limitacións para a práctica do atletismo adaptado.

a) Analizáronse as principais vías de incorporación á práctica do atletismo adaptado de persoas con discapacidade.

b) Identificáronse as adaptacións na execución das técnicas das diferentes disciplinas do atletismo en función da discapacidade.

c) Analizáronse, seleccionáronse e adaptáronse o material e as axudas técnicas atendendo ao tipo de discapacidade e a disciplina de atletismo adaptado que realicen os/as deportistas.

d) Describíronse e aplicáronse os mecanismos de adaptación de tarefas, xogos e actividades de atletismo adaptado ao tipo de discapacidade, para favorecer a participación, o goce e as posibilidades de éxito de persoas con discapacidade na práctica do atletismo adaptado.

e) Desenvolvéronse progresións metodolóxicas axeitadas ao obxectivo da actividade e segundo cada tipo de discapacidade.

f) Describíronse as adaptacións básicas da arbitraxe no atletismo adaptado.

g) Valorouse a importancia do fomento da participación activa de persoas con discapacidade en situacións inclusivas da práctica do atletismo adaptado.

h) Identificáronse as principais limitacións cara á práctica do atletismo adaptado provocadas pola falta de accesibilidade nas instalacións deportivas de atletismo ou polo contexto.

i) Examináronse as limitacións orixinadas pola falta de acceso á información da oferta da práctica do atletismo adaptado e a súa difusión.

j) Valorouse a importancia dunha actitude positiva cara á inclusión por parte de compañeiros/as, persoal técnico, as propias familias e as institucións cara á práctica do atletismo adaptado das persoas con discapacidade.

Contidos básicos

1. Organiza os/as deportistas con discapacidade interpretando as principais clasificacións funcionais e as características das diferentes disciplinas en atletismo adaptado.

• Clasificación funcional e discapacidade mínima:

– Principais clasificacións funcionais dos/das atletas en función da súa discapacidade.

– Os criterios mínimos («discapacidade mínima») que deben cumprir para poderen participar en competicións de atletismo adaptado.

• Participación das persoas con discapacidade, en función da afectación e do sexo para unha participación igualitaria.

• Os xogos adaptados de atletismo e as súas diferentes orientacións como elementos de atención á diversidade.

• As diferentes disciplinas de atletismo adaptado fronte ás disciplinas atléticas equivalentes (regulamento, normativa, aspectos técnicos etc.).

• Participación e vivencia das principais actividades de atletismo adaptado.

• Selección da disciplina atlética máis axeitada ao tipo de discapacidade. Criterios.

• A práctica deportiva con persoas con discapacidade en condicións de igualdade como principio de inclusión.

2. Orienta as persoas con discapacidade cara á práctica de atletismo adaptado recoñecendo a súa estrutura e as fontes de información dispoñibles.

• Orixe e historia do atletismo adaptado dirixido a persoas con discapacidade.

• Estrutura do atletismo adaptado dentro da organización nacional e internacional do atletismo.

• Relación entre o Comité Parolímpico Internacional, o Comité Parolímpico Español, a Federación Española de Atletismo e as distintas federacións españolas de deportes para persoas con discapacidade (física, intelectual, xordeira, cegueira e parálise cerebral).

• O papel das institucións na organización e fomento da competición, recreación e práctica saudable do atletismo adaptado.

• Características dos programas de difusión e desenvolvemento de actividades dirixidas a persoas con discapacidade a través de federacións territoriais de atletismo adaptado.

• O papel do tecido asociativo de persoas con discapacidade na difusión da práctica do atletismo adaptado.

• As principais fontes de información sobre as actividades de atletismo adaptado dirixidas a persoas con discapacidade.

• As actividades de atletismo adaptado dirixidas a persoas con discapacidade como promotoras de valores e vehículo de integración social a través de escolas e centros de atletismo.

3. Organiza sesións de iniciación en atletismo adaptado analizando as necesidades específicas das persoas con discapacidade.

• Descrición das necesidades propias de cada tipo de discapacidade e a súa relación co mecanismo perceptivo-motor, valorando as súas características específicas, así como as súas contraindicacións e limitacións para a práctica do atletismo adaptado e precaucións que se deben ter en conta:

– Discapacidade sensorial: visual e auditiva.

– Discapacidade intelectual: dificultades de aprendizaxe, trastorno xeneralizado do desenvolvemento, atraso mental e síndrome de Down.

– Discapacidade física: lesión medular, parálise cerebral, amputacións, dano cerebral adquirido e outros.

• Valoración inicial das características específicas das persoas con discapacidade para a práctica do atletismo adaptado:

– Ferramentas básicas de recollida de información da competencia motriz en persoas con discapacidade aplicables á práctica do atletismo adaptado: características e aplicación.

• Aplicación de restricións e condicións básicas de seguridade na práctica do atletismo adaptado segundo cada tipo de discapacidade.

• Adaptacións e orientacións metodolóxicas oportunas en función do tipo de discapacidade nas sesións de atletismo adaptado: pautas, criterios e posta en práctica.

4. Adapta as actividades propias da iniciación en atletismo adaptado a persoas con discapacidade, identificando as diferenzas na execución dos xestos (técnicos/atléticos), analizando as características da tarefa e dos materiais, e identificando as limitacións para a práctica do atletismo adaptado.

• As vías específicas de incorporación á práctica do atletismo adaptado de persoas con discapacidade.

• A técnica adaptada en carreira, saltos e lanzamentos: diferenzas coa técnica de persoas sen discapacidade. Adaptacións segundo o tipo de discapacidade.

• As características do material adaptado específico, as axudas técnicas e os materiais auxiliares regulamentarios que se utilizan no atletismo adaptado.

• Os mecanismos de adaptación das tarefas, xogos e actividades de atletismo adaptado. Identificación e criterios de utilización.

• A arbitraxe en atletismo e as súas adaptacións.

• Progresións metodolóxicas axeitadas a cada obxectivo da sesión e segundo cada tipo de discapacidade: pautas e criterios de elaboración.

• Situacións de práctica inclusiva para o fomento da participación de persoas con discapacidade nas actividades de atletismo adaptado. Integración e inclusión a través de xogos, tarefas e actividades de atletismo adaptado.

• As principais restricións na participación cara á práctica deportiva do atletismo adaptado:

– O contexto e as limitacións orixinadas pola falta de acceso á información da oferta da práctica do atletismo adaptado e a súa difusión.

