1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Consellería do Mar.
b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación e Réxime Patrimonial.
2. Obxecto do contrato.
a) Tipo: servizos.
b) Descrición do obxecto: transporte e apoio mediante o uso de embarcación para o desenvolvemento de prácticas no mar do alumnado do ciclo medio de mergullo e formación non regrada de mergullo profesional do Instituto Galego de Formación en Acuicultura da Illa de Arousa (Igafa).
c) División por lotes e número: non.
d) Prazo de execución: desde o día seguinte da sinatura do contrato ata o 30 de decembro de 2016.
e) Admisión de prórroga: non.
f) CPV: 60651000.
3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria e aberto, non suxeito a regulación harmonizada.
Criterios de adxudicación: recollidos na letra N da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.
4. Orzamento de licitación.
Importe neto: 42.000 €; exento de IVE. Importe total: 42.000 €.
Valor estimado: 42.000 €.
5. Financiamento: fondos propios da Consellería do Mar.
6. Requisitos específicos do contratista.
a) Clasificación: non se exixe.
b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: segundo o disposto nas letras J e K da folla de especificacións.
7. Garantía exixida: definitiva, por contía do 5 % do importe de licitación (excluído o IVE): 2.100 euros.
8. Obtención de documentación e información.
a) Entidade: Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar. Servizo de Contratación e Réxime Patrimonial.
b) Domicilio: Edificio Administrativo, nº 5, 2º andar, Santiago de Compostela.
c) Teléfonos: 981 54 57 44 e 981 54 40 46 (consultas administrativas); 981 54 61 39 (consultas técnicas).
d) Telefax: 981 54 50 03.
e) Enderezo electrónico: licitacion.mar@xunta.es
f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, todos os días laborables, excepto sábados, das 9.00 ás 14.00 horas.
g) Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación a través da internet no enderezo http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=23823
9. Presentación das ofertas.
a) Data límite de presentación: o prazo de presentación das ofertas comezará o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e rematará aos quince (15) días naturais, non sendo que o último día sexa inhábil, caso en que se prorrogará o prazo ao primeiro día hábil seguinte.
b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.
c) Lugar de presentación: o único rexistro válido será a oficina de Rexistro Único e Información da Xunta de Galicia (Edificio Administrativo de San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela), poderase enviar por correo a este rexistro único dentro do prazo de admisión sinalado. Cando a oferta se envíe por correo certificado dentro do prazo de admisión, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle a súa remisión ao órgano de contratación no mesmo día, mediante telegrama, burofax ou fax (981 54 50 03).
d) Prazo en que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses contados desde a data de apertura das proposicións.
10. Apertura das ofertas.
a) Enderezo: sala de xuntas da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar.
b) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.
c) Datas e horas: no lugar, na data e na hora que se comunicará mediante a súa publicación na páxina web do perfil de contratante indicada no anterior punto 8.g).
11. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario.
Santiago de Compostela, 22 de decembro de 2015
P.D. (Orde do 30.3.2012; DOG nº 70, do 12 de abril)
María Isabel Concheiro Rodríguez-Segade
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar