Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Venres, 15 de xaneiro de 2016 Páx. 1435

III. Outras disposicións

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

ORDE do 7 de xaneiro de 2016 pola que se fan públicos os anexos da Orde do 23 de decembro de 2015 pola que se modifica a Orde do 7 de agosto de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións do programa do Bono de Alugueiro Social do Plan rehaVIta: Plan galego de rehabilitación, alugamento e mellora do acceso á vivenda 2015-2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2016, con financiamento plurianual.

O día 30 de decembro de 2015 publicouse no DOG a Orde do 23 de decembro de 2015 pola que se modifica a Orde do 7 de agosto de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións do programa do Bono de Alugueiro Social do Plan rehaVIta: Plan galego de rehabilitación, alugamento e mellora do acceso á vivenda 2015-2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2016, con financiamento plurianual. Xunto coa citada orde non se fixeron públicos os anexos, polo que cómpre proceder agora á súa publicación.

En consecuencia co anteriormente exposto, no exercicio das facultades que me confiren o artigo 4 do Decreto 165/2015, do 13 de novembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, e o artigo 34 da Lei 1/1983, do 12 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia,

ACORDO:

Único. Facer públicos os anexos da Orde do 23 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións do programa do Bono de Alugueiro Social do Plan rehaVIta: Plan galego de rehabilitación, aluguer e mellora do acceso á vivenda 2015-2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2016, con financiamento plurianual.

Disposición derradeira. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 7 de xaneiro de 2016

Ethel María Vázquez Mourelle
Conselleira de Infraestruturas e Vivenda

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file