– Barreiras arquitectónicas nas instalacións de atletismo adaptado e espazos sociais. Tipos e características.

– As actitudes no contorno das persoas con discapacidade cara á práctica do atletismo adaptado.

Módulo específico de ensino deportivo: Formación práctica

Código: MED-ATAT208

Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación

1. Identifica a estrutura organizativa e o funcionamento do centro de atletismo de prácticas (club, federación, escola, empresa etc.), relacionándoa coa súa oferta de actividades de especialización, tecnificación, perfeccionamento técnico, e coas súas actividades de xestión, e aplicando os procedementos e protocolos de seguridade na práctica.

a) Identificáronse as relacións do centro de atletismo de prácticas coa federación española de atletismo.

b) Identificáronse a estrutura organizativa e o funcionamento das distintas áreas do centro atlético de prácticas.

c) Identificáronse as relacións xerárquicas dentro do centro de atletismo de prácticas.

d) Identificouse a oferta de actividades vinculadas á tecnificación deportiva, e ao perfeccionamento técnico.

e) Identificáronse as vías de financiamento económico utilizadas polo centro de atletismo de prácticas.

f) Distinguiuse a oferta de actividades orientada á especialización, tecnificación ou perfeccionamento técnico de atletismo nas mulleres.

g) Mantívose unha actitude clara de respecto ao ambiente nas actividades desenvolvidas e aplicáronse as normas internas e externas vinculadas a aquela.

2. Actúa con autonomía, iniciativa e responsabilidade no posto de traballo, demostrando comportamento ético, habilidades persoais de comunicación, traballo en equipo e respecto polo ambiente e aplica os procedementos establecidos polo centro atlético de prácticas.

a) Identificáronse os requirimentos actitudinais do posto de traballo.

b) Interpretáronse e cumpríronse as instrucións recibidas, e responsabilizándose do traballo asignado.

c) Demostrouse compromiso co traballo ben feito e a calidade do servizo, así como respecto aos procedementos e principios propios do club ou entidade de atletismo.

d) Demostrouse capacidade de traballo en equipo e respecto á xerarquía establecida no club ou entidade de atletismo.

e) Estableceuse unha comunicación e relación eficaz co persoal técnico responsable da actividade e os/as integrantes do equipo, mantendo un trato fluído e correcto.

f) Coordinouse co resto do equipo, informando de calquera cambio, necesidade relevante ou imprevisto que se presente na actividade.

g) Demostrouse atención á hixiene e presentación persoal.

3. Controla a seguridade na práctica de tecnificación deportiva en atletismo, supervisando as instalacións e medios utilizados, interpretando a normativa e aplicando os procedementos e protocolos de acordo coa normativa e instrucións establecidas.

a) Identificáronse os aspectos básicos de seguridade, plans de emerxencia e evacuación das instalacións do centro de atletismo de prácticas e a súa adecuación á súa normativa de aplicación.

b) Identificáronse as normas de aplicación á seguridade das instalacións do centro de prácticas de atletismo.

c) Aplicáronse medidas de sinalización de seguridade e os plans de emerxencia e evacuación da instalación deportiva de atletismo, seguindo as instrucións e normas establecidas.

d) Actuouse atendendo á seguridade persoal, do equipo de traballo e dos/das usuarios/as, cumprindo coa normativa vixente e cos protocolos establecidos no centro deportivo de prácticas.

e) Aplicáronse os aspectos fundamentais da Lei de prevención de riscos laborais, relacionados coas actividades, competicións e eventos da iniciación deportiva en atletismo.

f) Identificáronse e aplicáronse as medidas de protección do ambiente da instalación deportiva de atletismo e a súa adecuación á normativa vixente.

g) Mantívose unha actitude clara de respecto ao ambiente nas actividades desenvolvidas e aplicáronse as normas internas e externas vinculadas a aquela.

h) Demostrouse orde, pulcritude e conservación dos materiais, equipamentos e ferramentas que utiliza na súa actividade.

4. Organiza, acompaña e dirixe os/as deportistas na súa participación en actividades, competicións e outros eventos de tecnificación deportiva en atletismo, transmitindo actitudes e valores persoais e sociais propios da ética deportiva, respecto ás demais persoas, ao contorno e ao propio corpo, xogo limpo e traballo en equipo.

a) Realizouse a inscrición do/da atleta ou grupo de atletas nunha competición de tecnificación en atletismo, de acordo cos protocolos e normas establecidos.

b) Realizáronse as operacións de xestión do seguro de accidente e actividade dun grupo de atletas que participan nunha competición, de acordo coas instrucións e normas recibidas.

c) Recoñeceuse e xustificouse a responsabilidade do persoal técnico nos desprazamentos dos/das atletas para asistir a unha competición.

d) Elaborouse o plan de viaxe dun/dunha atleta ou grupo de atletas que participa nunha competición de tecnificación deportiva, aplicando as instrucións e procedementos establecidos.

e) Comprobouse a cobertura legal do grupo de atletas, durante a súa participación na competición, de acordo coa normativa establecida.

f) Informouse o/a atleta das características da competición, interpretando a documentación sobre esta.

g) Aplicáronse procedementos de reclamación nunha competición de tecnificación en atletismo, aplicando os protocolos e normas establecidos.

h) Aplicáronse criterios de valoración da execución técnica e táctica do atletismo utilizando técnicas e procedementos de observación axeitados ao nivel de tecnificación atlética.

i) Trasladáronse ao grupo de atletas as instrucións técnicas e tácticas durante a competición de tecnificación deportiva, tendo en conta as características da competición e do/da atleta.

j) Acompañouse os/as atletas nas competicións, aplicando os procedementos e seguindo as instrucións e normas establecidas.

k) Velouse polo respecto aos valores do xogo limpo, o respecto á saúde persoal e ás demais persoas durante a participación na competición de tecnificación deportiva en atletismo, aplicando os procedementos axeitados e respectando as súas normas.

5. Adapta e concreta os programas e, dirixe as sesións de acondicionamento físico e perfeccionamento técnico e táctico en carreiras e marcha, interpretando a información recibida, aplicando as técnicas e procedementos de acordo coas instrucións e normas establecidas e colaborando na aplicación de técnicas de detección de talentos.

a) Identificáronse e seleccionáronse os medios e recursos necesarios para o desenvolvemento da actividade atlética de carreiras e marcha.

b) Recibiuse o/a atleta seguindo o protocolo establecido e identificando as súas demandas e necesidades en carreiras e marcha.

c) Aplicáronse técnicas e protocolos de valoración técnica e da condición motriz propios do/da atleta do nivel de tecnificación deportiva en atletismo, valorando o seu estado inicial, o grao de consecución dos obxectivos propostos e os erros cometidos en carreiras e marcha.

d) Identificáronse e seleccionáronse os obxectivos técnicos e de acondicionamento físico do/da atleta, en carreiras e marcha, a partir da programación de referencia do centro deportivo.

e) Identificáronse e seleccionáronse os obxectivos tácticos en carreiras e marcha, onde non se compite en estaxes individuais.

f) Aplicáronse protocolos de control e cuantificación da carga de adestramento dun/dunha atleta ou grupo de atletas nas sesións de acondicionamento físico e perfeccionamento técnico en carreiras e marcha.

g) Colaborouse na aplicación de técnicas de detección de talentos propios do atletismo en carreiras e marcha.

h) Establecéronse as condicións de seguridade necesarias, na tecnificación atlética en carreiras e marcha, interpretando as instrucións ou normas e aplicando os procedementos establecidos.

i) Elaborouse un ciclo de preparación completa dun/dunha atleta ou grupo de atletas nas especialidades de carreiras e marcha, a partir da programación de referencia do centro atlético, concretando:

1º. Obxectivos de preparación e/ou competición.

2º. Medios de adestramento.

3º. Instrumentos de control.

4º. Carga de traballo e a súa dinámica durante o ciclo.

5º. Métodos de adestramento.

6º. Sesións de adestramento.

E adecuándose ás características do/da atleta ou grupo de atletas e os medios de adestramento existentes.

j) Explicáronse os contidos da sesión de acondicionamento físico e perfeccionamento técnico en carreiras e marcha seguindo os protocolos e técnicas establecidas de forma clara e motivadora.

k) Dirixiuse a sesión de adestramento básico e perfeccionamento técnico en carreiras e marcha, solucionando as continxencias existentes, aplicando técnicas de dinámica de grupos e de motivación axeitadas ao/á atleta e ao grupo de atletas.

l) Utilizouse a terminoloxía técnica específica das especialidades atléticas de carreiras e marcha.

m) Manifestáronse iniciativas na resolución de problemas nas tarefas realizadas en carreiras e marcha.

6. Adapta e concreta os programas e dirixe as sesións de acondicionamento físico e perfeccionamento técnico en saltos, interpretando a información recibida, aplicando as técnicas e procedementos de acordo coas instrucións e normas establecidas e colaborando na aplicación de técnicas de detección de talentos.

a) Identificáronse e seleccionáronse os medios e recursos necesarios para o desenvolvemento da actividade atlética en saltos.

b) Recibiuse o/a atleta seguindo o protocolo establecido e identificando as súas demandas e necesidades en saltos.

c) Aplicáronse técnicas e protocolos de valoración técnica e da condición motriz propios do/da atleta do nivel de tecnificación deportiva en atletismo, valorando o seu estado inicial, o grao de consecución dos obxectivos propostos e os erros cometidos en saltos.

d) Identificáronse e seleccionáronse os obxectivos técnicos e de acondicionamento físico do/da atleta, en saltos, a partir da programación de referencia do centro deportivo.

e) Aplicáronse protocolos de control e cuantificación da carga de adestramento dun/dunha atleta ou grupo de atletas nas sesións de acondicionamento físico e perfeccionamento técnico en saltos.

f) Colaborouse na aplicación de técnicas de detección de talentos propios do atletismo en saltos.

g) Establecéronse as condicións de seguridade necesarias, na tecnificación atlética en saltos, interpretando as instrucións ou normas e aplicando os procedementos establecidos.

h) Elaborouse un ciclo de preparación completa dun/dunha atleta ou grupo de atletas nas especialidades de saltos, a partir da programación de referencia do centro atlético, concretando:

1º. Obxectivos de preparación e/ou competición.

2º. Medios de adestramento.

3º. Instrumentos de control.

4º. Carga de traballo e a súa dinámica durante o ciclo.

5º. Métodos de adestramento.

6º. Sesións de adestramento.

E adecuándose ás características do/da atleta ou grupo de atletas e os medios de adestramento existentes.

i) Explicáronse os contidos da sesión de acondicionamento físico e perfeccionamento técnico en saltos seguindo os protocolos e técnicas establecidas de forma clara e motivadora.

j) Dirixiuse a sesión de adestramento básico e perfeccionamento técnico en saltos, solucionando as continxencias existentes, aplicando técnicas de dinámica de grupos e de motivación axeitadas ao/á atleta e ao grupo de atletas.

k) Utilizouse a terminoloxía técnica específica das especialidades atléticas de saltos.

l) Manifestáronse iniciativas na resolución de problemas nas tarefas realizadas en saltos.

7. Adapta e concreta os programas e dirixe as sesións de acondicionamento físico e perfeccionamento técnico en lanzamentos e probas combinadas, interpretando a información recibida, aplicando as técnicas e procedementos de acordo coas instrucións e normas establecidas e colaborando na aplicación de técnicas de detección de talentos.

a) Identificáronse e seleccionáronse os medios e recursos necesarios para o desenvolvemento da actividade atlética en lanzamentos e probas combinadas.

b) Recibiuse o/a atleta seguindo o protocolo establecido e identificando as súas demandas e necesidades en lanzamentos e probas combinadas.

c) Aplicáronse técnicas e protocolos de valoración técnica e da condición motriz propios do/da atleta do nivel de tecnificación deportiva en atletismo, valorando o seu estado inicial, o grao de consecución dos obxectivos propostos e os erros cometidos en lanzamentos e probas combinadas.

d) Identificáronse e seleccionáronse os obxectivos técnicos e de acondicionamento físico do/da atleta, en lanzamentos e probas combinadas, a partir da programación de referencia do centro deportivo.

e) Aplicáronse protocolos de control e cuantificación da carga de adestramento dun/dunha atleta ou grupo de atletas nas sesións de acondicionamento físico e perfeccionamento técnico en lanzamentos e probas combinadas.

f) Colaborouse na aplicación de técnicas de detección de talentos propios do atletismo en lanzamentos e probas combinadas.

g) Establecéronse as condicións de seguridade necesarias na tecnificación atlética en lanzamentos e probas combinadas, interpretando as instrucións ou normas e aplicando os procedementos establecidos.

h) Elaborouse un ciclo de preparación completa dun/dunha atleta ou grupo de atletas nas especialidades de lanzamentos e probas combinadas, concretando:

1º. Obxectivos de preparación e/ou competición.

2º. Medios de adestramento.

3º. Instrumentos de control.

4º. Carga de traballo e a súa dinámica durante o ciclo.

5º. Métodos de adestramento.

6º. Sesións de adestramento.

E adecuándose ás características do/da atleta ou grupo de atletas e os medios de adestramento existentes.

i) Explicáronse os contidos da sesión de acondicionamento físico e perfeccionamento técnico en lanzamentos e probas combinadas seguindo os protocolos e técnicas establecidas de forma clara e motivadora.

j) Dirixiuse a sesión de adestramento básico e perfeccionamento técnico en lanzamentos e probas combinadas, solucionando as continxencias existentes e aplicando técnicas de dinámica de grupos e de motivación axeitadas ao/á atleta e ao grupo de atletas.

k) Utilizouse a terminoloxía técnica específica das especialidades atléticas de lanzamentos e probas combinadas.

l) Manifestáronse iniciativas na resolución de problemas nas tarefas realizadas en lanzamentos e probas combinadas.

8. Organiza sesións de iniciación deportiva en atletismo adaptado, aplicando recursos que fomenten a súa participación en función das súas limitacións.

a) Valorouse a importancia de atender ás características únicas da persoa con discapacidade previamente á realización da práctica de atletismo adaptado.

b) Orientouse as persoas con discapacidade cara ás prácticas atléticas máis axeitadas en cada caso.

c) Determináronse as axudas técnicas e as medidas de seguridade específicas segundo os diferentes tipos de discapacidade e as características da práctica deportiva do atletismo adaptado.

d) Establecéronse as principais orientacións metodolóxicas en relación coa comunicación e a participación na tarefa das persoas con discapacidade.

e) Aplicáronse procedementos de adaptación das tarefas e xogos favorecendo a participación, o goce e as posibilidades de éxito de persoas con discapacidade na práctica do atletismo adaptado.

f) Identificáronse as principais limitacións cara á práctica provocadas pola falta de accesibilidade nas instalacións e espazos deportivos no centro deportivo de prácticas.

g) Examináronse as limitacións orixinadas pola falta de acceso á información da oferta deportiva do atletismo adaptado e a difusión da práctica no centro deportivo de prácticas.

h) Propiciouse unha actitude positiva cara á inclusión por parte de compañeiros/as, persoal técnico, as propias familias e as institucións cara á práctica deportiva do atletismo adaptado.

9. Coordina o proceso de iniciación deportiva en atletismo, elaborando as programacións de referencia, analizando a estrutura da escola de iniciación ao atletismo, e aplicando os procedementos e técnicas axeitadas.

a) Identificáronse a estrutura e funcións da escola de iniciación en atletismo no centro de prácticas.

b) Realizáronse funcións e aplicáronse protocolos de coordinación do persoal técnico de iniciación en atletismo no centro de prácticas.

c) Identificáronse as necesidades materiais e humanas da escola de iniciación en atletismo do centro de prácticas.

d) Identificáronse os estándares técnicos do programa de iniciación deportiva en atletismo do centro de prácticas.

e) Elaborouse un programa de iniciación en atletismo, de acordo coas características do grupo, do contorno e a programación do centro de prácticas.

f) Avaliouse un programa de iniciación ao atletismo, de acordo coas características do grupo, do contorno e a programación do centro de atletismo.

10. Colabora na organización de actividades e competicións de tecnificación deportiva en atletismo, interpretando instrucións e normas relacionadas, identificando e preparando os medios necesarios e aplicando os procedementos establecidos.

a) Identificouse o calendario de actividades, eventos e competicións de iniciación ou tecnificación en atletismo do centro de prácticas.

b) Seleccionouse a información necesaria na organización dun evento ou competición de iniciación ou tecnificación en atletismo do centro de prácticas.

c) Realizáronse operacións de xestión e organización dos espazos, materiais e recursos humanos dun evento ou competición de iniciación ou tecnificación en atletismo do centro de prácticas.

d) Aplicáronse técnicas de recollida de información sobre os aspectos organizativos e loxísticos dun evento ou competición de iniciación ou tecnificación en atletismo do centro de prácticas.

e) Realizáronse operacións de distribución, situación, aloxamento e circulación dos/das participantes e público asistente nun evento ou competición de iniciación ou tecnificación en atletismo do centro de prácticas.

f) Realizáronse operacións de apoio administrativo á organización dun evento ou competición de iniciación ou tecnificación en atletismo do centro de prácticas.

g) Elaboráronse os documentos informativos dun evento ou competición de iniciación ou tecnificación en atletismo do centro de prácticas.

h) Demostrouse unha actitude crítica na autoavaliación do seu desempeño.

ANEXO IV
Ratio profesorado/alumnado

Bloque específico

Ratio profesorado/alumnado

Ciclo inicial

MED-ATAT102. Metodoloxía da ensinanza do atletismo.

1/30

MED-ATAT103. Organización de actividades de iniciación en atletismo.

1/30

Ciclo final

MED-ATAT201. Perfeccionamento técnico en carreiras e marcha.

1/30

MED-ATAT202. Perfeccionamento técnico en saltos.

1/30

MED-ATAT203. Perfeccionamento técnico en lanzamentos e probas combinadas.

1/30

MED-ATAT204. Regulamento.

1/30

MED-ATAT205. Adestramento condicional en atletismo.

1/30

MED-ATAT206. Organización do atletismo.

1/30

MED-ATAT207. Atletismo adaptado.

1/30

ANEXO V
Acceso ao módulo de formación práctica

Acceso ao módulo de formación práctica

Módulos a superar

MED-ATAT104. Formación práctica.

Do bloque común do ciclo inicial:

● MED-C101. Bases do comportamento deportivo.

● MED-C102. Primeiros auxilios.

Do bloque específico:

● MED-ATAT102. Metodoloxía da ensinanza do atletismo.

MED-ATAT208. Formación práctica.

Do bloque común do ciclo final:

● MED-C201. Bases da aprendizaxe deportiva.

● MED-C202. Bases do adestramento deportivo.

Do bloque específico:

● MED-ATAT201. Perfeccionamento técnico en carreiras e marcha.

● MED-ATAT202. Perfeccionamento técnico en saltos.

● MED-ATAT203. Perfeccionamento técnico en lanzamentos e probas combinadas.

● MED-ATAT205. Adestramento condicional en atletismo.

ANEXO VI-A
Espazos e equipamentos mínimos do ciclo inicial

Espazos: ciclo inicial

Espazo formativo

Superficie m2

30 alumnos/as

Superficie m2

20 alumnos /as

Módulo de ensino deportivo

Aula polivalente

60 m2

40 m2

Módulos de ensino deportivo dos bloques común e específico do ciclo inicial.

Ximnasio.

120 m2

90 m2

MED-C101. Bases do comportamento deportivo.

MED-C102. Primeiros auxilios.

MED-C103. Actividade física adaptada e discapacidade.

Espazo formativo

Módulo de ensino deportivo

Pista de atletismo, de polo menos 300 metros de corda.

MED-ATAT102. Metodoloxía da ensinanza do atletismo.

MED-ATAT103. Organización de actividades de iniciación en atletismo.

Equipamentos: ciclo inicial

Equipamento da aula polivalente

Módulo de ensino deportivo

Equipamentos audiovisuais. Canón de proxección.

PCs instalados en rede con conexión á internet.

Software específico.

Módulos de ensino deportivo dos bloques común e específico do ciclo inicial.

Equipamento do ximnasio

Módulo de ensino deportivo

Manequíns de primeiros auxilios (persoa adulta e bebé).

Material de inmobilización e mobilización.

Material de cura.

Desfibrilador externo semiautomático.

MED-C102. Primeiros auxilios.

Material deportivo adaptado.

MED-C103. Actividade física adaptada e discapacidade.

Equipamento da pista de atletismo

Módulo de ensino deportivo

Zonas de saltos e lanzamentos.

Material de cada especialidade.

MED-ATAT102. Metodoloxía da ensinanza do atletismo.

MED-ATAT103. Organización de actividades de iniciación en atletismo.

ANEXO VI-B

Espazos e equipamentos do ciclo final

Espazos: ciclo final

Espazo formativo

Superficie m2

30 alumnos/as

Superficie m2

20 alumnos/as

Módulo de ensino deportivo

Aula polivalente.

60 m2

40 m2

Todos os módulos de ensino deportivo dos bloques común e específico do ciclo final.

Ximnasio.

120 m2

90 m2

MED-C201. Bases da aprendizaxe deportiva.

MED-C202. Bases do adestramento deportivo.

MED-C203. Deporte adaptado e discapacidade.

MED-ATAT205. Adestramento condicional en atletismo.

Pista polideportiva 44×22

MED-C201. Bases da aprendizaxe deportiva.

MED-C202. Bases do adestramento deportivo.

MED-C203. Deporte adaptado e discapacidade.

MED-ATAT207. Atletismo adaptado.

Espazo formativo

Módulo de ensino deportivo

Pista de atletismo de polo menos 300 metros de corda.

MED-ATAT201. Perfeccionamento técnico en carreiras e marcha.

MED-ATAT202. Perfeccionamento técnico en saltos.

MED-ATAT203. Perfeccionamento técnico en lanzamentos e probas combinadas.

MED-ATAT205. Adestramento condicional en atletismo.

MED-ATAT207. Atletismo adaptado.

Equipamentos: ciclo final

Equipamento da aula polivalente

Módulo de ensino deportivo

Equipamentos audiovisuais. Canón de proxección.

PCs instalados en rede con conexión á internet.

Software específico.

Todos os módulos de ensino deportivo dos bloques común e específico do ciclo final.

Equipamento do ximnasio

Módulo de ensino deportivo

Material deportivo adaptado.

Material ortopédico.

MED-C203. Deporte adaptado e discapacidade.

Material deportivo.

Bonecos desmembrados.

Láminas de anatomía.

Pulsímetros.

MED-C202. Bases do adestramento deportivo.

Balóns medicinais (3 kg, 4 kg, 5 kg).

Colchóns.

Halteres curtos de diferentes pesos.

Barras de levantamentos.

Discos (diversos pesos).

Bancos para exercicios de musculación: horizontal, inclinado e/ou reclinable.

Balóns inflables 65 cm.

Gomas elásticas.

Barras de parede.

Bancos suecos.

MED-ATAT205. Adestramento condicional en atletismo.

Equipamento da pista de atletismo

Módulo de ensino deportivo

Foso e equipamento regulamentario de salto de altura.

Foso e equipamento regulamentario de salto de lonxitude e triplo salto.

Foso e equipamento regulamentario de salto con pértega.

Círculo, zona e equipamento regulamentario de lanzamento de peso.

Círculo, zona e equipamento regulamentario de lanzamento de disco.

Círculo, zona e equipamento regulamentario de lanzamento de martelo.

Zona e equipamento regulamentario de lanzamento de xavelina.

Gaiolas protectoras para os círculos de lanzamento.

Material regulamentario de cada especialidade.

Material de atletismo adaptado.

MED-ATAT201. Perfeccionamento técnico en carreiras e marcha.

MED-ATAT202. Perfeccionamento técnico en saltos.

MED-ATAT203. Perfeccionamento técnico en lanzamentos e probas combinadas.

MED-ATAT205. Adestramento condicional en atletismo.

MED-ATAT207. Atletismo adaptado.

ANEXO VII
Proba RAE-ATAT101, de carácter específico, para o acceso ás ensinanzas
de ciclo inicial de grao medio en Atletismo

Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación

1. Realiza a colocación e a acción da saída de tacos, colocándoos con eficacia e respectando o regulamento, executando a técnica de forma axustada ás fases da saída de tacos e alcanzando de forma progresiva a velocidade de desprazamento.

a) Colocáronse os tacos de saída coa separación axeitada ao/á executante.

b) Colocáronse os tacos detrás da raia de saída.

c) Colocouse o/a aspirante nos tacos á voz de «aos postos», e coas mans detrás da raia.

d) Colocouse subindo a cadeira á voz de «listos/as».

e) Púxose en acción ao sinal accionando os brazos e empuxando coas pernas nos tacos.

f) Realizouse un incremento progresivo da velocidade desde a saída ata os 20 metros.

Proba asociada: preparación dos tacos e saída de velocidade.

Preséntase ao/á aspirante uns tacos para realizar a saída e debe realizar as seguintes accións:

• Colocación dos tacos detrás da raia de saída.

• Execución da acción de saída de tacos e carreira en progresión durante 20 metros.

2. Realiza a elección da altura e distancia de valados, executa a acción de paso de valados, demostrando o nivel técnico axeitado para o desempeño da iniciación deportiva.

a) Realizouse a saída desde unha distancia que lle permita chegar coa perna elixida.

b) Realizáronse tres pasos entre o primeiro e o segundo valado e entre o segundo e o terceiro valado cun posicionamento equilibrado do corpo e apoios correctos.

c) Apoiouse, logo do paso do valado, co mínimo de flexión na perna e o nocello nos tres valados, e sen excesiva perda de velocidade.

Proba asociada: paso de valados.

Ao/á alumno/a preséntaselle a zona de carreiras con tres valados e debe realizar as seguintes accións:

• O/a alumno/a elixe a altura do valado de entre 76 e 84 centímetros, e a distancia entre valados de entre 7 e 8 metros.

• O/a alumno/a debe talonar unha distancia ao primeiro valado, realizar o paso dos tres valados e seguir correndo durante polo menos 10 metros máis.

3. Realiza o salto de lonxitude, talonando a carreira, aplicando as técnicas de carreira, batida, voo e caída no foso, demostrando o nivel técnico axeitado para o desempeño da iniciación deportiva.

a) Talonouse unha carreira de impulso dunha distancia aproximada de 15 m con referencia ao bordo do foso.

b) Bateuse cunha perna antes do foso de caída.

c) Fíxose un voo equilibrado na técnica escollida polo/pola alumno/a.

d) Caeuse a dous pés no foso.

e) Saíuse do foso por diante.

Proba asociada: salto de lonxitude.

Preséntase ao/á alumno/a a zona axeitada para realizar o salto de lonxitude e debe talonar unha carreira de lonxitude curta (ao redor de 15 m) con referencia ao bordo do foso e realizar as accións de carreira, batida, voo e caída.

4. Realiza o salto de altura con listón (ou goma), aplicando o estilo Fosbury flop, demostrando o nivel técnico axeitado para o desempeño da iniciación deportiva.

a) Talonouse unha carreira de catro pasos en curva polo lado tecnicamente correspondente á perna de batida escollida.

b) Correuse en curva cunha boa posición de carreira e bateuse coa perna exterior.

c) Saltouse verticalmente e colocouse o corpo por enriba do listón.

d) Traspasouse o listón, retirando as pernas e caendo de costas no colchón.

Proba asociada: salto de altura.

Preséntase ao/á aspirante a zona axeitada para realizar un salto de altura e o/a alumno/a debe:

• Elixir a altura do listón ou goma.

• Realizar o salto estilo Fosbury flop, cunha carreira de catro pasos en curva.

5. Realiza o lanzamento de peso desde o círculo con técnica lineal, demostrando o nivel técnico axeitado para o desempeño da iniciación deportiva.

a) Colocouse o peso pegado ao pescozo e colócase de costas á dirección de lanzamento.

b) Realizáronse os movementos de balanza coa perna libre, previos ao desprazamento coa perna dereita (lanzador/a destro/a).

c) Realizouse o desprazamento lanzando a perna esquerda cara ao contentor e empuxando coa perna dereita ata o apoio dos dous pés (lanzador/a destro/a).

d) Chegouse á posición final, logo de empuxar coa perna dereita, colocar o corpo de cara ao lanzamento e lanzar (lanzador/a destro/a).

e) Recuperouse o equilibrio cambiando o apoio do pé esquerdo polo apoio do pé dereito sen exceder o contentor, saíndo do círculo pola parte posterior (lanzador/a destro/a).

f) Os criterios 2, 3, 4 e 5 adaptaranse ao/á lanzador/a zurdo/a.

Proba asociada: lanzamento de peso.

Preséntase ao/á aspirante o material necesario e a zona de lanzamento de peso, onde o/a executante debe:

• Realizar a proba de lanzamento de peso utilizando a técnica lineal.

• Utilizar un artefacto de 3 ou 4 kg.

Condicións básicas de realización da proba de carácter específico.

Espazos e equipamentos.

Espazos:

• Pista ou recta de atletismo.

• Foso de salto de lonxitude.

• Circulo de lanzamento de peso con contentor.

Equipamentos e materiais:

• Xogos de tacos de atletismo (polo menos 3).

• Valos regulables (0,76 m e 0,84 m) (polo menos 9).

• Colchóns de caída de salto de altura.

• Xogo de saltómetros regulables.

• Listóns de salto de altura (polo menos 2).

• Pesos de 3 e 4 kg (polo menos dous de cada).

ANEXO VIII

Requisitos de titulación do profesorado dos módulos do bloque común
dos ciclos inicial e final de grao medio, en centros públicos da consellería
con competencias en materia de educación

Serán impartidas por quen posúa a especialidade que a continuación se detalla:

Ciclo inicial

Módulo de ensino deportivo

Especialidade

Corpo

MED-C101. Bases do comportamento deportivo.

Educación física.

Catedráticos/as de ensino secundario.

Profesores/as de ensino secundario.

MED-C102. Primeiros auxilios.

Educación física.

Procesos sanitarios.

Catedráticos/as de ensino secundario.

Profesores/as de ensino secundario.

Procedementos sanitarios e asistenciais.

Profesores/as técnicos/as de formación profesional.

MED-C103. Actividade física adaptada e discapacidade.

Educación física.

Catedráticos/as de ensino secundario.

Profesores/as de ensino secundario.

MED-C104. Organización deportiva.

Educación física.

Catedráticos/as de ensino secundario.

Profesores/as de ensino secundario.

Ciclo final

Módulo de ensino deportivo

Especialidade

Corpo

MED-C201. Bases da aprendizaxe deportiva.

Educación física.

Catedráticos/as de ensino secundario.

Profesores/as de ensino secundario.

MED-C202. Bases do adestramento deportivo.

Educación física.

Catedráticos/as de ensino secundario.

Profesores/as de ensino secundario.

MED-C203. Deporte adaptado e discapacidade.

Educación física.

Catedráticos/as de ensino secundario.

Profesores/as de ensino secundario.

MED-C204. Organización e lexislación deportiva.

Educación física.

Catedráticos/as de ensino secundario.

Profesores/as de ensino secundario.

MED-C205. Xénero e deporte.

Educación física.

Catedráticos/as de ensino secundario.

Profesores/as de ensino secundario.

ANEXO IX-A
Requisitos de titulación do profesorado dos módulos do bloque
específico dos ciclos inicial e final de grao medio, en centros públicos
da consellería con competencias en materia de educación

Serán impartidas por quen posúa a especialidade ou condición que a continuación se detalla:

Ciclo inicial

Módulo de ensino deportivo

Especialidade

Corpo

MED-ATAT102. Metodoloxía da ensinanza do atletismo.

MED-ATAT103. Organización de actividades de iniciación en atletismo.

Educación física co título de técnico deportivo superior en Atletismo.

Catedráticos/as de ensino secundario.

Profesores/as de ensino secundario.

Profesor/a especialista.

MED-ATAT104. Formación práctica.

Educación física co título de técnico deportivo superior en Atletismo.

Catedráticos/as de ensino secundario.

Profesores/as de ensino secundario.

Profesor/a especialista.

Ciclo final

Módulo de ensino deportivo

Especialidade

Corpo

MED-ATAT201. Perfeccionamento técnico en carreiras e marcha.

MED-ATAT202. Perfeccionamento técnico en saltos.

MED-ATAT203. Perfeccionamento técnico en lanzamentos e probas combinadas.

MED-ATAT204. Regulamento.

MED-ATAT205. Adestramento condicional en atletismo.

MED-ATAT206. Organización do atletismo.

MED-ATAT207. Atletismo adaptado.

MED-ATAT208. Formación práctica.

Educación física co título de técnico deportivo superior en Atletismo.

Catedráticos/as de ensino secundario.

Profesores/as de ensino secundario.

Profesor/a especialista.

ANEXO IX-B

Condición de profesor/a especialista en centros públicos da consellería
con competencias en materia de educación: acreditación de experiencia
docente, ou actividade no ámbito deportivo e laboral

Ciclo inicial e final

No caso das formacións a que se refire a disposición adicional quinta do Real decreto 1363/2007, do 24 de outubro, a Real Federación Española de Atletismo, emitirá a correspondente certificación da experiencia docente en que conste: as materias impartidas, o número de horas impartidas, a data do curso en que se impartiu a materia ou materias, e a data da resolución de recoñecemento da formación por parte do Consello Superior de Deportes xunto coa data de publicación no BOE.

No caso das formacións a que se refire a disposición transitoria primeira do Real decreto 1913/1997, do 19 de decembro, o órgano competente da comunidade autónoma que autorizou as formacións emitirá a correspondente certificación da experiencia docente en que consten as materias e o número de horas impartidas.

A experiencia laboral acreditarase mediante a certificación da empresa onde se adquirise a dita experiencia en que conste especificamente a duración do contrato, a actividade desenvolvida e o período de tempo en que se realizou a actividade. No caso de traballadores/as por conta propia, exixirase a certificación de alta no censo de obrigados tributarios, cunha antigüidade mínima dun ano, así como unha declaración do/da interesado/a das actividades máis representativas.

A Real Federación Española de Atletismo emitirá a correspondente certificación da experiencia deportiva en que conste a actividade desenvolvida e o período de tempo en que se realizou a actividade.

ANEXO X
Requisitos de titulación do profesorado dos módulos de ensinanza
deportiva dos ciclos inicial e final de grao medio, en centros privados e
de titularidade pública de administracións distintas á consellería
con competencias en materia de educación

Serán impartidos por quen acredite os títulos que a continuación se detallan ou os que fosen declarados equivalentes ou homologados para efectos de docencia:

Módulos do bloque común: ciclo inicial

Módulo común de ensino deportivo

Titulacións

MED-C101. Bases do comportamento deportivo.

Licenciado/a ou graduado/a en Ciencias da Actividade Física e o Deporte.

Licenciado/a ou graduado/a en Psicoloxía.

Mestre/a especialista en Educación Física.

Título de grao que habilite para o exercicio da profesión de mestre/a en Educación Primaria que inclúa unha mención en Educación Física.

MED-C102. Primeiros auxilios.

Licenciado/a ou graduado/a en Ciencias da Actividade Física e o Deporte.

Licenciado/a ou graduado/a en Medicina.

Diplomado/a ou graduado/a en Enfermaría.

Diplomado/a ou graduado/a en Fisioterapia.

MED-C103. Actividade física adaptada e discapacidade.

Licenciado/a ou graduado/a en Ciencias da Actividade Física e o Deporte.

Mestre/a especialista en Educación Física.

Título de grao que habilite para o exercicio da profesión de mestre/a en Educación Primaria que inclúa unha mención en Educación Física.

MED-C104. Organización deportiva.

Licenciado/a ou graduado/a en Ciencias da Actividade Física e o Deporte.

Módulos do bloque común: ciclo final

Módulo común de ensino deportivo

Titulacións

MED-C201. Bases da aprendizaxe deportiva.

Licenciado/a ou graduado/a en Ciencias da Actividade Física e o Deporte.

Licenciado/a ou graduado/a en Psicoloxía.

Mestre/a especialista en Educación Física.

Título de grao que habilite para o exercicio da profesión de mestre/a en Educación Primaria que inclúa unha mención en Educación Física.

MED-C202. Bases do adestramento deportivo.

Licenciado/a ou graduado/a en Ciencias da Actividade Física e o Deporte.

MED-C203. Deporte adaptado e discapacidade.

Licenciado/a ou graduado/a en Ciencias da Actividade Física e o Deporte.

MED-C204. Organización e lexislación deportiva.

Licenciado/a ou graduado/a en Ciencias da Actividade Física e o Deporte.

Licenciado/a ou graduado/a en Dereito.

MED-C205. Xénero e deporte.

Licenciado/a ou graduado/a en Ciencias da Actividade Física e o Deporte.

Mestre/a especialista en Educación Física.

Título de grao que habilite para o exercicio da profesión de mestre/a en Educación Primaria que inclúa unha mención en Educación Física.

Módulos do bloque específico: ciclo inicial

Módulo específico de ensino deportivo

Titulacións

MED-ATAT102. Metodoloxía da ensinanza do atletismo.

MED-ATAT103. Organización de actividades de iniciación en atletismo.

MED-ATAT104. Formación práctica.

Técnico/a deportivo/a superior en Atletismo.

Módulos do bloque específico: ciclo final

Módulo específico de ensino deportivo

Titulacións

MED-ATAT201. Perfeccionamento técnico en carreiras e marcha.

MED-ATAT202. Perfeccionamento técnico en saltos.

MED-ATAT203. Perfeccionamento técnico en lanzamentos e probas combinadas.

MED-ATAT204. Regulamento.

MED-ATAT205. Adestramento condicional en atletismo.

MED-ATAT206. Organización do atletismo.

MED-ATAT207. Atletismo adaptado.

MED-ATAT208. Formación práctica.

Técnico/a deportivo/a superior en Atletismo.

ANEXO XI
Validacións entre módulos de ensino deportivo establecidos ao abeiro
da Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema
educativo e os módulos de ensino deportivo do bloque específico
do título de técnico deportivo en Atletismo

Ciclo inicial

Módulos superados do primeiro nivel do título de técnico deportivo en Atletismo LOXSE (Real decreto 254/2004, do 13 de febreiro)

Módulos validados do ciclo inicial de grao medio de Atletismo

Desenvolvemento profesional.

MED-ATAT103. Organización de actividades de iniciación en atletismo.

Formación técnica do atletismo.

MED-ATAT102. Metodoloxía da ensinanza do atletismo.

Ciclo final

Módulos superados do segundo nivel do título de técnico deportivo en Atletismo LOXSE (Real decreto 254/2004, do 13 de febreiro)

Módulos validados do ciclo final de grao medio de Atletismo

Desenvolvemento profesional.

MED-ATAT206. Organización do atletismo.

Formación técnica e metodoloxía da ensinanza das carreiras e marcha.

MED-ATAT201. Perfeccionamento técnico en carreiras e marcha.

Formación técnica e metodoloxía da ensinanza dos lanzamentos e probas combinadas.

MED-ATAT203. Perfeccionamento técnico en lanzamentos e probas combinadas.

Formación técnica e metodoloxía da ensinanza dos saltos.

MED-ATAT202. Perfeccionamento técnico en saltos.

Metodoloxía do adestramento das especialidades atléticas.

MED-ATAT205. Adestramento condicional en atletismo.

Regulamento das especialidades atléticas do segundo nivel.

MED-ATAT204. Regulamento.

ANEXO XII
Exención total ou parcial do módulo de formación práctica dos ciclos inicial e final

MED-ATAT104. Formación práctica

Experiencia no ámbito laboral ou deportivo

Exención total.

Exención parcial.

Duración: superior a 300 horas.

Actividade desenvolvida: experiencia relacionada coa competencia xeral do ciclo inicial de grao medio en Atletismo e os resultados de aprendizaxe do módulo de formación práctica.

Período de tempo que desenvolveu a actividade: dous anos anteriores á finalización do curso.

A exención parcial do módulo de formación práctica concederase para aqueles resultados de aprendizaxe do módulo que sexan concordantes coa experiencia laboral ou deportiva acreditada.

A exención total do módulo de formación práctica poderase conceder cando exista unha completa concordancia da experiencia laboral ou deportiva acreditada coa totalidade dos resultados de aprendizaxe do correspondente módulo.

A federación española ou autonómica de atletismo emitirá a correspondente certificación da experiencia deportiva en que conste a actividade desenvolvida e o período de tempo en que se realizou a actividade.

A experiencia laboral acreditarase mediante a certificación da empresa onde se adquirise a dita experiencia en que conste especificamente a duración do contrato, a actividade desenvolvida e o período de tempo en que se realizou a actividade. No caso de traballadores/as por conta propia, exixirase a certificación de alta no censo de obrigados tributarios, cunha antigüidade mínima dun ano, así como unha declaración do/da interesado/a das actividades máis representativas.

MED-ATAT208. Formación práctica

Experiencia no ámbito laboral ou deportivo

Exención total.

Exención parcial.

Duración: superior a 400 horas

Actividade desenvolvida: experiencia relacionada coa competencia xeral do ciclo final de grao medio en Atletismo e os resultados de aprendizaxe do módulo de formación práctica.

Período de tempo que desenvolveu a actividade: dous anos anteriores á finalización do curso.

A exención parcial do módulo de formación práctica concederase para aqueles resultados de aprendizaxe do módulo que sexan concordantes coa experiencia laboral ou deportiva acreditada.

A exención total do módulo de formación práctica, poderase conceder cando exista unha completa concordancia da experiencia laboral ou deportiva acreditada coa totalidade dos resultados de aprendizaxe do correspondente módulo.

A federación española ou autonómica de atletismo ou aquelas entidades establecidas polas administracións educativas competentes emitirán a correspondente certificación da experiencia deportiva en que conste a actividade desenvolvida e o período de tempo en que se realizou a actividade.

A experiencia laboral acreditarase mediante a certificación da empresa onde se adquirise a dita experiencia en que conste especificamente a duración do contrato, a actividade desenvolvida e o período de tempo en que se realizou a actividade. No caso de traballadores/as por conta propia, exixirase a certificación de alta no censo de obrigados tributarios, cunha antigüidade mínima dun ano, así como unha declaración do/da interesado/a das actividades máis representativas.

ANEXO XIII
Formación a distancia

Módulos bloque común

Grao medio

Ciclo inicial

Ciclo final

MED-C101. Bases do comportamento deportivo.

MED-C102. Primeiros auxilios.

MED-C103. Actividade física adaptada e discapacidade.

MED-C104. Organización deportiva.

MED-C201. Bases da aprendizaxe deportiva.

MED-C202. Bases do adestramento deportivo.

MED-C203. Deporte adaptado e discapacidade.

MED-C204. Organización e lexislación deportiva.

MED-C205. Xénero e deporte.

Módulos bloque específico

MED-ATAT103. Organización de actividades de iniciación en atletismo.

MED-ATAT204. Regulamento.

MED-ATAT205. Adestramento condicional en atletismo.

MED-ATAT206. Organización do atletismo.

MED-ATAT207. Atletismo adaptado.